Baixa Normandía
Basse-Normandie (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Capital | Caen | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.478.712 (2013) (84,07 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 17.589 km² | ||||
Punto máis alto | Q3483587 (413 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 4 de xuño de 1960 | ||||
Disolución | 31 de decembro de 2015 | ||||
Sucedido por | Normandía | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Regional Council of Basse-Normandie (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-P | ||||
Código NUTS | FR25 | ||||
INSEE region code (en) | 25 | ||||
Páxina web | cr-basse-normandie.fr |
Baixa Normandía,[1] en francés: Basse-Normandie, en normando: Basse-Normaundie, é unha antiga rexión de Francia.
É a parte occidental da antiga provincia histórica de Normandía e parte da rexión da Perche. A noción de Baixa Normandía xa era unha realidade no século XIV.[2]
Creación
[editar | editar a fonte]Foi creada en 1956, comprendendo os tres departamentos de Calvados, Orne e Mancha.
Forma parte da antiga provincia de Normandía, que estaba dividida en Alta Normandía e Baixa Normandía.
A súa capital era a cidade de Caen.
Poboación
[editar | editar a fonte]A súa poboación estimada no ano 2014 era de 1 443 000 habitantes.
Economía
[editar | editar a fonte]As principais actividades económicas da rexión son a agricultura, o gando, o sector letiero, a fruticultura e a industria téxtil.
O mineral de ferro extráse cerca de Caen.
O turismo tamén e importante, e conta cun ferri que vai a Inglaterra (desde o porto de Cherburgo-Octeville).
Historia
[editar | editar a fonte]A tradicional provincia de Normandía, cuxa historia remóntas ao século X, dividiuse en 1956 en dúas rexións: Baixa Normandía e Alta Normandía.
Durante a época romana, a rexión dividíase en varias cidades-estado diferentes. A de Vieux foi escavada no século XVII, revelando numerosas estruturas e vestixios que testemuñan a prosperidade da rexión de Caen.
A rexión foi conquistada polos francos no século V.
No século IX, as conquistas normandas devastaron a rexión. Gran parte do territorio da Baixa Normandía engadiuse ao ducado de Normandía no século X.
En 1066, o duque Guillerme II de Normandía conquistou Inglaterra. Foi enterrado en Caen. Despois da súa morte, Normandía foi herdada polo fillo máis vello, e Inglaterra polo seu segundo fillo, separándose as dúas posesións.
- Artigo principal: Ducado de Normandía.
A vitoria de Tinchebray en 1106 deu de novo a Normandía aos reis de Inglaterra. Case cen anos despois, en 1204, o rei Filipe II de Francia conquistou a rexión, ademais das Illas da Canle. Despois, durante a Guerra dos Cen Anos, foi recuperada polos Plantagenet. Porén, os franceses recuperaron a parte continental da rexión entre 1436 e 1450. En 1453 a monarquía francesa controlaba gran parte da actual Francia, agás Calais, que permanecía en mans inglesas.
Durante a segunda guerra mundial as praias de Calvados foron o lugar do Día D. Os desembarcos en xuño de 1944 e a posterior batalla de Normandía, destruíron moitos pobos e cidades da rexión.
Disolución
[editar | editar a fonte]No marco da Lei relativa á delimitación das regións, ás eleccións rexionais e departamentais e modificando a reforma territorial de 2014, a Baixa Normandía fusionouse coa Alta Normandía o 1 de xaneiro de 2016 para formar a nova rexión de Normandía.[3][4][5]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Abadía dos Homes de Caen
-
Deauville
-
Monumento a Guillerme o Conquistador, en Falaise, Calvados
-
Vila romana de Vieux
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Boüard 2001, pp. 268-269.
- ↑ Lei n° 2015-29 do 16 de xaneiro de 2015
- ↑ Ministère de l'Intérieur
- ↑ Consello Constitucional
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baixa Normandía |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boüard, Michel de (2001): Histoire de la Normandie. Tolosa: Privat. ISBN 2-7089-1707-2