Alfonso Alonso
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1967 (57 anos) Vitoria, España |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
21 de outubro de 2016 – 14 de xullo de 2020 Lexislatura: XI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
19 de outubro de 2016 – Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de xullo de 2016 – 17 de outubro de 2016 – Javier Maroto → Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Araba Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Araba Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Minister of Health, Social Services and Equality (en) | |
3 de decembro de 2014 – 16 de agosto de 2016 ← Ana Mato Adrover – Dolors Montserrat → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
30 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Araba Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
27 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Araba Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
28 de marzo de 2000 – 4 de xaneiro de 2002 – María Teresa Sagarna Alberdi → Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Araba Electo en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Alcalde de Vitoria | |
4 de xullo de 1999 – 14 de xuño de 2007 ← José Ángel Cuerda – Patxi Lazcoz → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do País Vasco - dereito, Filoloxía románica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, filólogo |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Premios | |
| |
Alfonso Alonso Aranegui, nado en Vitoria o 14 de abril de 1967, é un político español do Partido Popular. Foi alcalde de Vitoria entre 1999 e 2007, e deputado pola circunscrición de Áraba entre 2000 e 2001 e dende 2008. Entre 2008 e 2011 (IX Lexislatura) foi voceiro adxunto do PP no Congreso dos Deputados, e dende 2011 é o seu voceiro titular para a X Lexislatura do actual período democrático. En decembro de 2014 foi nomeado ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia e formación
[editar | editar a fonte]Natural de Vitoria, procede dunha influente familia desta cidade. O seu avó materno, Manuel Aranegui y Coll, foi presidente da Deputación de Áraba entre 1957 e 1966, durante a Ditadura franquista. A súa familia paterna provén en parte de Donostia, Alfonso Alonso é, sobriño-neto, entre outros, dos tenistas José María Alonso Areyzaga e Manuel Alonso de Areyzaga, así como de Asis Alonso Areyzaga, que foi tamén tenente-alcalde de Donostia. O seu pai, Ramón Alonso Verástegui, é pintor e reside en Tenerife dende 1975. Está casado e ten catro fillos.
Alfonso Alonso é licenciado en filoloxía románica e en dereito, e exerceu profesionalmente como avogado. En 1996 entrou no concello da súa cidade natal como concelleiro.
Alcalde de Vitoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 1999 a súa candidatura foi a máis votada, de modo que accedeu á alcaldía. En 2000 encabezou a lista do seu partido por Áraba, pero en 2001 renunciou para centrarse no seu labor como alcalde. En 2003 volveu gañar as eleccións municipais. En 2007 a lista máis votada no concello de Vitoria foi a de Patxi Lazcoz do PSE-EE, que foi investido alcalde ao non presentar ningún partido (incluíndo o PP) candidato alternativo.
Deputado no Congreso e Ministro
[editar | editar a fonte]Encabezou de novo a lista do PP por Áraba nas eleccións xerais de 2008, formando parte da dirección do grupo parlamentario popular no Congreso dos Deputados. Repetiu nas eleccións xenerais de 2011 e obtivo a vitoria na circunscrición de Áraba.
O 12 de decembro de 2011 foi proposto por Mariano Rajoy como voceiro do grupo popular no Congreso dos Deputados para a X Lexislatura,[2] cargo que desempeñou dende o 13 de decembro dese mesmo ano. Tras a dimisión de Ana Mato como ministra de Sanidade polo caso Gürtel, o 3 de decembro de 2014 foi nomeado polo presidente Rajoy para substituíla nese posto.[3]
Cargos desempeñados
[editar | editar a fonte]- Concelleiro no Concello de Vitoria (1996-2008)
- Alcalde de Vitoria (1999-2007)
- Deputado por Áraba no Congreso dos Deputados (2000-2001)
- Voceiro do PP no Concello de Vitoria (2007-2008)
- Presidente do Partido Popular de Áraba (dende 2008)
- Deputado por Áraba no Congreso dos Deputados (dende 2008)
- Voceiro do PP no Congreso dos Deputados (dende 2011)
- Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (dende 2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alfonso Alonso, novo ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade". El Mundo. 2 de decembro de 2014.
- ↑ "Alfonso Alonso será voceiro do PP no Congreso". El Correo. 12 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 20 de decembro de 2011.
- ↑ «Alfonso Alonso, novo ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade», RTVE, 2 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Predecesor: José Ángel Cuerda |
Alcalde de Vitoria 1999-2007 |
Sucesor: Patxi Lazcoz |
Predecesor: Ramón Rabanera |
Presidente do PP de Áraba 2008-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Soraya Sáenz de Santamaría |
Voceiro do Grupo Popular no Congreso dos Deputados de España 2011-2014 |
Sucesor: Rafael Hernando |
Predecesor: Ana Mato |
Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España 2014-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfonso Alonso |
- Alcaldes de Vitoria
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Personalidades da política do País Vasco
- Nados en Vitoria
- Nados en 1967
- Ministros de Sanidade de España
- Políticos do PP
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)