Buffy the Vampire Slayer
Buffy the Vampire Slayer | |
---|---|
Logo de Buffy the Vampire Slayer. | |
Formato | Fantasía, terror, sobrenatural, acción |
Creado por | Joss Whedon |
Intérpretes | Sarah Michelle Gellar Nicholas Brendon Alyson Hannigan Anthony Stewart Head Charisma Carpenter David Boreanaz Seth Green James Marsters Marc Blucas Emma Caulfield Michelle Trachtenberg Amber Benson |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 144 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Joss Whedon David Greenwalt Marti Noxon |
Duración | 43 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | The WB (1997–2001) UPN (2001–2003) |
Formato de imaxe | NTSC 480i 4:3 PAL 576i 16:9 (tempadas 4–7) |
Primeiro episodio | 10 de marzo de 1997 |
Derradeiro episodio | 20 de maio de 2003 |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Buffy the Vampire Slayer é unha serie de televisión estadounidense que se emitiu orixinalmente entre o 10 de marzo de 1997 e o 20 de maio de 2003.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A serie creouna Joss Whedon coa súa propia produtora, Mutant Enemy Productions, a idea desenvolveuse primeiro nunha longametraxe en 1992 de título homónimo. A serie segue a Buffy Summers (interpretada por Sarah Michelle Gellar), a última nunha liña de mozas coñecidas como as "Vampire Slayers" ou simplemente "Slayers", que en galego viría a ser exterminadora ou cazadora de vampiros, que son "chamadas" (elixidas polo fate) para loitar contra vampiros, demos, e outras forzas do mal. Como as anteriores Slayers, Buffy conta coa axuda dun Watcher, un observador encargado de guiala e adestrala, pero a diferenza das súas predecesoras, Buffy rodéase dun círculo de amigos leais que a axudan a combater o mal, os "Scooby Gang".
Repercusión
[editar | editar a fonte]A serie normalmente tiña entre catro e seis millóns de telespectadores na súa emisión orixinal[1]. Aínda que os índices de audiencia foron máis baixos que as series de éxito dos denominadas catro grandes cadeas (ABC, CBS, NBC e Fox),[2], constituíron un éxito para a relativamente nova e pequena cadea que o emitía WB Television Network.[3]. As críticas foron positivas,[4] e foi incluída en moitas listas, como o nº 41 na lista dos 50 mellores programas de televisión de todos os tempos da TV Guide , nº 2 da revista Empire ou entre os 100 programas de televisión de sempre en Time[5]. Gañou tres Emmy, a serie converteuse nun fenómeno social, con fans en todo o mundo e dela fíxose unha serie derivada, Angel, así como videoxogos, novelas ou banda deseñada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Índices Nielsen para Buffy the Vampire Slayer
- ↑ "The Dual Network Rule. Arquivado 03 de decembro de 2010 en Wayback Machine.", Federal Communications Commission (15 de maio de 2001): "the four major broadcast networks are unique among the media in their ability to reach a wide audience"
- ↑ Kaiser Family Foundation, Generation M: Media in the Lives of 8–18 Year Olds Arquivado 04 de agosto de 2012 en Wayback Machine.", Kff.org (9 de marzo de 2005)."
- ↑ "First season reviews Arquivado 08 de agosto de 2009 en Wayback Machine.", "Third season reviews Arquivado 01 de outubro de 2007 en Wayback Machine.", "Fourth season reviews Arquivado 13 de decembro de 2007 en Wayback Machine.", "Fifth season reviews", "Sixth season reviews Arquivado 18 de maio de 2008 en Wayback Machine.", "Seventh season reviews Arquivado 01 de outubro de 2007 en Wayback Machine.", Rotten Tomatoes.
- ↑ Poniewozik, James (6 de setembro de 2007). "The 100 Best TV Shows of All-TIME". Time (Time.com). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 4 de marzo de 2010. Arquivado 25 de novembro de 2010 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Buffy the Vampire Slayer na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)