Saltar ao contido

Gran Premio de Malaisia de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Malaisia de 2016
Imaxe
Nome oficial2016 Formula 1 Petronas Malaysian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Malaisia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento56 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Sepang (Selangor) 2°45′38″N 101°44′15″L / 2.7605555555556, 101.7375 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude2,706 km Editar o valor en Wikidata
PaísMalaisia Editar o valor en Wikidata
Data2 de outubro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDaniel Ricciardo Editar o valor en Wikidata
Pole positionLewis Hamilton Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNico Rosberg Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Malaisia 2016 (oficialmente chamado 2016 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 2 de outubro de 2016 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia. Foi a décimo oitava edición do Gran Premio de Malaisia como unha proba do Campionato do Mundo, e a trixésimo sexta en total.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

A carreira móvese desde a súa data habitual en marzo a outubro para permitir aos organizadores a oportunidade de mellorar o circuíto. O circuíto asfaltouse de novo, mellorouse o drenaxe para diminuír a posibilidade da formación de auga estancada no circuíto. Nove curvas se reperfilaron, introducindo unha pendente negativa para salientar a mecánica, en lugar do agarre aerodinámico, e a caída no vértice da curva 2 eliminouse.[1]

18 dos 22 pilotos apostaron por pneumáticos brandos. Só Jolyon Palmer (Renault) montou duros, mentres que Valtteri Bottas (Williams), Kevin Magnussen (Renault) e Felipe Nasr (Sauber) montaron medios. O Williams de Felipe Massa calouse na saída da volta de formación e partiu desde o pit lane.

Na saída Sebastian Vettel (Ferrari) realizou unha gran saída, e tras tocarse con Max Verstappen (Red Bull) e posteriormente intentar arrebatarlle o segundo posto a Nico Rosberg (Mercedes), danou o seu Ferrari, rompendo a suspensión dianteira, quedando fóra da carreira. Rosberg, pola súa banda, fixo un trompo e perdeu moitas posicións, quedando 16º. Na 4ª volta Alonso colócase na décima posición, na 7ª Massa sofre unha picada e entra en boxes e na 9ª volta Grosjean bloquea a parte traseira do seu Haas e sáese de pista para acabar fóra de carreira, bandeira marela. Aproveitando este Virtual Safety car, varios pilotos pasan por boxes. Entre eles, Max Verstappen e Fernando Alonso. Rosberg fai unha rápida remontada e na volta 19 xa é sexto, na volta 20 abandona Magnussen (Renault). Na 21 Hamilton entra en boxes e monta duros, unha volta máis tarde faino Ricciardo, Max Verstappen (Red Bull) pasa a liderar a carreira tralas paradas de Hamilton (Mercedes) e Ricciardo (Rede Bull). Todos pararon unha vez, pero os pneumáticos de Verstappen, brandos, son máis vellos.

Na volta 39 a clasificación é a seguinte, 1º Hamilton, 2º Ricciardo, 3º Verstappen seguidos de Rosberg, Raikkonen, Bottas, Pérez, Alonso, Hülkenberg e Button nos dez primeiros lugares. na volta 41 rompe o motor do Mercedes de Hamilton. Comunicáselle a Rosberg (Mercedes), que foi penalizado con 10 segundos polo seu adiantamento a Kimi Raikkonen (Ferrari). O finlandés estaba a cinco segundos e sería terceiro por diante do alemán. aos poucos Rosberg aumenta a súa vantaxe a máis de 10 segundos. Finalmente a carreira e gañada por Ricciardo seguido do seu compañeiro de equipo Verstappen e Rosberg terceiro. Alonso finalmente e sétimo e Sainz 11º.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:34.444 1:33.046 1:32.850 1
2 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:34.460 1:33.609 1:33.264 2
3 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:35.443 1:33.775 1:33.420 3
4 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:35.079 1:33.888 1:33.467 4
5 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:34.557 1:33.972 1:33.584 5
6 7 Finlandia Kimi Raikkonen Ferrari 1:34.556 1:33.903 1:33.632 6
7 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:35.068 1:34.538 1:34.319 7
8 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:34.827 1:34.441 1:34.489 8
9 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:35.267 1:34.431 1:34.518 9
10 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:35.267 1:34.422 1:34.671 10
11 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:35.166 1:34.577 11
12 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:35.400 1:35.001 12
13 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:35.658 1:35.097 13
14 20 Dinamarca Kevin Magnussen Renault 1:35.593 1:35.277 14
15 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:35.695 1:35.369 15
16 55 España Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:35.605 1:35.374 16
17 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:35.816 17
18 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:35.949 18
19 30 Jolyon Palmer Renault 1:35.999 19
20 31 Francia Esteban Ocon MRT-Mercedes 1:36.451 20
21 94 Alemaña Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 1:36.587 21
22 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:37.155 22[2]
107% tempo: 1:41.055
Fonte:[3]
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 56 1:37:12.776 4 25
2 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 56 +2.443 3 18
3 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 56 +25.516[4] 2 15
4 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 56 +28.785 6 12
5 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 56 +1:01.582 11 10
6 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 56 +1:03.794 7 8
7 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 56 +1:05.205 22 6
8 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 56 +1:14.062 8 4
9 22 Jenson Button McLaren-Honda 56 +1:35.466 9 2
10 30 Jolyon Palmer Renault 56 +1:35.466 19 1
11 55 España Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 56 +1:38.878 16
12 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 55 +1 volta 17
13 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 55 +1 volta 10
14 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 55 +1 volta 15
15 94 Alemaña Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 55 +1 volta 21
16 31 Francia Esteban Ocon Manor-Mercedes 55 +1 volta[5] 20
Ret 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 46 Freos 18
Ret 44 Lewis Hamilton Mercedes 41 Motor 1
Ret 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 39 Perda dunha roda 13
Ret 20 Dinamarca Kevin Magnussen Renault 17 Perda de potencia 14
Ret 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 7 Freos 12
Ret 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 0 Accidente 5
Fonte:[6]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2016. 
  2. Fernando Alonso penalizou 45 lugares na grella polos cambios de elementos da unidade de potencia non programados
  3. "2016 Formula 1 Malaysian Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 1 October 2016. Consultado o 1 October 2016. 
  4. Nico Rosberg recibiu unha penalización de 10 segundos por causar unha colisión
  5. Esteban Ocon recibiu dúas penas de cinco segundos por exceso de velocidade no pit lane
  6. "2016 Formula 1 Malaysian Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 2 de outubro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Carreira anterior:
Gran Premio de Singapur de 2016
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2016
Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 2016
Carreira anterior:
Gran Premio de Malaisia de 2015
Gran Premio de Malaisia Carreira seguinte:
Gran Premio de Malaisia de 2017