Década de -130
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -II | |||||
| |||||
|
139 a.C.
- Artigo principal: -139.
- Primeiras incursións romanas dirixidas por Quinto Servilio Cepión no territorio da Gallaecia. Ataca tamén o territorio dos vacceos.
- Tautalo, sucesor de Viriato, dirixe unha expedición lusitana até Sagunt. Rexeitado polos romanos, invade a Bética.
138 a.C.
- Artigo principal: -138.
Asia
- Zhang Qian comeza as súas exploracións en Asia Central para o emperador chinés Han Wu Di, que se prolongarán até -126.
Mundo mediterráneo
- Atalo III Filométor convértese en rei de Pérgamo ao suceder ó seu tío Atalo II (até -133).
- Fundación da cidade de Valencia.
137 a.C.
- Artigo principal: -137.
- Décimo Xunio Bruto, "O Galaico", leva a cabo unha expedición ó noroeste da Península Ibérica.
136 a.C.
- Artigo principal: -136.
- O confucianismo é adoptado como a relixión do estado na China polo emperador Wu Di.
- Comeza a Primeira Guerra dos Escravos, en Roma, que durará até - 132
135 a.C.
- Artigo principal: -135.
- Décimo Xunio Bruto fai serias incursións en Galiza. Fai fronte ás tribos de Gallaicos na batalla do río Douro, segundo os cronistas romanos esta batalla deixou un balance de 50 000 homes mortos, 6 000 presos e apenas 400 sobreviventes. Tamén avanzou nas súas exploracións até preto das beiras do río Miño
134 a.C.
- Artigo principal: -134.
- Xoán Hircano I convértese en sumo sacerdote e rei de Xudea, logo do asasinato de seu pai Simón Macabeo.
Ciencia e tecnoloxía
- O astrónomo grego Hiparco de Rodas crea a súa escala de magnitude aparente de luminosidade das estrelas visibles. Descobre así a precesión dos equinoccios.
133 a.C.
- Artigo principal: -133.
- Rematan as guerras celtibéricas entre os celtiberos e os romanos, que comezaran no -154. O suceso final foi a caída da cidade de Numancia.
- A cidade panfilia de Perge declárase independente.
- Comeza a rebelión de Aristónico en Pérgamo que ha rematar en -128.
- Declaración da provincia romana de Asia.
132 a.C.
- Artigo principal: -132.
Ciencia e tecnoloxía
- Construción da vía Popilia por parte do cónsul Publio Popilio Lenate. A vía une Rímini con Adria seguindo o litoral.
131 a.C.
- Artigo principal: -131.
- Lucio Valerio Flaco e Publio Licinio Craso Dives Muciano convértense en cónsules da República Romana.
- Cleopatra II expulsa o seu irmán Tolomeo VIII de Alexandría.
130 a.C.
- Artigo principal: -130.
- Pilemenes II sucede a Pilemenes I no reino de Paflagonia.