Saltar ao contido

Dalit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A intocabilidade é causa directa da perda do nivel de vida, ou da vida, en moitos estados da India.

Dalit, que quere dicir "oprimido" en sánscrito e "roto/espallado" en hindi/urdú, é un termo para os membros das castas máis baixas da India.[1] O termo é maioritariamente utilizado cos que foron sometidos como intocables.[2] Os dalits foron excluídos do sistema de catro varnas do hinduísmo, pensado neles como un quinto varna, describíndoos como panchama. No presente, os dalits profesan varias crenzas relixiosas ademais do hinduísmo, incluíndo o budismo, o cristianismo e o sikhismo.[3] Ó estar fóra das varnas, ós parias, só se lles permitiu realizar os traballos máis marxinais,[3] como os traballadores do coiro, os xornaleiros sen terra, os artesáns da rúa, os artistas populares, os lavandeiros de roupa e outros.

A diferenza do apartheid ou do racismo, a intocabilidade existe entre individuos cunha mesma cor de pel, etnia ou relixión, e pode darse entre individuos marxinados polas clases superiores. Tradicionalmente eran illados nas súas propias comunidades, até o punto de que as clases superiores evitaban o contacto das súas sombras. A discriminación contra os dalits existe aínda en zonas rurais e na esfera privada. Porén, desapareceu en zonas urbanas e na esfera do público, no relativo á liberdade de movemento e o acceso á educación.[4] A loita institucional contra este fenómeno é manifestamente insuficiente polo profundo arraigo deste concepto na sociedade india.

Se ben a intocabilidade parte de crenzas espirituais e relixiosas que consideran respectar unha determinada "orde natural" do mundo, na práctica xera e mantén un estado de discriminación, marxinación, pobreza, analfabetismo e violencia estruturais e sistémicas, e como en moitas outras exclusións sociais, as mulleres e os nenos son a miúdo os máis prexudicados.[5][6]

  1. Zelliot, Eleanor (2005). From Untouchable to Dalit. India: Manohar. pp. 5–19. ISBN 9788173041433. 
  2. Michael,, S. M. (1999). Untouchable: Dalits in Modern India. Lynne Rienner Publishers. pp. 15–17. ISBN 978-1-55587-697-5. 
  3. 3,0 3,1 «Low-caste hindus adopt new faith», artículo en BBC News. Consultado o 15 de outubro de 2006.
  4. Oliver Mendelsohn e Maria Vicziany: "The untouchables. Subordination, poverty and the State in modern India". Cambridge University Press, 1998.
  5. Wax, Emily (21 de xuño de 2007). The Washington Post, ed. "A 'Broken People' in Booming India". Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  6. Krich, John (26 de febreiro de 2010). The Wall Street Journal, ed. "Words That Touch India's Dalit writers come into their own". Consultado o 20 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]