Saltar ao contido

Gran Premio de Singapur de 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Singapur de 2015
Imaxe
(2015)
Nome oficial2015 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de España Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento61 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Singapur 1°17′29″N 103°51′51″L / 1.2914, 103.86415 Editar o valor en Wikidata
PaísSingapur Editar o valor en Wikidata
Data20 de setembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNikita Mazepin Editar o valor en Wikidata
Pole positionSebastian Vettel Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaDaniel Ricciardo Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Singapur de 2015, formalmente 2015 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 20 de setembro de 2015 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décima terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 2015.

Cualificación

[editar | editar a fonte]

As eliminatorias constaron de tres partes de 18, 15 e 12 minutos de duración, respectivamente, con cinco pilotos eliminados da competición logo de cada unha das dúas primeiras sesións. Durante a primeira parte da cualificación, só os Ferrari foron o suficientemente rápidos para facelo cos pneumáticos máis lentos, máis duras, mentres que o resto dos equipos necesitaron montar o composto super brando. Daniil Kvyat encabezou a sesión cun tempo de 1:45.340. Pastor Maldonado foi eliminado, xa que só os dous Manor-Marussias, estaban aínda máis fóra de ritmo, como de costume. Ambos Lotus tamén foron eliminados para a Q2, cando Jenson Button foi o último de establecer unha volta rápida, superando a Felipe Nasr por menos dunha décima de segundo.[1]}

Vettel marcou o mellor tempo na segunda parte da cualificación, sendo dúas décimas máis rápido que o segundo clasificado, Daniil Kvyat. Mentres Max Verstappen logrou entrar na Q3, o seu compañeiro de equipo Carlos Sainz golpeou o muro, danando a súa suspensión e o alerón dianteiro, deixando restos na pista. A sesión terminou con bandeiras amarelas, os dous Force India e os dous McLaren uníronse a Sainz na eliminación, con Nico Hülkenberg máis rápido en undécima posición da grella.

Ao comezo da Q3, Lewis Hamilton abortou a súa primeira volta rápida. Mercedes parecía loitar máis no último sector, onde Hamilton perdeu medio segundo co Red Bull de Kvyat. Hamilton indicou máis adiante que o equipo tivo problemas para xerar temperatura nos pneumáticos,[2] esencial para o último sector que beneficia a alta tracción.[1] Foi Sebastian Vettel, quen logrou a pole position, logo de liderar todos os sectores da cualificación, por diante de Daniel Ricciardo, que perdeu tempo no primeiro sector logo de ter que frear cando Vallteri Bottas estaba fronte del. O outro Ferrari e Red Bull de Räikkönen e Kvyat lograron a terceira e cuarta posición da grella respectivamente, seguidos dos dous Mercedes, que eran un segundo e medio máis lento que o tempo da pole de Vettel de 1'43.885. Esta foi a primeira pole para Ferrari desde o Gran Premio de Alemaña de 2012, a primeira en condicións secas durante cinco anos,[3] e tamén impediu que Lewis Hamilton igualara a marca do seu ídolo Ayrton Senna de oito poles consecutivas. a pole de Vettel tamén puxo fin á longa racha de 23 poles para Mercedes, e foi a primeira vez desde o comezo da tempada 2014 que o primeiro lugar na grella non foi lograda por un coche con motor Mercedes.[4]

Lewis Hamilton retirouse dunha carreira por primeira vez desde o Gran Premio de Bélxica de 2014

Antes da volta de formación, Rosberg parecía ter un problema co seu coche, cando se detivo ao final da rúa de boxes no camiño á grella de saída. Con todo, os seus mecánicos foron capaces de arranxar o problema, descrito por Niki Lauda como "un problema técnico", e saíu na grella.[5] Con todo o mundo iniciando a carreira co composto super brando dos pneumáticos, esperábase unha carreira con dúas paradas en boxes para a maioría dos pilotos. No comezo, todos os pilotos da parte dianteira mantiveron as súas posicións, mentres que máis atrás, Nico Hülkenberg, que tivo un bo comezo, e Sergio Pérez case chocaron mentres loitaban pola posición.[6] O Toro Rosso de Max Verstappen quedou parado na grella e foi empuxado para volver a boxes, só para empezar a súa carreira desde alí, máis dunha volta atrás aos líderes.[5] Vettel foi capaz de abrir un espazo con Ricciado detrás de el rapidamente, liderando sobre os Red Bull por tres segundos logo da primeira volta. Fernando Alonso, que fixera un bo comezo para subir ao undécimo posto, caeu baixo a presión de Carlos Sainz na volta catro, seguido de Grosjean, que perdera posicións na saída porque tivo que esquivar ao parado Verstappen. A vantaxe de Vettel era de cinco segundos na volta cinco. Mentres tanto, Nico Rosberg mantivo baixo control aos dous Williams de Bottas e Massa. Na volta dez, Grosjean converteuse no primeiro piloto en entrar en boxes. Máis coches entraron na volta once, á circulación densa impediu a Sainz e Alonso saír dos seus Boxes rapidamente. Alonso saíu do pit lane por diante de Grosjean, que pasou xunto a el na posición 13. Felipe Massa tivo unha parada lenta de 4´8 segundos cando parou na volta 13. Cando saíu do pit lane, Nico Hülkenberg achegábase pola trazada. Ambos pilotos chocaron e Hülkenberg se catapultou co pneumático dianteiro dereito de Massa, o que lle provocou a retirada da carreira.[5][7] Provocouse un coche de seguridade virtual, entraron a boxes todos os pilotos que non o fixeron antes. Kvyat entrara pouco antes de que se despregara o coche de seguridade, ambos Mercedes foron capaces de pasalo, deixando ao ruso no sexto lugar. A parada de Jenson Button levou moito tempo, deixándoo no posto 16. Na volta 16, o coche virtual substituíuse polo coche de seguridade real, que se mantivo ata o final da volta 18.

Sebastian Vettel gañou a carreira coa Scuderia Ferrari.

Na reanudación, o coche de Sainz quedou atascado na marcha neutral, perdendo moitos lugares e caendo de novo á posición 18, pero foi quen de seguir adiante. O coche de seguridade permitira ao seu compañeiro de equipo Verstappen situarse máis preto do grupo. As seguintes voltas viron establecer a Vettel un ritmo constante na parte dianteira para conservar os seus pneumáticos. Na volta 26, Hamilton rexistrou unha perda de potencia no seu coche e comezou a perder posicións rapidamente, caendo de novo a noveno posto na volta 28, para retirarse na volta 33. Mentres tanto, Felipe Massa tamén tivo problemas co seu coche. Algo similar a Sainz, o seu coche quedou en punto morto. Logo de pilotar a través do pit lane sen parar na volta 30, retirouse unha volta máis tarde, Fernando Alonso tamén puxo fin á súa carreira na volta 34 coa caixa de cambios avariada.[5][6] Na mesma volta, Daniil Kvyat chegou na súa segunda parada en boxes, pero problemas cos pneumáticos fixéronlle perder posicións mentres se deixaba caer de novo a noveno posto. No mesmo momento, Vettel estaba sostendo unha marxe de cinco segundos de vantaxe sobre Ricciardo, mentres que Pérez superou a Grosjean no noveno lugar na volta 36.

Un segundo coche de seguridade saíu á pista na volta 37 provocado por un home camiñando pola pista. Varios pilotos aproveitaron novamente o coche de seguridade para entrar en boxes para cambiar os pneumáticos, entre eles Jenson Button, que xurdiu no décimo lugar. Na volta 40, o novato Alejandro Rossi recibiu instrucións de desdobrarse a si mesmo detrás do coche de seguridade, pero non o fixo nun tempo aceptable e a carreira reiniciouse na volta 41, con Rossi atrapado entre os pilotos de cabeza. Na volta 42, Button estaba disputando a posición con Pastor Maldonado, cando ambos chocaron, danando o alerón dianteiro de Button, que foi obrigado a entrar en boxes para cambialo. Na volta 45, Max Verstappen, que se empezar cunha volta perdida, subiu ao noveno lugar e estableceu a nova volta rápida da carreira. Unha volta máis tarde, tomou o oitavo lugar de Grosjean. O seu compañeiro de equipo Sainz seguiuno dúas voltas máis tarde. Mentres tanto, na fronte, Ricciardo fixo unha volta máis rápida na volta 51, quedando a 2´9 segundos por detrás de Vettel. A volta 53 viu retirarse a Jenson Button no segundo McLaren, que tamén sufriu un problema na caixa de cambios. Durante as voltas finais da carreira, Valtteri Bottas quinto tivo problemas co cambio, pero puido continuar. Na volta 60, Grosjean saíuse e permitiu que Felipe Nasr lograra anotar o punto final, décimo. Durante a última volta, Toro Rosso pediu a Verstappen que deixara pasar ao seu compañeiro de equipo Sainz ao oitavo posto, pero o mozo holandés negouse e quedou no seu lugar. Sebastian Vettel cruzou a meta gañando a carreira, que tivo todo o lapso permitido de dúas horas.[5][6]

Post carreira

[editar | editar a fonte]

Sobre o espontáneo na pista, Sebastian Vettel declarou na roda de prensa posterior á carreira que o viu tomar unha foto, e continuou: "Espero que fora unha boa idea polo menos espero que fora unha boa foto. Si, unha tolemia, achegámosnos/achegámonos a esa curva ao redor de 280 ou 290 km./h.! Non sei, eu non cruzaría a pista se eu fose el. foi unha tolemia, obviamente, [...] ". O espontáneo resultou ser o cidadán británico de 27 anos idade Yogvitam Pravin Dhokia. Compareceu ante a corte o martes logo da carreira e pedíuselle unha fianza de 15.000 S$ (9.400 euros), que foi incapaz de pagar. Informouse que o home podería enfrontarse a unha pena de prisión de ata seis meses..[8]

Nico Rosberg foi cuarto no Mercedes

Durante a carreira, os comisarios sancionaron a Nico Hülkenberg cunha penalización de tres posicións para a seguinte carreira no Xapón por causar a colisión con Felipe Massa na volta 14.[9] Hülkenberg estaba "frustrado"[10] coa decisión, dicindo: "O accidente con Felipe foi moi mala sorte e eu non entendo por que me penalizaron antes de ter a oportunidade de discutir o incidente na oficina dos comisarios [...] Na miña opinión, é a miña curva e Felipe sorpréndeme saíndo dela demasiado tarde, encerrándome xusto antes de darme conta." Massa tiña unha visión diferente sobre o incidente, dicindo: "Eu estaba freando na curva e dirixiu o seu coche contra o meu, e deixoume sen un lugar onde ir, así que batemos." Force India decidiu non apelar a decisión.[11]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:46.017 1:44.743 1:43.885 1
2 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:46.166 1:45.291 1:44.428 2
3 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:46.467 1:45.140 1:44.667 3
4 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 1:45.340 1:44.979 1:44.745 4
5 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:45.765 1:45.650 1:45.300 5
6 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:46.201 1:45.653 1:45.415 6
7 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:46.231 1:45.887 1:45.676 7
8 33 Países Baixos Max Verstappen Toro Rosso-Renault 1:46.483 1:45.635 1:45.798 8
9 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:46.879 1:45.701 1:46.077 9
10 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Mercedes 1:46.860 1:45.805 1:46.413 10
11 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:46.669 1:46.305 11
12 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:46.600 1:46.328 12
13 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:46.576 1:46.385 13
14 55 España Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 1:46.465 1:46.894 14
15 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:45.891 1:47.019 15
16 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:46.965 16
17 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:47.088 17
18 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 1:47.323 18
19 28 Will Stevens Marussia-Ferrari 1:51.021 19[12]
20 53 Alexander Rossi Marussia-Ferrari 1:51.523 20[13]
107% tempo: 1:52.714
Fonte:[14]
Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grell Pts.
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 61 2:01:22.118 1 25
2 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 61 +1.478 2 18
3 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 61 +17.154 3 15
4 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 61 +24.720 6 12
5 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 61 +34.204 7 10
6 26 Daniil Kvyat Red Bull-Renault 61 +35.508 4 8
7 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 61 +50.836 13 6
8 33 Países Baixos Max Verstappen Toro Rosso-Renault 61 +51.450 8 4
9 55 España Carlos Sainz Toro Rosso-Renault 61 +52.860 14 2
10 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 61 +1:30.045 16 1
11 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 61 +1:37.507 17
12 13 Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 61 +1:37.718 18
13 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Mercedes 59 + 2 voltas 10
14 53 Alexander Rossi Marussia-Ferrari 59 + 2 voltas 20
15 28 Will Stevens Marussia-Ferrari 59 + 2 voltas 19
Ret 22 Jenson Button McLaren-Honda 52 Caixa de cambios 15
Ret 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 33 Caixa de cambios 12
Ret 44 Lewis Hamilton Mercedes 32 Unidade de potencia 5
Ret 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 30 Caixa de cambios 9
Ret 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 12 Colisión 11
fonte:[15]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. 1,0 1,1 Collantine, Keith (19 de setembro de 2015). "Vettel flies to pole as Ferrari and Red Bull beat Mercedes". F1Fanatic. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  2. Benson, Andrew (19 de setembro de 2015). "Sebastian Vettel on pole with Lewis Hamilton fifth in Singapore". BBC. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  3. Collantine, Keith (19 de setembro de 2015). "Vettel can expect race-long pressure from Ricciardo". F1Fanatic. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  4. Johnson, Daniel (19 de setembro de 2015). "Singapore Grand Prix 2015: Lewis Hamilton misses record as Sebastian Vettel grabs stunning pole". The Telegraph. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Butler, Michael (20 de setembro de 2015). "F1: Singapore Grand Prix – as it happened". The Guardian. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Tyers, Alan (20 de setembro de 2015). "Singapore Grand Prix 2015: as it happened". The Telegraph. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  7. "Kollision mit Massa: Strafe für Hülkenberg. Strafversetzung in Suzuka". motorsport-magazin.com (en alemán). 20 de setembro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  8. "Singapore Grand Prix: British man charged for walking on track". The Guardian. 22 de setembro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  9. "20.09 - Stewards Decision Doc37 - N.Hulkenberg". FIA. 20 de setembro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  10. Saunders, Nate (20 de setembro de 2015). "Nico Hulkenberg frustrated with Massa collision penalty". ESPN. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  11. Barretto, Lawrence; Parkes, Ian (20 de setembro de 2015). "Nico Hulkenberg questions F1 stewards for Singapore GP penalty". autosport.com. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  12. Will Stevens recibiu unha penalización de 5 postos por un cambio da caixa de cambios non programada, pero permanecerá 19º debido á sanción idéntica de Rossi
  13. Alexander Rossi recibiu unha penalización de 5 postos para un cambio da caixa de cambios non programado
  14. "Qualifying". Formula1.com. Formula One Administration. 19 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  15. "Race". FIA. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 2015
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2015
Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 2015
Carreira anterior:
Gran Premio de Singapur de 2014
Gran Premio de Singapur Carreira seguinte:
Gran Premio de Singapur de 2016