Gary Kildall
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1942 Seattle, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de xullo de 1994 (52 anos) Monterey, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, traumatismo físico |
Lugar de sepultura | Evergreen Washelli Memorial Park (en) |
Educación | Universidade de Washington Queen Anne High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencias da computación |
Ocupación | informático teórico, profesor universitario, programador, empresario |
Período de actividade | 1972 - |
Empregador | Naval Postgraduate School (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Dorothy McEwen Kildall |
Fillos | Scott Kildall |
Gary Arlen Kildall, nado en Seattle o 19 de maio de 1942 e finado en Monterey o 11 de xullo de 1994,[1] foi o creador do sistema operativo CP/M (posteriormente DR-DOS e da interface gráfica de usuario GEM Desktop, e fundador de Digital Research).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gary Kildall naceu e creceu en Seattle, Washington, onde a súa familia levaba unha escola de náutica. O seu pai, Joseph Kildall, era un capitán de ascendencia norueguesa. A súa nai, Emma, era en parte de orixe sueca, xa que a avoa de Gray nacera en Långbäck, Suecia, mais emigrara ao Canadá aos vinte e tres anos.[3]
Kildall casou con Dorothy McEwen en 1963 mentres ambos estaban a cursar estudos de secundaria. Ao nacer o primeiro fillo de ambos, Scott, mudáronse a Monterey Peninsula en 1969.[4] En 1971 tiveron a súa primeira filla, Kristin.[5] Kildall graduouse como profesor de matemáticas na Universidade de Washington en Seattle a principios da década de 1970.[6]
Mentres traballaba como profesor na Escola Naval de Posgraduado (NPS) en Monterey, California, implementou a linguaxe de programación PL/I para os microprocesadores 4004 e 8008 ao mesmo tempo que traballaba como consultor para Intel.[6] Despois de obter o doutoramento ciencias da Computación,[1] dedicouse en 1973 a crear un sistema operativo para as intel Intellec 8.[6] Referíase a esas versións como PL/M, M por microcomputadora e de alí xurdiu CP/M.
Despois de ofrecer a súa obra CP/M a Intel, esta empresa non amosou interese ningún niso,[7] así que xunto coa súa esposa Dorothy fundou a compañía Intergalactic Digital Research en 1974,[1] e a súa sede estaba situada na 801 Lighthouse Avenue, Pacific Grove, California.[8] Logo de renunciar ao seu traballo en 1976 en NPS foi renomeada como Digital Research Incorporated.[6] Continuou a traballar en CP/M e ao principio vendíao en anuncios clasificados nas últimas páxinas de revistas de computación.
Co lanzamento da Altair 8800 en xaneiro de 1975 finalmente había un sistema comercial capaz de executar CP/M, e antes da fin dese ano xurdiron varios computadores clónicos con sistemas de discos que o requirían. Contra 1977, era o máis popular dos sistemas operativos de microcomputadora en existencia, executando en case todas as computadoras baseadas nun procesador Intel 8080 ou Zilog Z80. Para esa época os ingresos de Digital Research acadaron os 25 millóns de dólares (equivalentes a máis de cen millóns do ano 2018).[9]
En 1980, IBM achegouse acercó a Digital Research buscando unha versión do CP/M para a súa próxima computadora persoal. Kildall deixou esperando os representantes de IBM varias horas para voar na súa avioneta xunto coa súa esposa, que estaba de aniversario e era quen manexaba as relacións comerciais da empresa.[6] Outra historia di que IBM quería que Dorothy asinase o seu acordo de non divulgación estándar, que ela consideraba moi limitador. Esencialmente, Digital Research esixía un pagamento por cada copia vendida mentres que IBM quería un gran pagamento polos dereitos de uso, sen limitacións.[10] IBM volveu para falar con Microsoft e Bill Gates viu a oportunidade comercial da súa vida. Obtivo os dereitos para un clon de CP/M chamado QDOS (Quick and Dirty Operating System) escrito por Tim Paterson de Seattle Computer, foi licenciado a IBM, e así naceu o MS-DOS/PC-DOS.
Máis tarde, IBM descubriu que o sistema operativo de Gates podería infrinxir o copyright de CP/M,[11] púxose en contacto con Kildall, e acordaron que este non os levaría a xuízo a cambio de que xunto co PC-DOS se vendese o CP/M. O prezo fixado era de 250 dólares para o CP/M e 40 para o PC-DOS.
A decisión de empregar o sistema operativo de Microsoft foi o principio da fin de Digital Research como o maior produtor mundial de software para microcomputadoras.
DR-DOS
[editar | editar a fonte]Digital Research perdeu a longa batalla por promover o seu CPM-86 así que o modificaron para empregar as mesmas aplicacións que MS-DOS e PC-DOS, volvéndoo lanzar en maio de 1988 como DR-DOS. A primeira versión pública foi o DR-DOS 3.41 que ofrecía mellores características que o entón MS-DOS 3.3.
Esta foi outra perdida: aínda que o produto con cada versión presentou innovacións que sempre o compararon favorablemente contra o MS-DOS, Digital Research non puido sustentar a desleal competencia de Microsoft e Kildall acabou por vender a súa compañía a Novell, non obstante, o produto aínda existe en diferentes encarnacións.
GEM Desktop
[editar | editar a fonte]Outro importante produto de Gary foi a primeira interface gráfica de usuarios para o procesador 8086, GEM Desktop, lanzado en febreiro de 1985. A pesar das súas prestacións, o produto non tivo moito éxito como sistema independente e a súa última versión pública saíu en novembro de 1988. Porén, continuou a venderse a empresas como interface gráfica para os seus produtos, salientando o Atari ST e o Ventura Publisher. Tamén se empregou en Digital Research para produtos derivados como ViewMax. A súa liña de desenvolvementeo sobreviviu ata a adquisición de Digital Research por Novell.
Outros proxectos
[editar | editar a fonte]Despois do CP/M, preocupado pola proliferación de BASIC nas microcomputadoras, Kildall creou PL/I-80, un subconxunto da linguaxe de programación PL/I que funcionaba en computadoras con CP/M. Tamén desenvolveu varios proxectos experimentais, incluíndo unha posta en marcha da linguaxe de programación educativa LOGO, interfaces entre computadoras e lectoras de CD-ROM, e reprodutores de videodiscos. Ademais, creou unha versión para CD-ROM da Grolier's Encyclopedia en 1985,[12] sendo o primeiro en logralo (o seu prototipo foi gravado en videodisco, xa que o CD-ROM aínda non saíra ao mercado).[2]
Retiro
[editar | editar a fonte]Kildall abandonou Digital Research en 1991 cando a compañía foi vendida a Novell, e mudouse á área suburbana de Austin, Texas, mantendo un segundo fogar en California e axudando os nenos vítimas do VIH.[13] Amigos e coñecidos recoñecen o desenganado que estaba por como o MS-DOS, cun deseño baseado case por completo nas súas ideas para CP/M, fixeron famosos a Bill Gates e Microsoft, mentres que el languidecía na escuridade. Nunca máis apareceu en espectáculos televisivos como "The Computer Chronicle" onde actuaba como coanfitrión.[14][15]
Morte
[editar | editar a fonte]O 8 de xullo de 1994, Kildall sufriu unha caída nun bar de moteiro de Monterey, California e golpeou a cabeza.[16] A circunstancias exactas da lesión non están claras. Nos últimos anos fora alcohólico.[17][18] Varias fontes afirman que caeu dunha cadeira, que tropezou ou que foi atacado porque entrara no Franklin Street Bar & Grill levando roupa de Harley-Davidson.[19] Ingresou e saíu do hospital dúas veces, e faleceu tres días despois no Hospital Comunitario de Monterey Peninsula. Unha autopsia realizada o día seguinte non determinou de xeito conclusivo unha causa da morte.[20][21] Está enterrado no Evergreen Washelli Memorial Park ao norte de Seattle.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Laws, David (8 de outubro de 2017). "Gary Kildall: In Memorium". Medium (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Computer Chronicles: Gary Kildall Special
- ↑ Andersson, Ulrika (2009-01-19). "Skellefteåättling kunde ha varit Bill Gates". Norra Västerbotten (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2009. Consultado o 7 de maio de 2009.
- ↑ Markoff, John (13 de xullo de 1994). "Gary Kildall, 52, Crucial Player In Computer Development, Dies". The New York Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ "Dorothy McEwen". Legacy (en inglés). 31 de xaneiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4
- ↑ David, Laws (2 de marzo de 2014). "Gary Kildall and the 40th Anniversary of the Birth of the PC Operating System". Computer History Museum (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ "801 Lighthouse Ave, Pacific Grove, CA 93950". Zillow (en inglés). 29 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ Markoff, John (13 de xullo de 1994). "Gary Kildall, 52, Crucial Player In Computer Development, Dies". The New York Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ Laws, David (2 de marzo de 2014). "Gary Kildall and the 40th Anniversary of the Birth of the PC Operating System". Computer History Museum (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ "Milestones:The CP/M Microcomputer Operating System, 1974". Wiki de Historia de la Tecnología e Ingeniería (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ Markoff, John (13 de xullo de 1994). "Gary Kildall, 52, Crucial Player In Computer Development, Dies". The New York Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ Velasco, Juan Jesús (8 de xaneiro de 2015). "Gary Kildall, el desarrollador que pudo ocupar el trono de Bill Gates". Diario Turing (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ Velasco, Juan Jesús (23 de xaneirode 2013). "Historia de la Tecnología: Gary Kildall". Hipertextual (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑
- Computer Chronicles na IMDb (en inglés).
- ↑ Akass, Clive (11 de agosto de 2006). "The man who gave Bill Gates the world - Gary Kildall was one of the founding fathers of the PC but he is remembered now for his greatest mistake". Personal Computer World. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- ↑ Hamm, Steve; Greene, Jay (25 de outubro de 2004). "The Man Who Could Have Been Bill Gates - A new book says Gates got the rewards due Gary Kildall. What's the real story?". BusinessWeek (Bloomberg Businessweek). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2006.
- ↑ Rivlin, Gary (1999). The Plot to Get Bill Gates. Crown Business. ISBN 978-0-8129-3006-1. ISBN 0-8129-3006-1.
- ↑ Young, Jeffrey (7 de xullo de 1997). "Gary Kildall: The DOS That Wasn't". Forbes. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 29 de agosto de 2011.
- ↑ Andrews, Paul (1994-07-14). "A Career Spent in Gates' Shadow—Computer Pioneer Dies at 52". The Seattle Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 29 de abril de 2017.
- ↑ Markoff, John (13 de xullo de 1994). "Gary Kildall, 52, Crucial Player In Computer Development, Dies". The New York Times. p. D19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Goldman Rohm, Wendy (1998-09-01). The Microsoft File - The Secret Case Against Bill Gates (1 ed.). IDG. ISBN 88-11-73868-7. [1]
- Laws, David (2014-02-26). "Gary Kildall and the 40th Anniversary of the Birth of the PC Operating System". Remarkable People. Computer History Museum. Arquivado dende o orixinal o 2016-11-19. Consultado o 2016-11-19.
- "IEEE Milestone in Electrical Engineering and Computing - CP/M - Microcomputer Operating System, 1974" (PDF). Computer History Museum. 2014-04-25. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2019-04-03. Consultado o 2019-04-03.
- Huitt, Robert; Eubanks, Gordon; Rolander, Thomas "Tom" Alan; Laws, David; Michel, Howard E.; Halla, Brian; Wharton, John Harrison; Berg, Brian; Su, Weilian; Kildall, Scott; Kampe, Bill (2014-04-25). Laws, David, ed. "Legacy of Gary Kildall: The CP/M IEEE Milestone Dedication" (PDF) (video transscription). Pacific Grove, California, USA: Computer History Museum. CHM Reference number: X7170.2014. Consultado o 2020-01-19.
- Libes, Sol (1995). "The Gary Kildall Legacy". Amateur Computer Group of New Jersey. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- Kildall, Gary Arlen (2016-08-02) [1993]. Kildall, Scott; Kildall, Kristin, eds. Computer Connections: People, Places, and Events in the Evolution of the Personal Computer Industry (PDF) (Manuscript, part 1). Kildall Family. Arquivado dende o orixinal o 2016-11-17. Consultado o 2016-11-17.
- Stephen A. Ness worked at the garage of the Gary Kildall.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Dr. Gary A. Kildall". MaxFrame Corporation.
- Maxframe website en Wayback Machine (archived 10 de outubro de 2004)