Saltar ao contido

Bion 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bion 1 / Kosmos 605
TipoBiolóxico
Data de lanzamento31 de outubro de 1973, 18:24 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión21,5 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso22 de novembro de 1974[1][5]
NSSDC ID1973-083A
Masa5500 kg[2][4][5]

Bion 1, tamén coñecido como Kosmos 605, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 31 de outubro de 1973 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Bion 1 foi o primeiro satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 221 km de perixeo, 424 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.[3][5]

A carga de Bion 1 consistiu en varias docenas de ratas, seis caixas con tartarugas, fungos, catro cascudas e esporas bacterianas, cos que se obtiveron datos sobre o comportamento e as reaccións de mamíferos, réptiles, insectos, fungos e bacterias á ausencia prolongada de gravidade.[2]

A cápsula regresou o 22 de novembro de 1973, recuperándose a unha latitude de 53° 29' N e unha lonxitude de 65°27' E.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 605" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2017. Consultado o 1 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 1 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 25 January 1974 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (74-02565). 28 de xaneiro de 1974: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 1 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]