Gres (cerámica)
Gres (palabra do francés grès, arenito)[1] é o termo xenérico [2] que designa unha pasta cerámica, composta por arxilas, materiais desgraxantes (cuarzos, cinzas...) e fundentes (feldespato, etc.) As súas principais características son a súa dureza e a súa baixa absorción de auga unha vez cocido á súa temperatura de sinterización vítrea.
Con gres pódese fabricar unha certa variedade de produtos como sanitarios, tubos de saneamento, vaixelas, cerámica entre outros, pero sen dúbida o maior campo de aplicación é a produción de pavimentos e revestimentos de baldosas.
Historia
[editar | editar a fonte]O gres (stoneware en inglés) ten a súa orixe ao redor do ano 1400 a. C. entre a dinastía Han e a dinastía Shang (1600 a. C. - 1046 a. C.).[3][4][5][6] En Europa, a produción de gres empezou no século XII en Alemaña, na rexión do Rin.[7] Até o século XIV non se empezou a difundir polo resto de países. Especial acerto nos esmaltes foi desenvolver os vidriados ao sal, para dotalos dunha maior impermeabilidade. En Inglaterra tivo un grande arraigamento e a partir do século XVII desenvolveuse unha industria autónoma en Staffordshire. Ceramistas famosos neste centro foron, John Dwight, e Josiah Wedgwood.
Materias primas
[editar | editar a fonte]As materias primas empregadas para a fabricación de gres divídense en tres categorías: materiais plásticos, materiais fundentes e materiais inertes.
As materias plásticas son minerais arxilosos, principalmente caoliníticos e/ou illíticos, que proporcionan en presenza de auga a suficiente plasticidade para obter, durante a etapa de conformado, unha forma definida e estábel. Quimicamente achegan Al, Si e parte do Ca, Fe e Ti.
As materias fundentes son principalmente feldespatos e feldespatoides que na fase de cocción forman fases vítreas que actúan de ligantes entre as partículas e reducen a porosidade final do produto. Son portadores de Na, K, Al e Si.
As materias inertes son principalmente areas silíceas que permiten un control dimensional das pezas durante a etapa de secado e cocción, así como favorecer a desgasificación das eventuais impurezas (materia orgánica) que puidese haber nas materias primas. Achegan maioritariamente Si.
O gres porcelánico é un tipo de gres cun maior grao de vitrificación, o que lle confire menos porosidade, maior dureza e resistencia. Úsase sobre todo para solos expostos a grandes cambios de temperatura ou auga.
Fabricación
[editar | editar a fonte]Por normal xeral as materias primas utilizadas para a fabricación do gres son materias primas naturais que son sometidas a procesos de lavado e de homoxeneización. Unha vez realizada a primeira mestura das materias procédese á molturación das mesmas, co obxectivo de obter un tamaño de partícula medio acorde co produto que se quere fabricar, aumentando así a superficie específica e diminuíndo o tempo de reacción entre compoñentes durante a etapa de cocción.
Este proceso de molturación pode realizarse vía seca mediante muíños de martelos ou pendulares, ou ben por vía húmida mediante muíños de bólas. Neste caso, impúxose nos últimos anos, acompañar a este proceso cun proceso posterior de secado por atomización, consistente en introducir a barbotina (suspensión resultante do moenda que contén un 30-45% de auga) nun pulverizador que formará finas pingas que entrarán en contacto cunha corrente de aire quente producindo un produto sólido con baixo contido de auga (5-7%).
Finalmente o produto obtido do moenda é sometido a procesos de conformado (por prensado ou extrusión), secado, esmaltado (non necesario en determinados produtos) e cocción que permitirán obter os produtos finais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gres
- ↑ Stoneware Clay Body Formulas - Part 1: The Basics[Ligazón morta]. By Jeff Zamek.
- ↑ "stoneware." Encyclopædia Britannica. 2008. Encyclopædia Britannica Online. 26 Oct. 2008.
- ↑ Li, He. Chinese Ceramics: A New Comprehensive Survey. Rizzoli International Publications, Inc. New York, New York (1996), p. 39.
- ↑ Rhodes, Daniel. Stoneware and Porcelain: The Art of High-Fired Pottery. Chilton Co., Philadelphia, Pennsylvania (1959), p.7.
- ↑ Ibid., p. 8.
- ↑ The Columbia Encyclopedia, Sixth Edition
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gres |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tecnología Cerámica Aplicada, SACMI e ATC, vol I e II, Ed. Faenza Editrice Ibérica, ISBN 84-87683-28-2.
- Pastas y vidriados en fabricación pavimentos y revestimientos cerámicos, Rafael Galindo Renal, Ed. Faenza Editrice Ibérica, ISBN 84-87683-08-8.