Saltar ao contido

Alexandre Guimarães

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexandre Guimarães

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Alexandre Henrique Borges Guimarães Editar o valor en Wikidata
7 de novembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Maceió, Brasil Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol, futbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaCosta Rica Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–1979 AD Durpanel-San Blas
1980–1981 Asociación Deportiva Municipal Puntarenas 53(19)
1981–1991 Deportivo Saprissa 323(76)
1992–1992 A.D. Turrialba 21(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1985–1990   Selección de fútbol de Costa Rica 16(2)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1996 Belén F.C. (pt) Traducir
1996–1997 Club Sport Herediano (pt) Traducir
1997–1999 Deportivo Saprissa
1999–1999 Club Social y Deportivo Comunicaciones (pt) Traducir
1999–2000 Deportivo Saprissa
2001–2002   Selección de fútbol de Costa Rica
2003–2003 Club Sport Cartaginés (pt) Traducir
2003–2004 Club Irapuato (pt) Traducir
2004–2004   Dorados de Sinaloa
2005–2006   Selección de fútbol de Costa Rica
2006–2008   Panamá
2009–2010   Al Wasl FC
2010–2011 Al Dhafra (pt) Traducir
2011–2012 Deportivo Saprissa
2012–2013 Tianjin Jinmen Tiger Football Club (pt) Traducir
2016–2018 Mumbai City Football Club (pt) Traducir
2019–2020 América de Cali
2020–2021 Atlético Nacional
2022–2023 América de Cali
2024– Liga Deportiva Alajuelense (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1990Mundial de Fútbol Italia 1990 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCelso Borges Editar o valor en Wikidata

FIFA: 174581 Editar o valor en Wikidata

Alexandre Borges Guimarães, nado en Maceió, Alagoas, Brasil o 7 de novembro de 1959, é un adestrador e ex xogador de fútbol brasileiro nacionalizado costarriqueño. Dende 2024 adestra o Alajuelense, da Primeira División de Costa Rica.

Sendo neno trasladouse coa súa familia a Costa Rica, onde desenvolveu toda a súa carreira futbolística, xogando 377 partidos na Primeira División e marcando 95 goles. Destacou principalmente no Deportivo Saprissa, co que gañou tres campionatos de liga en 1982, 1988 e 1989. Foi internacional coa selección de Costa Rica en 16 ocasións.

Tras retirarse da práctica do fútbol emprendeu unha carreira de adestrador que o levou ao banco de máis dunha ducia de equipos, de Costa Rica e doutros países como Guatemala, México, Panamá, Emiratos Árabes Unidos, China, a India ou Colombia. Adestrou tamén á selección de Costa Rica en dúas ocasións e á de Panamá. Formou parte da selección costarriqueña nas tres primeiras participacións desta na Copa do Mundo, a primeira como futbolista e as dúas seguintes como adestrador.

É pai de Celso Borges, futbolista do Alajuelense e tamén internacional coa selección de Costa Rica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe e infancia

[editar | editar a fonte]

Naceu no Brasil, onde comezou a xogar ao fútbol nas rúas. Viviu alí ata os 11 anos, cando se trasladou a Costa Rica xunto a seus pais Luis de Souza Borges e María Alice Guimarães e tres irmáns máis vellos, debido a que o pai, que era médico, fora destinado no país centroamericano pola Organización Panamericana da Saúde.[1]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

En Costa Rica estudou Educación Física e practicou o baloncesto, chegando a xogar en Primeira División co Asturias de Puntarena.[2][1] Ao mesmo tempo xogaba ao fútbol no AD Durpanel San Blas, de Segunda División, ata que foi fichado polo Municipal Puntarenas, momento no que tivo que elixir entre baloncesto ou fútbol, decantándose por este último.[2]

Debutou na Primeira División costarriqueña co Municipal Puntarenas en 1980, equipo no que permaneceu ata finais de 1981. Logo pasou ao Deportivo Saprissa, equipo co que xogou no seu primeiro ano a final da liga costarriqueña, marcando o gol da vitoria na final contra o seu ex equipo, o Puntarenas. En Saprissa consolidou a súa carreira, xogando alí entre 1982 e 1992, marcando 92 goles e gañando dous títulos de liga máis en 1988 e 1989. Foi o máximo goleador do equipo nas tempadas 1984 e 1986. Un dos seus momentos máis destacados en Saprissa foi en marzo de 1991 cando marcou un gol de chilena contra Limonense (3-1).

Ao adquirir a nacionalidade costarriqueña en 1984, foi convocado para a selección nacional de Costa Rica, coa que xogou 16 partidos e marcou 2 goles. Gañou a Copa de Nacións da Concacaf en 1989 e disputou o primeiro Mundial da selección costarriqueña, o Mundial de 1990, onde lle deu o pase a Hernán Medford no gol da vitoria contra Suecia, que lle valeu o pase á segunda fase. Foi o primeiro futbolista nacido no Brasil en enfrontarse á selección brasileira nun Mundial.[3]

Retirouse do fútbol en 1993 despois dunha última tempada no Municipal Turrialba.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Despois da súa retirada comezou unha carreira de adestrador no AD Belén, equipo co que gañou o Torneo de Copa de Costa Rica en 1996.

Tras pasar polo Club Sport Herediano chegou ao Deportivo Saprissa, o club no que xogara unha década. Co equipo da capital gañou na tempada 1997/98 o campionato de liga e o Torneo Grandes de Centroamérica. Tras un breve paso polo Comunicaciones guatemalteco volveu ao Saprissa, co que se proclamou de novo campión de liga na 1998/99 e subcampión na seguinte.

A continuación foi chamado pola federación costarriqueña para facerse cargo da selección. O seu primeiro partido dirixindo a selección nacional foi unha vitoria por 5-2 sobre o combinado guatemalteco no Orange Bowl de Miami en xaneiro de 2001. Con grande éxito levou a Costa Rica a clasificarse para o Mundial de Fútbol de 2002 como primeiro da Concacaf, acadando 23 puntos (un récord na zona) e derrotando á selección mexicana no estadio Azteca. Foi a segunda Copa do Mundo disputada por Costa Rica, 12 anos despois da primeira, na que Guimarães participara como xogador.

Con Guimarães como adestrador, Costa Rica alcanzou os cuartos de final da Copa América do 2001 en Colombia e alcanzou a súa única final na Copa Ouro no 2001, perdendo ante os Estados Unidos por 0-2.

No Mundial do Xapón-Corea do 2002, Costa Rica venceu a China, empatou con Turquía (que acabaría no terceiro posto do Mundial) e perdeu nun gran partido contra Brasil (campión do Mundial),[4] quedando o equipo eliminado na primeira rolda e sendo Guimarães destituído do seu cargo.

Adestrou logo o Cartaginés costarriqueño e en México o Irapuato e o acabado de ascender Dorados de Sinaloa, antes de coller de novo as rendas da selección costarriqueña en 2005, tras a marcha de Jorge Luis Pinto.

Naquel momento, o equipo costarriqueño tiña bastante difícil a clasificación, pero os bos resultados, sobre todo na casa, endereitaron o seu rumbo e logrou o pase por segunda vez consecutiva ao Mundial, un feito histórico para o fútbol do país centroamericano. En consecuencia, dirixiu a Costa Rica no Mundial de Alemaña do 2006, con resultados negativos nos seus tres partidos, 4-2 contra Alemaña, 3-0 contra Ecuador e 2-1 contra Polonia. Foi substituído por Hernán Medford.

A finais do 2006 foi elixido como seleccionador do equipo nacional de Panamá, co que debutou con éxito na Copa UNCAF de 2007 no Salvador, rematando no 2º posto, só por detrás de Costa Rica. Foi logo despedido debido ao fracaso do equipo panameño no camiño cara a Suráfrica 2010, perdendo a serie ante O Salvador con goles de último minuto despois de ir liderando a serie con comodidade.

En 2009 comezou unha etapa nos Emiratos Árabes Unidos, dirixindo primeiro o Al-Wasl FC en Dubai, co que gañou a Copa de Clubs Campións do Golfo, e logo o Al-Dhafra de Madinat Zayed. Na tempada 2011-2012 volveu a Costa Rica para dirixir por terceira vez o Deportivo Saprissa. Na tempada seguinte volveu a Asia, esta vez á China, onde adestrou o Tianjin Teda da Superliga, logrando a permanencia a pesar de ter comezado a tempada con -6 puntos debido a unha sanción.[5][6]

O 19 de abril de 2016 foi nomeado novo adestrador do Mumbai City FC da Superliga da India en substitución de Nicolas Anelka.[7] Rematou como primeiro clasificado na tempada regular, pero quedou eliminado nas semifinais do playoff. Dirixiu o equipo indio durante unha segunda tempada, pero conseguindo peores resultados e o 7º posto final.

O 13 de xuño de 2019 foi nomeado novo adestrador do América de Cali en Colombia. O seu traballo co equipo escarlata deu os seus froitos rapidamente cando gañou o título no Torneo Finalización dese ano, un campionato que o América non gañara en 11 anos. Foi ademais o primeiro adestrador estranxeiro en acadar unha copa co equipo escarlata.

En decembro de 2020 foi presentado como novo técnico do Atlético Nacional de Medellín.[8] Con todo, durou só seis meses no cargo, sendo destituído en xuño de 2021. O seu balance no equipo colombiano foi de 30 partidos dirixidos, con 14 vitorias, 7 empates e 9 derrotas.[9] En abril de 2022 regresou ao América de Cali, equipo que atravesaba unha mala xeira de resultados, ocupando a 13ª praza do campionato.[10] Con Guimarães no banco, o equipo mudou a súa tendencia e meteuse nos cuadrangulares semifinais do Torneo Finalización, aínda que non puido conseguir o título. Deixou o club en xuño de 2023, ao remate do seu contrato.[11]

En marzo de 2024 regresou a Costa Rica para adestrar o Alajuelense, converténdose así no cuarto adestrador na historia en dirixir aos chamados catro "grandes" do fútbol costarriqueño (Alajualense, Deportivo Saprissa, Herediano e Cartaginés), fito que só fixeran antes Alfredo Piedra, Rolando Villalobos e Odir Jacques.[12] No club de Alajuela tivo ademais a oportunidade de adestrar por primeira vez ao seu fillo Celso Borges, capitán do equipo.

Pechou o torneo Clausura 2024 na terceira posición, meténdose así na fase final. Eliminou ao San Carlos nas semifinais e meteuse na final, onde se enfrontou ao Deportivo Saprissa. Conseguiu a vitoria pola mínima no encontro de ida no Morera Soto, pero caeu goleado por 3-0 na volta no Ricardo Saprissa de San Xosé, sendo así o título para o conxunto adestrado por Vladimir Quesada.[13] Iniciou a campaña 2024/25 conquistando a segunda edición da Recopa de Costa Rica, vencendo na final ao Deportivo Saprissa.[14]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É fillo dos brasileiros Luis de Souza Borges e María Alice Guimarães e ten dous irmáns e unha irmá. Casou con Lina Mora, coa que ten dous fillos, o cineasta Mauro Borges e o futbolista internacional Celso Borges.[15]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]
Deportivo Saprissa
Selección de Costa Rica

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
AD Belén
Deportivo Saprissa
Al-Wasl FC
América de Cali
América de Cali
Alajuelense
  1. 1,0 1,1 Minsky, Larissa; García, Roberto. "Guima, un terco soñador". Nación.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 TD Mas (14 de agosto de 2017). Videoteca. Alexander Guimaraes (Youtube) (en castelán). 
  3. "Alexandre Borges Guimarães se reencontró con su natal Brasil en Italia 90" (en castelán). 17 de xuño de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  4. "Brasil elimina a Costa Rica". BBC (en castelán). 13 de xuño de 2002. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  5. "El equipo Tianjin Teda de Guimaraes se salvó del descenso en el futbol chino" (en castelán). 30 de outubro de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  6. "Voz Latina: Alexandre Guimarães, director técnico de Tianjin Teda" (en castelán). 13 de decembro de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  7. "Former Costa Rica coach Alexandre Guimaraes to take charge of Mumbai City FC" (en inglés). 19 de abril de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  8. "Guimarães fue presentado oficialmente como técnico de Nacional" (en castelán). 4 de decembro de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2021. 
  9. "Oficial: Alexandre Guimaraes deja de ser director técnico verdolaga". Marca (en castelán). 5 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2021. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  10. "Guimarães, presentado en América: “Necesitamos empuje de la hinchada”". As (en castelán). 13 de abril de 2022. Consultado o 20 de abril de 2022. 
  11. "Alexandre Guimaraes se va del América: no le renovaron el contrato" (en castelán). 23 de xuño de 2023. Consultado o 22 de setembro de 2024. 
  12. "Alexandre Guimarães entra a un selecto grupo de entrenadores en Costa Rica" (en castelán). 13 de marzo de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2024. 
  13. "3-0. Saprissa golea al Alajuelense, obtiene su título 40 y el cuarto seguido en Costa Rica" (en castelán). 27 de maio de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2024. 
  14. "¡La Liga es campeón! Alajuelense venció a Saprissa y se quedó con la Recopa de Costa Rica" (en castelán). 18 de xullo de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2024. 
  15. "Alexandre Guimaraes fue nombrado entrenador del año en Colombia" (en castelán). 18 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]