George Minot
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1885 Boston, Estados Unidos de América |
Morte | 25 de febreiro de 1950 (64 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemitério Forest Hills (pt) |
Educación | Facultade de Medicina Harvard Harvard College |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina |
Ocupación | médico, internista |
Empregador | Universidade Harvard Universidade Johns Hopkins |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Pais | James Jackson Minot e Elizabeth Minot |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Minot, George Richards, 1885-1950, |
George Richards Minot, nado en Boston, Massachusetts o 2 de decembro de 1885 e finado no mesmo lugar o 25 de febreiro de 1950, foi un médico estadounidense. Foi asistente na Universidade Johns Hopkins, sendo galardoado co Premio Nobel de Medicina en 1934 canda William Parry Murphy e George H. Whipple, polos seus traballos relacionados coa anemia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a súa vida como profesional publicou varios traballos sobre diversos temas como o cáncer, a artrite e as deficiencias alimenticias. Non obstante, foi aínda máis lonxe no estudo da coagulación do sangue, a transfusión, as plaquetas e certas desordes asociadas coa anemia prolongada. Tamén estudou a condición do sangue en certos casos do envelenamento industrial.
Entre os seus intereses estaban tamén a leucemia e as desordes dos tecidos finos linfáticos, mais as súas contribucións máis importantes son os seus estudos sobre a anemia. O seu nome está intimamente ligado á terapia da anemia perniciosa, dado que foi o primeiro en interesarse por ela, en 1914. Con todo, non será até máis tarde que, xunto a George Hoyt Whipple e Willian Murphy, describiron un tratamento eficaz para esta enfermidade.
A anemia perniciosa está causada pola carencia dunha proteína producida polo estómago (factor intrínseco) que lle axuda ao corpo a absorber a vitamina B12. Cando o estómago non ten a suficiente cantidade desta proteína non pode absorber a vitamina axeitadamente. A vitamina B12 é necesaria para que as células nerviosas e sanguíneas funcionen ben.
Minot, posteriormente, en colaboración con Edwin Cohn, estendeu os estudos que realizara con Whipple e Murphy. Agregou por exemplo ao coñecemento as funcións gastrointestinais e a terapia do ferro para a anemia, entre outros aspectos.