Gianni Celati
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
(2001) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1937 Sondrio, Italia |
Morte | 3 de xaneiro de 2022 (84 anos) Brighton, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, crítica literaria e tradución do inglés |
Lugar de traballo | Boloña |
Ocupación | escritor, crítico literario, pintor, profesor universitario, tradutor, escultor |
Período de actividade | (Con vida en: 1946 ) |
Empregador | Universidade de Boloña |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Gianni Celati, nado en Sondrio o 10 de xaneiro de 1937 e finado o 2 de xaneiro de 2022, foi un escritor, tradutor e crítico literario italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Celati pasou a infancia e adolescencia na provincia de Ferrara, estudou literatura inglesa na Universidade de Boloña e doutorouse cunha tese sobre James Joyce. No ano 1970 publicou a súa primeira novela, Comiche, á que seguiron Le avventure del Guizzardi (1972), La banda dei Sospiri (1974) e Lunario del paradiso (1978), nun estilo cómico e fantasioso que se saía da norma académica. Nestes anos publicou tamén traducións de clásicos ingleses.
Tras un longo silencio literario que pasou ensinando na Universidade Cornell de Ithaca (Estado de Nova York, USA) e que rematou en 1984 coa publicación do libro de relatos Narratori delle pianure, cambiou completamente de estilo, cunha lingua sinxela cos personaxes reducidos á mínima expresión. No ano 2006 gañou o Premio Viareggio con Vite di pascolanti.