Gran Premio do Brasil de 1994
Nome oficial | XXIII Grande Prêmio do Brasil |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Brasil |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994 |
Distancia do evento | 71 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O / -23.701111111111, -46.697222222222 |
Lonxitude | 4,309 km |
País | Brasil |
Data | 27 de marzo de 1994 |
Competición | |
Primeiro posto | Michael Schumacher |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Michael Schumacher |
O Gran Premio do Brasil de 1994 (oficialmente o XXIII Grande Prêmio do Brasil) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 27 de marzo de 1994 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a primeira carreira da tempada de 1994. A carreira de 71 voltas gañouna Michael Schumacher, pilotando un Benetton - Ford, logo de comezar desde a segunda posición. O heroe local Ayrton Senna logrou a pole position no seu Williams-Renault e liderou antes de ser superado por Schumacher na primeira rolda de paradas en boxes, logo do cal separouse. O compañeiro de equipo de Senna, Damon Hill finalizou segundo, con Jean Alesi terceiro nun Ferrari.
Informe
[editar | editar a fonte]Pre-Carreira
[editar | editar a fonte]A primeira carreira da tempada de 1994 viu debutar a cinco pilotos na F1: Heinz-Harald Frentzen, Olivier Panis, Jos Verstappen, Olivier Beretta e Roland Ratzenberger. Tamén houbo dous novos equipos: Simtek, que anteriormente participara na F1 como os diseñadores do Andrea Moda S921 en 1992, e Pacific Racing, que gozara de moito éxito nas fórmulas menores.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Na súa primeira carreira con Williams, Ayrton Senna logrou a pole position por 0.3 segundos sobre Michael Schumacher no Benetton. Jean Alesi foi terceiro no seu Ferrari, máis dun segundo detrás de Schumacher, con Damon Hill cuarto no outro Williams. Frentzen impresionou ao tomar o quinto posto no seu Sauber, mentres que Gianni Morbidelli, de volta na F1 logo de disputar o Campionato de Superturismo Italiano de 1993, obtivo o sexto posto no seu Footwork. O top ten foi completado por Karl Wendlinger no segundo Sauber, Mika Häkkinen no McLaren, Verstappen no segundo Benetton e Ukyo Katayama no Tyrrell.
Carreira
[editar | editar a fonte]Na saída, Senna liderou desde a pole position, mentres que Alesi superou a Schumacher. Schumacher retomou o segundo lugar na 2ª volta e comezou a perseguir a Senna, que lograra unha vantaxe de 4 segundos nas primeiras voltas. Antes de deterse no pit, Schumacher reducira a brecha a pouco máis dun segundo, e na volta 21 o dúo de cabeza entrou ao pit lane xuntos. Malia que ambos equipos executaron a mesma estratexia de combustible, a parada de Schumacher foi máis rápida que a de Senna, e así tomou o liderado.
Na volta 35 houbo un accidente de catro autos como Eddie Irvine e Verstappen achegáronse ao Ligier de Éric Bernard. Os tres estábanse achegando rapidamente ao McLaren de Martin Brundle que sufrira unha falla no motor. Ante á posibilidade de chocar co McLaren, Irvine virou cara á esquerda cando Verstappen intentou un adiantamento nese lado forzando así a Verstappen á herba, Verstappen perdeu o control do seu auto e deu unha voltereta sobre o McLaren mentres que Bernard tomou medidas de escape á dereita. O casco de Brundle foi impactado polo Benetton voador aínda que escapou dunha lesión grave. Irvine foi sancionado posteriormente pola FIA cunha prohibición dunha carreira, que se aumentou a tres despois de que a apelación de Jordan rexeitárase. Irvine xa estaba baixo investigación debido a un incidente con Senna en Suzuka o ano anterior.
Schumacher aumentou a súa vantaxe a 10 segundos logo da segunda rolda de paradas en boxes, logo do cal Senna comezou a acercarse. Na volta 55, o par dobraran a Hill que marchaba no terceiro lugar e a brecha baixara a 5 segundos, pero Senna perdeu o control do seu Williams e retirouse. Despois da retirada de Senna, Schumacher gañou comodamente, unha volta por diante de Hill no segundo lugar e Alesi que terminou terceiro. Rubens Barrichello, Katayama e Wendlinger completaron os seis primeiros, Katayama anotou os seus primeiros puntos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Ayrton Senna | Williams-Renault | 1:16.386 | 1:15.962 | — |
2 | 5 | Michael Schumacher | Benetton-Ford | 1:16.575 | 1:16.290 | +0.328 |
3 | 27 | Jean Alesi | Ferrari | 1:17.772 | 1:17.385 | +1.423 |
4 | 0 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:18.270 | 1:17.554 | +1.592 |
5 | 30 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Mercedes | 1:18.144 | 1:17.806 | +1.844 |
6 | 10 | Gianni Morbidelli | Footwork-Ford | 1:18.970 | 1:17.866 | +1.904 |
7 | 29 | Karl Wendlinger | Sauber-Mercedes | 1:17.982 | 1:17.927 | +1.965 |
8 | 7 | Mika Häkkinen | McLaren-Peugeot | 1:18.122 | 1:19.576 | +2.160 |
9 | 6 | Jos Verstappen | Benetton-Ford | 1:18.787 | 1:18.183 | +2.221 |
10 | 3 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 1:19.519 | 1:18.194 | +2.232 |
11 | 9 | Christian Fittipaldi | Footwork-Ford | 1:18.730 | 1:18.204 | +2.242 |
12 | 4 | Mark Blundell | Tyrrell-Yamaha | 1:19.045 | 1:18.246 | +2.284 |
13 | 20 | Érik Comas | Larrousse-Ford | 1:18.990 | 1:18.321 | +2.359 |
14 | 14 | Rubens Barrichello | Jordan-Hart | 1:18.759 | 1:18.414 | +2.452 |
15 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:18.659 | sen tempo | +2.697 |
16 | 15 | Eddie Irvine | Jordan-Hart | 1:19.269 | 1:18.751 | +2.789 |
17 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:18.931 | 1:18.855 | +2.893 |
18 | 8 | Martin Brundle | McLaren-Peugeot | 1:18.864 | 13:18.601 | +2.902 |
19 | 26 | Olivier Panis | Ligier-Renault | 1:19.304 | 1:19.533 | +3.342 |
20 | 25 | Éric Bernard | Ligier-Renault | 1:19.396 | 1:19.633 | +3.434 |
21 | 12 | Johnny Herbert | Lotus-Mugen-Honda | 1:19.798 | 1:19.483 | +3.521 |
22 | 24 | Michele Alboreto | Minardi-Ford | 1:19.517 | sen tempo | +3.555 |
23 | 19 | Olivier Beretta | Larrousse-Ford | 1:19.922 | 1:19.524 | +3.562 |
24 | 11 | Pedro Lamy | Lotus-Mugen-Honda | 1:21.029 | 1:19.975 | +4.013 |
25 | 34 | Bertrand Gachot | Pacific-Ilmor | 1:22.495 | 1:20.729 | +4.767 |
26 | 31 | David Brabham | Simtek-Ford | 1:22.266 | 1:21.186 | +5.224 |
27 | 32 | Roland Ratzenberger | Simtek-Ford | 1:22.707 | 1:23.109 | +6.745 |
28 | 33 | Paul Belmondo | Pacific-Ilmor | sen tempo | sen tempo | — |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "1994 Brazilian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 1993 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1994 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Pacífico de 1994 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1993 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1995 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |