Georges Florovski
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1893 (Xuliano) Odesa, Ucraína |
Morte | 11 de agosto de 1979 (85 anos) Princeton, Estados Unidos de América |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Universidade Nacional de Odessa (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Relixión, Teologia da Igreja Ortodoxa Oriental (pt) , filosofía e ecumenismo |
Lugar de traballo | Praga Boston París Princeton |
Ocupación | teólogo, sacerdote, filósofo, profesor universitario, historiador |
Empregador | Universidade de Princeton Universidade Carolina de Praga Universidade Harvard Universidade Nacional de Odessa (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Antony Florovsky |
Georges Florovski (en ruso Георгий Васильевич Флоровский), nado en Odesa o 23 de agosto de 1893 e finado en Princeton o 11 de agosto de 1979, foi un pensador e teólogo ruso.
Perseguido polo réxime soviético, instalouse en Francia onde foi profesor no Instituto de San Serxio en París. Ensinou tamén en Harvard e en Princeton.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Especialista nos Pais da Igrexa, considerou que había que volver a unha teoloxía baseadada na experiencia espiritual e na celebración comunitaria da liturxia. Aquí, segundo el, é onde radica a superioridade da Igrexa ortodoxa fronte ao autoritarismo e a especulación racionalista e xurídica da Igrexa católica. A doutrina ortodoxa non se ensina nas aulas senón que é unha vivencia que se proclama no templo. A oración non é un conxunto de peticións senón un camiño que nos introduce no espazo do divino que transforma o interior e nos abre ao exterior rachando a individualidade illada.
Rexeita a visión xurídica da redención como expiación, propia do catolicismo. Ve en Xesús de Nazaret ao ilimitado no limitado, a natureza divina asumindo a humana co fin de sandar o feble e completar o deficiente: en Cristo non só se revelou o sentido da existencia humana, senón que se realizou. Para Florovsky, a marioloxía non é senón un aspecto da cristoloxía, baseado na condición de theotocos (nai de Deus). Así mesmo, nos santos non se desliza unha idolatría senón a veneración á deificación da natureza humana, o amor de Deus cara a eles e neles. A deificación non é un fenómeno ontolóxico senón unha comuñón persoal con Deus que inunda coa súa presenza a existencia humana.