Saltar ao contido

Beatriz de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBeatriz de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementofebreiro de 1373 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Coímbra (Reino de Portugal) Editar o valor en Wikidata
Morte1409 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Toro (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturamosteiro de Sancti Spiritus
Q6125111 Traducir Editar o valor en Wikidata
Raiña de Castilla
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela (1383–1390)
Rei de León
Señor de Cuéllar Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXoán I de Castela (1383 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
PaisFernando I de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Leonor Teles de Meneses Editar o valor en Wikidata
IrmánsÁlvaro da Cunha, senhor de Pombeiro
Isabel de Portugal, senhora de Viseu Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Of_Portugal-38


Beatriz de Portugal, tamén chamada Dona Brites de Portugal, nada en Coímbra en 1372 e finada en Madrigal en 1410, foi unha raíña portuguesa, filla do rei Fernando I de Portugal e da súa muller, a raíña Leonor Teles de Meneses.

Foi a última soberana da Casa de Borgoña, reinou a través de rexencia interposta, tal como sucedeu máis tarde a Pedro IV, sendo brevemente destronado pola revolución de 1383-85 tal e como este o foi polo seu irmán Miguel. Foi Beatriz I de Portugal de facto, vía rexencia e despois de iure só, entre 1383 a 1385.

Como era a única herdeira lexítima do trono deixado pola morte de Fernando I, Beatriz, casada con Xoán I de Castela, aclamouse raíña do Reino, exercendo a rexencia no seu nome, durante case dous anos, a raíña-viúva, a súa nai D. Leonor Teles de Meneses; o seu marido Xoán de Castela acrecentou mesmo o señorío dos Reinos de Portugal e Algarve aos seus títulos, e mandou cuñar moedas coas armas de León e Castela partidas coas de Portugal. Con todo, desde o inicio do reinado, varias vilas e cidades do reino comezaron a se sublevar, temendo a perda da independencia, vindo paulatinamente a engrosar o partido que se foi constituíndo á roda do Mestre de Avis. Coa subida ao trono do Mestre de Avis, despois das Cortes de Coímbra de 1385, a historiografía oficial pasou a negar a realeza de Beatriz e ata, nalgúns casos extremos, a negar ser filla biolóxica de Fernando, por forma a refutar o feito de ter sido raíña de Portugal.

Tivo un fillo con Xoán de Castela, Miguel, herdeiro apenas da Coroa de Portugal, xa que o rei tiña outros dous fillos máis vellos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]