Saltar ao contido

Daniel Díaz Grandío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Díaz Grandío
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Daniel Díaz Grandío, nado na Coruña en 1981, é un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Afiliado a EQUO dende 2013[1], presentouse ás primarias da Marea Atlántica na lista Onda Verde[2]. Cos resultados das eleccións municipais de 2015 chegaría ao Goberno Municipal da Coruña tras ir como número 9 da candidatura. Foi nomeado Concelleiro de Mobilidade Sostible, deputado pola Deputación da Coruña[3] e voceiro dese mesmo grupo provincial.

Profesionalmente, formouse no ámbito dos estudos territoriais, no Laboratorio de Cartografía da Universidade da Coruña.

Como activista, formou parte da Plataforma pola Mobilidade da Comarca da Coruña[4], colaborando na difusión das políticas de mobilidade sustentable na comarca da Coruña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]