Goberno das Canarias
O Goberno das Canarias[1] é a institución que ostenta o poder executivo no marco competencial da Comunidade Autónoma das Canarias conferido polo Estatuto de Autonomía das Canarias.
O Estatuto de Autonomía das Canarias (aprobado mediante a Lei Orgánica 10/1982, de 10 de agosto, reformada pola Lei Orgánica 4/1996, de 30 de decembro) é a norma institucional que constitúe á Comunidade Autónoma das Canarias, provéndoa do seu marco organizativo e funcional básico. Na cúspide administrativa, e como expoñente do poder executivo autonómico, atopámonos co Goberno das Canarias.
O Goberno das Canarias ten a súa sede principal en Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria.
Presidentes
[editar | editar a fonte]- Presidentes da Xunta das Canarias (etapa preautonómica)
Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|
Alfonso Soriano Benítez de Lugo | 14 de abril de 1978 | 9 de xuño de 1979 | UCD |
Fernando Bergasa Perdomo | 9 de xuño de 1979 | 9 de xuño de 1980 | UCD |
Vicente Álvarez Pedreira | 9 de xuño de 1980 | 12 de xuño de 1981 | UCD |
Fernando Bergasa Perdomo (2ª vez) | 12 de xuño de 1981 | 14 de xuño de 1982 | UCD |
Francisco Javier Ucelay Sabina | 14 de xuño de 1982 | 29 de decembro de 1982 | UCD |
Jerónimo Saavedra Acevedo | 29 de decembro de 1982 | 11 de xuño de 1983 | PSOE |
- Presidentes do Goberno das Canarias (etapa autonómica)
Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|
Jerónimo Saavedra Acevedo | 11 de xuño de 1983 | 30 de xullo de 1987 | PSOE |
Fernando Fernández Martín | 30 de xullo de 1987 | 28 de decembro de 1988 | CDS |
Lorenzo Olarte Cullén | 28 de decembro de 1988 | 11 de xullo de 1991 | CDS |
Jerónimo Saavedra Acevedo | 11 de xullo de 1991 | 2 de abril de 1993 | PSOE |
Manuel Hermoso Rojas | 2 de abril de 1993 | 16 de xullo de 1999 | CC |
Román Rodríguez Rodríguez | 16 de xullo de 1999 | 8 de xullo de 2003 | CC |
Adán Martín Menis | 8 de xullo de 2003 | 13 de xullo de 2007 | CC |
Paulino Rivero Baute | 13 de xullo de 2007 | 7 de xullo de 2015 | CC |
Fernando Clavijo Battle | 7 de xullo de 2015 | 16 de xullo de 2019 | CC |
Ángel Víctor Torres | 16 de xullo de 2019 | 12 de xullo de 2023 | PSOE |
Fernando Clavijo Battle | 12 de xullo de 2023 | Presente | CC |
Consellerías
[editar | editar a fonte]Estes son as actuais consellería do goberno das Illas Canarias:[2]
Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Paulino Rivero |
Conselleiro de Educación, Universidades e Sostibilidade | José Miguel Pérez García |
Conselleiro de Economía, Facenda e Seguridade | Javier González Ortiz |
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Igualdade | Francisco Hernández Spínola |
Conselleiro de Agricultura, Gandería, Pesca e Augas | Juan Ramón Hernández Gómez |
Conselleira de Cultura, Deporte, Políticas Sociais e Vivenda | Inés Nieves Rojas |
Conselleira de Emprego, Industria e Comercio | Margarita Isabel Ramos Quintana |
Conselleiro de Obras Públicas, Transportes e Política Territorial | Domingo Berriel |
Conselleira de Sanidade | Brígida Mendoza Betancor |
Competencias transferidas
[editar | editar a fonte]As transferencias realizáronse desde o Goberno de España ao Goberno da comunidade a través do Estatuto de Autonomía e da Lei Orgánica de Transferencia de Competencias ás Canarias (LOTRACA) coas súas correspondentes reformas.
- Sanidade (1994)
- Servizos Sociais (1982)
- Servizos de emprego (1999)
- Mocidade (1982)
- Traballo (Relacións Laborais), Mediación, Arbitraxe e Conciliación (1984)
- IMSERSO (1985)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canario.
- ↑ "Organización dos departamentos". Gobierno de Canarias. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 19 de maio de 2012.