Dalia
Dalia (xénero Dahlia) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dahlia 'Dahlstar Sunset Pink' | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
30 especies, 20.000 variedades |
A dalia é unha planta ornamental pertencente ao xénero Dahlia, un xénero botánico pertencente á familia Asteraceae. De raíz tuberosa, cultívase polas súas flores vistosas. É común na xardinaxe galega.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome orixinal da dalia provén do nahuatl acocoxochitl, que vén de: a-tl (auga), coco-tli (tubo) e xochitl (flor).
O nome xenérico Dahlia, o nome galego, e en xeral de todas as linguas occidentais, vén do botánico sueco Anders Dahl (1751-1789), quen introduciu a planta en Europa.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha herbácea de porte medio, perenne. Cando é adulta, a planta chega a atinxir os 1,50 metros. A mayoría das dalias son plantas herbáceas ou arbustivas, ás veces epífitas ou rubideiras. As herbáceas son anuais, pois a súa follaxe desaparece no inverno, mais as súas raíces tuberosas fican soterradas, de onde agroman novas planta na seguinte estación de choivas. As arbustivas son perennes e polo xeral teñen raíces tuberosas moi desenvolvidas. Os talos son ocos (de aí o nome en náhuatl “Acocoxóchitl”) ou compactos e, as follas son opostas ou verticiladas (orixínanse arredor dun mesmo punto e se distribúen en diferentes direccións), simples a tres veces compostas. A follaxe varía entre láminas enteiras e láminas divididas.
As flores están formadas de varias estruturas (compostas) que en conxunto se denominan cabeciñas: flores liguladas (en forma de lingua) situadas ao exterior, cuxa aparencia é semellante á dun pétalo (brancas, moradas, amarelas ou vermellas); e as tubulares ou flores de disco (amarelas ou moradas), que se asemellan a un prato, ambas as dúas fican dispostas sobre unha base común chamada receptáculo.[1] En conxunto forman o capítulo. Na actualidade, as dalias chamadas duplas incrementaron o número e tamaño de flores liguladas. Os froitos son secos, dunha soa semente e indehiscentem, aquenios de forma oval lanceolada. As follas semellan ser máis diversas entre as especies cás mesmas flores.
Historia
[editar | editar a fonte]É orixinaria do México, onde é moi popular. Os indios precolombianos daquela rexión foron os primeiros a cultivar dalias, aínda no período do imperio Azteca. Contra o final do século XVIII, o director do Xardín Botánico de Madrid encantouse coa flor durante unha visita a México. Foi de abondo para que a dalia atravesase o océano e chegase a Europa, onde se adaptou moi ben ao clima temperado.
Foi o botánico sueco A. Dahl, responsábel da expansión das dalias pola rexión nórdica de Europa, quen inspirou o nome da flor. Os holandeses e os franceses foron os maiores introdutores do cultivo e da produción de innumerábeis especies híbridas de dalias. A inmigración holandesa contribuíu moito á propagación desta flor no Brasil.
Hoxe, grazas ao xurdimento de varios híbridos, podemos encontrar diversos tipos de dalias, o que resulta nunha gran variedade de formas (pompón, bóla, decorativa etc.) e cores (branca, alaranxada, vermella, amarela, pink). Son máis de 3.000 variedades resultantes de cruzamentos con outras especies, coma os crisantemos, por exemplo.
Cultivo
[editar | editar a fonte]A reprodución é por medio de sementes, escallos ou división das raíces tuberosas; esta última forma permite a propagación dun exemplar con características idénticas ás da planta nai. O substrato ideal para o plantío constará de dúas partes de terra común, dúas partes de terra vexetal e unha parte de area. Os solos de Galiza acostuman ser favorábeis para o seu cultivo.
O clima ideal é o temperado. En locais de clima frío precisa dun mínimo 4 horas de sol pleno; en climas quentes, recoméndase o cultivo a media sombra. Respecto das regas, cómpre manter o solo sempre húmido, sen enchoupar. Como coidado especial, necesita protección contra o vento e fertilización orgánica cada tres meses.
A floración produce flores illadas na primavera e no verán, de diferentes cores.
Variedades de dalias
[editar | editar a fonte]- Dahlia "Firebird"
- Dahlia "G.F. Hemerick"
- Dahlia "Garden Wonder"
- Dahlia "Gina Lombaert"
- Dahlia "Glorie Van Naardwijk"
- Dahlia "Glorie Heemstede"
- Dahlia "Glory F. Hemerick"
- Dahlia "Glow"
- Dahlia "Hartenaas"
- Dahlia "Hit Parade"
- Dahlia "House of Orange"
- Dahlia "La Gioconda"
- Dahlia "Lady Linda"
- Dahlia "Lavender perfection"
- Dahlia "Lucky Number"
- Dahlia "Musette"
- Dahlia "Nuit d'été"
- Dahlia "Orange Nugget"
- Dahlia "Orange Wealt"
- Dahlia "Park Princess"
- Dahlia "Patty"
- Dahlia "Pianella"
- Dahlia "Playa blanca"
- Dahlia "Pomponnette"
- Dahlia "Popular Guest"
- Dahlia "Prefere"
- Dahlia "Preference"
-
Dalia rosa posta do sol
-
Dalia moonfire
-
Dalia pom pom
-
Dalia Horst Athalie
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Calderón y Rzedowski,2001).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dalia |