Saltar ao contido

Daniel Diges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Diges

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Alcalá de Henares, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, pianista, compositor, cantante, actor de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Music Group Editar o valor en Wikidata
Participou en
29 de maio de 2010Festival de Eurovisión 2010 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAlejandra Ortiz-Echague Editar o valor en Wikidata

Sitio webdanieldiges.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1284999 Facebook: DanielDiges Twitter: danieldiges BNE: XX4988713 Spotify: 3jZEtSagUxbaVzmUlUkeYe Musicbrainz: a4c06520-9a5f-4c00-b6d6-e10401a1f43c Songkick: 4517443 Discogs: 1818640 Deezer: 565076 Genius: Daniel-diges Editar o valor en Wikidata

Daniel Diges García, nado en Alcalá de Henares (Madrid) o 17 de xaneiro de 1981, é un actor e cantante español. Foi o representante de España no Festival de Eurovisión en 2010.

Deuse a coñecer interpretando a David, Gato, na serie xuvenil de Antena 3 Nada es para siempre, entre 1999 e o 2000.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Tras comezar a súa carreira no teatro, na compañía Teatro Escuela Libre de Alcalá de Henares (TEA), pasou á publicidade. traballou en diferentes series infantís como o Club Megatrix (1995), de onde pasou á serie adolescente Nada es para siempre na cal, ao longo de douscentos setenta e cinco capítulos (1999-2000), interpretou o novo Gato, íntimo amigo do tamén actor adolescente Carlos Castel.

Apareceu en coñecidas series da pequena pantalla como Ana y los siete, Hospital Central ou Aquí no hay quien viva (interpretando a DJ Gayumbo), así como no programa Max Clan (2003-2004), no que interpretaba o papel de Max, o líder dunha estraña tribo urbana.

En 2005 pasou á serie Agitación + IVA e máis tarde ao teatro (2006) onde actuou na obra En tu fiesta me colé, como Colate e en Hoy no me puedo levantar interpretando a Mario. En 2007 participou no musical de Queen 'We will rock you' interpretando a Galileo.

En 2008 protagonizou o musical High School Musical interpretando a Troy. En 2009 e principios de 2010 interpreta o personaxe de Sky en 'Mamma Mia!'.

En novembro de 2010, estréase unha nova versión do musical Los Miserables en Madrid, no que participa Daniel.[1]

Eurovisión 2010

[editar | editar a fonte]

Presentouse como candidato para representar a España no Festival de Eurovisión 2010 co tema "Algo pequeñito", canción composta por Jesús Cañadilla e con arranxos e produción de Alejandro de Pinedo. Quedou entre os dez primeiros nas votacións da web que fixo RTVE, o cal lle dió dereito a participar na final española.[2]

Esta final realizouse en La 1 de TVE, no programa especial Destino Oslo que se celebrou o 22 de febreiro de 2010, e por votación do xurado e do público, gañou a preselección e representou a España o 29 de maio de 2010 en Oslo. A pesar de que un espontáneo (o popularmente coñecido como Jimmy Jump) saltou ao escenario e desluciu a interpretación durante vinte segundos, Diges e os seus bailaríns continuaron coa canción coma se nada ocorrese. Finalmente, a Unión Europea de Radiodifusión pediu desculpas e anunciou que España repetiría a súa actuación tras a última canción da noite. Nas votacións, Diges ocupou o décimo quinto posto con 68 puntos e o voto de 14 países, recibindo un 12 de Portugal e un 8 de Lituania como máximas puntuacións. Máis adiante, ao publicarse os resultados desglosados de xurado e televoto, saberíase que o televoto en solitario situoulle en 12º lugar con 106 puntos, mentres que o xurado en solitario situoulle en 20º lugar con 45 puntos.[3]

Carreira discográfica

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2010 Daniel Diges asinou un contrato coa discográfica Warner para gravar un álbum no estilo dos crooners. O álbum homónimo Daniel Diges, publicado o 18 de maio de 2010, está producido polo compositor e produtor Óscar Gómez e inclúe dúas versións de "Algo pequeñito", cancións compostas polo propio Diges e adaptacións de temas de Billy Joel, Michael Bublé ou Robbie Williams, entre outros.[4]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
  • Daniel Diges (2010)
  • 2010: "Algo Pequeñito"
  • 2010: "Rápido"
  • 2010: "Momentos de Navidad"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
"La noche es para mí"
Soraya Arnelas

España no Festival de Eurovisión

2010
Sucesor:
"Que me quiten lo bailao"
Lucía Pérez