Saltar ao contido

Dativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O caso dativo aplícase a substantivos e pronomes. Este caso marca normalmente o complemento indirecto, polo que serve para expresar a persoa ou cousa que recibe o dano ou proveito da acción verbal. Así que responde ás preguntas: «a quen?» ou «para quen?», formuladas ao verbo. Por exemplo: o neno escribe unha carta ao seu pai. Pero ademais existen outros usos como o de posesión, por exemplo en latín vulgar e, en menor medida, o latín clásico.

O seu nome vén do latín datiuus, do verbo dare, "dar".

O uso do dativo era común entre as primeiras linguas indoeuropeas e continúa usando en numerosas linguas como as eslavas, as bálticas e as xermánicas, entre outras. Ademais, hai linguas non indoeuropeas que tamén empregan este caso con formas similares. Por exemplo as linguas fino-húngaras, o navaho e o xaponés.

Algunhas das linguas enque se emprega ou se utilizou o dativo son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]