Avenged Sevenfold (álbum)
Avenged Sevenfold | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Avenged Sevenfold | ||||
Publicado | 30 de outubro de 2007 | |||
Gravación | 2007 | |||
Estudio(s) | Sunset Sound Recorders en Los Angeles, Eldorado Recording Studios en Burbank e Capitol Studios en Hollywood (Estados Unidos) | |||
Duración | 53:02 | |||
Xénero(s) | hard rock, metal | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | Avenged Sevenfold | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Avenged Sevenfold é o cuarto álbum de estudio da banda norteamericana Avenged Sevenfold, publicado o 30 de outubro de 2007. Nun principio a súa publicación estaba programada para o 16 de outubro de 2007, mais atrasouse por preparar os contidos extras.
Antes da publicación
[editar | editar a fonte]A listaxe de cancións do álbum foi publicada na súa canle de Youtube[1] o 9 de agosto de 2007. Unhas semanas antes da data de lanzamento, publican en Youtube os chamados “Webisodes”, un novo cada semana comenzando o primeiro o 24 de agosto. Estes son uns vídeos protagonizados por “Wolfie the Fox” nos que fala da banda e do proceso de realización das cancións do álbum. A primeira canción que dan a coñecer con estes vídeos é “Critical Acclaim”, a cal o 28 de agosto xa se podía descargar na tenda de iTunes. O 9 de setembro de 2007 anúnciase a produción dun vídeo para a canción “Almost Easy” dirixido por P.R. Brown. O 12 de setembro anúnciase a canción "Almost Easy" como primeiro single, e seis días despois pode ser descargado dixitalmente. Xa chegado outubro, a banda concede entrevistas e publican vídeos de actuacións en vivo de “Almost Easy” e “Scream”. Ademais “Afterlife” é escoitada por primeira vez na radio e anúnciase un vídeo animado para a canción “A Little Piece of Heaven”. O 29 de outubro comezan unha xira polos Estados Unidos para promocionar o álbum, e o 30 de outubro o álbum xa está á venda.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as cancións foron escritas por Avenged Sevenfold.
- "Critical Acclaim" – 5:15
- "Almost Easy" – 3:53
- "Scream" – 4:48
- "Afterlife" – 5:52
- "Gunslinger" - 4:11 (con Shanna Crooks)
- "Unbound (The Wild Ride)" – 5:12
- "Brompton Cocktail" – 4:13
- "Lost" – 5:02
- "A Little Piece of Heaven" (con Juliette Commagere) – 8:02
- "Dear God" (con Shanna Crooks) – 6:34
Títulos orixinais
[editar | editar a fonte]"Disneyland Acid Trip" foi o título orixinal de "Unbound (The Wild Ride)"
"Fast Melodic" foi o título para "Lost"
"Big Bear" foi o título para "A Little Piece of Heaven"
"Country Rocker" foi o título para "Dear God"
Singles
[editar | editar a fonte]Tras "Almost Easy" en setembro de 2007, o 19 de novembro anúnciase “Afterlife” como seguinte single, mais non é publicado oficialmente ata o 29 de xaneiro de 2008. O 17 de xaneiro de 2008 está dispoñible un vídeo animado dirixido por Rafa Alcantara para a canción “A Little Piece of Heaven” só para os propietarios do MVI, este non está dispoñible para todo o mundo ata o 12 de febreiro. O 19 de marzo os propietarios de MVI teñen acceso ó vídeo “Making of Afterlife” no que se ve como foi realizado o vídeo para a canción Afterlife. O 15 de xuño publícase Dear God como novo single, e conta cun vídeo dirixido por Rafa Alcantara. E o 14 de xullo de 2008 publican “Scream” como último single do álbum.
MVI
[editar | editar a fonte]Este permite aos propietarios rexistrarse e obter acceso a contido descargable exclusivo, a parte do que trae incluído o álbum ó compralo. Contidos:
- The Making of Avenged Sevenfold (documental)
- The Making of the Avenged Sevenfold Cartoon (a curtametraxe e como se fixo)
- Studio tour
- “Producer for a Day”(Produtor por un Día) gañadores do concurso (vídeo)
- Todas as pistas en MP3
- Ur–Tone® aplicación para computador – xera tons de chamada de Avenged Sevenfold
- Instant Messenger Icons
- "A Little Piece of Heaven" (vídeo musical animado)
- "Crossroads" (canción)
- Making of "Afterlife" vídeo
- Futuras actualizacións con novos contidos (a través do rexistro)
Créditos
[editar | editar a fonte]Avenged Sevenfold
[editar | editar a fonte]- M. Shadows – Voz
- Synyster Gates – Guitarra líder, coros
- Zacky Vengeance – Guitarra rítmica, coros
- Johnny Christ – Baixo
- The Rev – Batería, coros
Produción
[editar | editar a fonte]- Producido por Avenged Sevenfold
- Enxeñeiros de son: Fred Archambault e Dave Schiffman
- Mesturado por Andy Wallace
- Masterizado por Brian Gardner
- Técnico de batería: Mike "The Sac" Fasano
- Técnico de guitarra: Walter Rice
- Arranxos de cordas en "Afterlife" e "Unbound (The Wild Ride)" por Avenged Sevenfold e Marc Mann
- Arranxos de cordas en "Brompton Cocktail" por Avenged Sevenfold e Bruce Fowler.
Músicos adicionais
[editar | editar a fonte]- Programación por Jay E en "Critical Acclaim" e "Scream"
- Piano e órgano por Jamie Muhoberan en "Critical Acclaim", "Unbound (The Wild Ride)", 'Lost", e "A Little Piece of Heaven"
- Piano por Greg Kusten en "Almost Easy"
- Violoncelo por Cameron Stone en "Afterlife", "Brompton Cocktail", e "A Little Piece of Heaven"
- Violín por Caroline Campbell e Neel Hammond en "Afterlife," "Brompton Cocktail", e "A Little Piece of Heaven"
- Viola por Andrew Duckles en "Afterlife", "Brompton Cocktail", e "A Little Piece of Heaven"
- Voces secundarias Zander Ayeroff e Annmarie Rizzo en "Unbound (The Wild Ride)"
- Percusión por Lenny Castro en "Brompton Cocktail"
- Coro: Beth Andersen, Monique Donnelly, Rob Giles, Debbie Hall, Scottie Haskell, Luana Jackman, Bob Joyce, Rock Logan, Susie Stevens Logan, Arnold McCuller, Gabriel Mann, e Ed Zajack en "Unbound (The Wild Ride)" e "A Little Piece of Heaven"
- Clarinete por Bill Liston e Rusty Higgins en "A Little Piece of Heaven"
- Saxofón tenor por Dave Boruff e Rusty Higgins en "A Little Piece of Heaven"
- Saxofón barítono por Joel Peskin en "A Little Piece of Heaven"
- Trompeta por Wayne Bergeron e Dan Foreno en "A Little Piece of Heaven"
- Trombón por Bruce Fowler e Alex Iies en "A Little Piece of Heaven"
- Voz adicional de Juliette Commagere en "A Little Piece of Heaven"
- Banjo por Greg Leisz en "Gunslinger" e "Dear God"
- Voz adicional de Shanna Crooks en "Gunslinger" e "Dear God"
- Berro en "Scream" por Valary Sanders
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Canle Youtube Avenged Sevenfold