Gonadotropina
As gonadotropinas son hormonas glicoproteicas (ás veces abreviadas Gn) segregadas polas células gonadotropas da hipófise (pituitaria) dos vertebrados e nos primates e équidos tamén pola placenta.[1][2][3] Trátase dunha familia de proteínas, que inclúe as hormonas de mamíferos hormona estimulante dos folículos (FSH), hormona luteinizante (LH), e as gonadotropinas coriónicas placentarias de humanos e equinos (hCG e eCG)[4] e a gonadotropina coriónica doutros primates (CG), xunto con polo menos dúas formas de gonadotropinas de peixes. Estas hormonas desempeñan un papel central no complexo sistema endócrino que regula o crecemento normal, desenvolvemento sexual, e función reprodutiva.[5] O seu nome procede de que afectan ás gónadas. As hormonas LH e FSH segréganse na adenohipófise (pituitaria anterior), e a hCG e eCG segréganse na placenta.[6]
Non todas as hormonas glicoproteicas son gonadotropinas. A hormona estimulante da tiroide (TSH) é tamén unha hormona glicoproteica con subunidade alfa, pero non afecta ás gónadas senón á glándula tiroide. A eritropoetina (EPO) tamén é glicoproteica pero non relacionada coas anteriores, e controla a formación de células sanguíneas.
Tipos naturais e estrutura das subunidades
[editar | editar a fonte]As dúas gonadotropinas principais de vertebrados son a hormona luteinizante (LH) e a hormona estimulante dos folículos (FSH), aínda que os primates e equinos producen unha terceira gonadotropina chamada gonadotropina coriónica (CG). A LH e a FSH son heterodímeros que constran de dúas cadeas peptídicas, a cadea alfa e a beta. A LH e FSH comparten unhas cadeas alfa case idénticas (duns 100 aminoácidos de longo), entanto que a cadea beta lles dá especificidade para as interaccións co receptor. Estas subunidades están moi modificadas por glicosilación.
A subunidade alfa é unha proteína ben conservada (aínda que con algunhas diferenzas) entre as especies.[4][5] Contén dez residuos de cisteína moi conservados, que están implicados na formación de pontes disulfuro [7] situadas nas posicións que se mostran no esquema:
+---------------------------+ +----------+| +-------------|--+ | || | | | xxxxCxCxxxxxxCxCCxxxxxxxxxxxxxCCxxxxxxxxxxCxCxxCx | | | | +------|-----------------+ | | | +----------------------------+
'C': cisteína conservada implicada na formación de pontes disulfuro.
Os niveis intracelulares das subunidades alfa libres son maiores ca as das glicoproteínas maduras, o que implica que a ensamblaxe da hormona está limitada pola formación da subunidade específica beta, e que a síntese das subunidades alfa e beta está regulada independentemente.[4]
Outra gonadotropina humana é a gonadotropina coriónica humana (hCG), producida pola placenta durante a xestación.
Mecanismo de acción
[editar | editar a fonte]Os receptores das gonadotropinas están integrados na membrana da superficie das células diana e asociados a un sistema de proteínas G. Os sinais desencadeados pola unión da hormona ao receptor son reenviados no interior da célula polo sistema de segundo mensaxeiro do AMP cíclico.
As gonadotropinas son liberadas baixo o control da hormona liberadora da gonadotropina (GnRH) liberada no hipotálamo. As gónadas (testículos e ovarios) son os órganos diana primarios da LH e FSH. As gonadotropinas afectan a múltiples tipos celulares e provocan moitas respostas nos órganos diana, pero simplificando podemos dicir que a LH estimula as células de Leydig dos testículos e as células tecais dos ovarios para que produzan testosterona (e indirectamente estradiol), e a FSH estimula o tecido espermatoxénico dos testículos e as células da granulosa dos folículos ováricos.
Doenzas
[editar | editar a fonte]As deficiencias en gonadotropinas debidas a doenzas na hipófise orixinan hipogonadismo, o cal pode causar infertilidade. O tratamento inclúe a administración de gonadotropinas, que funciona como tratamento para a fertilidade. A hormona administrada pode obterse por extracción e purificación da urina ou producirse por ADN recombinante.
A insuficiencia ou perda das gónadas xeralmente orixina uns niveis elevados en sangue de LH e FSH.
Preparacións farmacolóxicas
[editar | editar a fonte]Hai varias preparacións de gonadotropinas para uso terapéutico, utilizadas principalmente como medicación para a fertilidade. Por exemplo, as menotropinas (tamén chamadas gonadotropinas menopáusicas humanas) conteñen LH e FSH extraídas da urina humana de mulleres menopáusicas.[8] Hai tamén variantes recombinantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ishwar S., Parhar (2002). Elsevier - Amsterdam, ed. Gonadotropin-releasing Hormone: Molecules and Receptors. ISBN 0-444-50979-8.
- ↑ Pierce JG, Parsons TF (1981). "Glycoprotein hormones: structure and function". Annu. Rev. Biochem. 50: 465–495. PMID 6267989. doi:10.1146/annurev.bi.50.070181.002341.
- ↑ Stockell Hartree A, Renwick AG (1992). "Molecular structures of glycoprotein hormones and functions of their carbohydrate components". Biochem. J. 287 (Pt 3): 665–679. PMC 1133060. PMID 1445230.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Goodwin RG, Moncman CL, Rottman FM, Nilson JH (1983). "Characterization and nucleotide sequence of the gene for the common alpha subunit of the bovine pituitary glycoprotein hormones". Nucleic Acids Res. 11 (19): 6873–6882. PMC 326420. PMID 6314263. doi:10.1093/nar/11.19.6873.
- ↑ 5,0 5,1 Godine JE, Chin WW, Habener JF (1982). "alpha Subunit of rat pituitary glycoprotein hormones. Primary structure of the precursor determined from the nucleotide sequence of cloned cDNAs". J. Biol. Chem. 257 (14): 8368–8371. PMID 6177696.
- ↑ Golos TG, Durning M, Fisher JM (1991). "Molecular cloning of the rhesus glycoprotein hormone alpha-subunit gene". DNA Cell Biol. 10 (5): 367–380. PMID 1713773. doi:10.1089/dna.1991.10.367.
- ↑ Isaacs NW, Lapthorn AJ, Harris DC, Littlejohn A, Lustbader JW, Canfield RE, Machin KJ, Morgan FJ (1994). "Crystal structure of human chorionic gonadotropin". Nature 369 (6480): 455–461. PMID 8202136. doi:10.1038/369455a0.
- ↑ MeshName - Menotropins
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre gonadotropinas(en inglés)
- "Gonatropins" (en inglés) en Medical Subject Headings 2018
- "Gonadotropin"(en inglés) en eMedicineDictionary Arquivado 02 de xuño de 2019 en Wayback Machine.
- 10th International Symposium on GnRH(en inglés)