Saltar ao contido

Alcarràs (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alcarràs
Ficha técnica
Título orixinalAlcarràs
DirectorCarla Simón
ProdutorMaría Zamora
Stefan Schmitz
Tono Folguera
Sergi Moreno
Guión
  • Carla Simón
  • Arnau Vilaró
Intérpretes
  • Jordi Pujol Dolcet
  • Anna Otin
  • Xènia Roset
  • Albert Bosch
  • Ainet Jounou
MúsicaAndrea Koch
FotografíaDaniela Cajías
MontaxeAna Pfaff
Estudio
  • Avalon PC
  • Elastica Films
  • Vilaüt Films
  • Kino Produzioni
  • TV3
DistribuidoraAvalon DA/Elastica
EstreaFestival de Berlín: 15 de maio de 2022
Duración120 minutos
OrixeEspaña España
Italia Italia
Na rede
IMDB: tt11930126 Filmaffinity: 457848 Allocine: 272638 Rottentomatoes: m/alcarras Editar o valor en Wikidata

Alcarràs é un filme hispano-italiano de 2022 dirixido por Carla Simón. Está ambientado e foi rodado en lingua catalá en Alcarràs, Cataluña, cun elenco de actores non profesionais. A trama trata dun drama familiar sobre a desaparición das actividades tradicionais de recolección do pexego. Gañou o Oso de Ouro na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, converténdose no primeiro filme en catalán en facelo.[1] Foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado.

Ambientado en Alcarràs, Cataluña, a trama consiste nun drama rural familiar sobre a desaparición das actividades agrarias, que xira en torno á intención de instalar paneis solares nunha parcela agrícola ocupada ata agora por unha horta de pexegos.[3][4][5]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Jordi Pujol Dolcet como Quimet[6]
  • Anna Otin como Dolors[6]
  • Xènia Roset como Mariona[6]
  • Albert Bosch como Roger[6]
  • Ainet Jounou como Iris[6]
  • Josep Abad como Rogelio[6]
  • Montse Oró como Nati[6]
  • Carles Cabós como Cisco[6]
  • Berta Pipó como Glòria[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vilaró, Arnau (2022). Alcarràs. Una història sobre la terra, la pagesia i la família. Barcelona: La Magrana. p. 208. ISBN 9788419013927.