Georg Wilhelm Freyreiss
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1789 Frankfurt, Alemaña |
Morte | 1 de abril de 1825 Nova Viçosa, Brasil |
País de nacionalidade | alemá |
Actividade | |
Lugar de traballo | Brasil |
Ocupación | botánico, zoólogo e explorador |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Freyr. |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Georg Wilhelm Freyreiss, nado en Frankfurt o 12 de xullo de 1789, e finado en Nova Viçosa, Brasil, o 1 de abril de 1825, foi un naturalista alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como naturalista asistente viaxou a Río de Xaneiro en 1813 con Grigory Langsdorff, a quen acababan de nomear cónsul ruso no Brasil. Alí reuniuse con Lorentz Westin, o cónsul xeral sueco-noruegués, quen lle subministrou os medios necesarios para que Freyreiss viaxase e explorase o interior do país. Co xeólogo Wilhelm Ludwig von Eschwege, visitou varios lugares de Minas Gerais, durante os cales, coleccionou numerosos exemplares ornitolóxicos, entomolóxicos e botánicos.[1][2]
Desde agosto de 1815, xunto con Friedrich Sellow e o príncipe Maximilian zu Wied-Neuwied, recolleu exemplares de historia natural na provincia de Baía para varias institucións europeas. En 1818 foi nomeado profesor de zooloxía na Universidade Federal do Río de Xaneiro.[2][3]
En 1824 publicou Beiträge zur näheren Kenntniss des Kaiserthums Brasilien ("Contribucións ao coñecemento do Imperio do Brasil").[4]
Outra obra atribuída a Freyreiss é Reisen in Brasilien (Viaxe polo Brasil), un libro sobre o Brasil que se publicou moitos anos despois da súa morte (en 1968).
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]Os taxons co epíteto específico freyreissii honran o seu nome, sendo exemplos as especies botánicas Ophryosporus freyreissii e Paepalanthus freyreissii.[1]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Freyr. úsase para recoñecer a Georg Wilhelm Freyreiss como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pedro Luís Rodriues de Moraes, Sofie de Smedt & Matsh Jertson (2014): "Notes on the Brazilian plants collected by Georg Wilhelm Freyreiss". Harvard Papers in Botany 19 (1): 123–132. PDF.
- ↑ 2,0 2,1 Freyreiss, Georg Wilhelm (1789-1825) JSTOR Global Plants.
- ↑ Freyreiß, Georg Wilhelm en Allgemeine Deutsche Biographie.
- ↑ Most widely held works about Georg Wilhelm Freyreiss en WorldCat Identities.
- ↑ Freyr. – Georg Wilhelm Freyreiss (1789-1825) no IPNI.