Saltar ao contido

Darío III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDarío III

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Δαρεος
(peo) 𐎭𐎠𐎼𐎹𐎺𐎢𐏁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento380 a. C. Editar o valor en Wikidata
Persia, Imperio Aqueménida Editar o valor en Wikidata
Morte330 a. C. Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Bactria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPersépole Editar o valor en Wikidata
Faraón
336 a. C. – 332 a. C.
← Artaxerxes IVAlexandre o Grande →
Xa
336 a. C. – 330 a. C.
← Artaxerxes IVArtaxerxes V →
Sátrapa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónZoroastrismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigo Exipto, ancient Persia (en) Traducir, A Baixa Época e XXXI dinastia egípcia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloSatrap of Armenia (en) Traducir (362 a. C.–336 a. C.) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía aqueménida Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEstatira
Abandokht Editar o valor en Wikidata
FillosOco
 () Estatira
Ariobarzanes
 ()
Estatira
 () Estatira
Dripetis
 () Estatira Editar o valor en Wikidata
PaisArsames Editar o valor en Wikidata  e Sisigambis Editar o valor en Wikidata
IrmánsEstatira
Oxyathres of Persia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Darío III (cerca do centro) loitando contra Alexandre o Grande (á esquerda) na batalla de Issos

Darío III Codomano (en persa moderno داریوش Dāriyūsch, en persa antigo Dārayavahusch o Dārayavausch), nado circa 380 a.C. e finado en 330 a.C., foi o último rei persa da dinastía aqueménida (336-330 a.C.).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No ano 338 a.C. o eunuco Bagoas, xefe da garda real, envelenou ao rei Artaxerxes III, e promoveu o ascenso de Arsés, fillo de Artaxerxes. Con todo, ante o risco de que Arsés puidese eliminalo, envelenou a Arsés a principios do ano 336 a.C., e intentou instalar no trono a un novo monarca que lle resultase máis fácil de controlar. Elixiu para este fin a Darío, membro relativamente afastado da dinastía real, que se distinguiu en combate de campións durante a guerra contra os cadusios (cadusii) do noroeste de Irán (Xustino, 10.3; Diodoro, 17.6. 1-2), e que servía nese momento como mensaxeiro real (Plutarco, Vida de Alexandre, 18.7-8).

Darío era fillo de Arsames, fillo á súa vez de Ostanes (irmán de Artaxerxes), e de Sisigambis, filla de Artaxerxes II Memnón; o apelativo Codomano parece ser unha forma adaptada ao grego do seu verdadeiro nome, antes de adoptar o de Darío, para así evocar a Darío I e gañar lexitimidade sobre o trono. O novo rei pronto demostrou ser máis independente e capacitado do esperado por Bagoas, que intentou recorrer de novo ao veleno para eliminar ao rei persa. Con todo, esta vez non tivo éxito, xa que Darío, prevido das intencións de Bagoas, ordenoulle beber da copa envelenada que este lle ofrecía (Diodoro 17.5.6).

Primeiros anos de reinado

[editar | editar a fonte]

O novo rei tratou de afirmar o seu control sobre un imperio inestábel, no cal moitos dos seus territorios eran gobernados por sátrapas celosos das súas prerrogativas e pouco leais, e poboados por súbditos descontentos e sempre dispostos á rebelión. Tratou de afirmar o poderío persa cara ao exterior mediante a conquista de Exipto (-334), tras unha campaña militar que debía demostrar o rexurdimento do poder aqueménida, aínda que resultou ser a última conquista do imperio persa como tal.

Respecto ao panorama exterior, houbo de prepararse ante a ameaza que supoñía o rei Filipo II de Macedonia. No ano -336 Filipo fora nomeado Hexemón pola Liga de Corinto para comandar o exército greco-macedonio na guerra panhelénica de vinganza contra o Imperio persa, pola destrución e o incendio dos templos da Acrópole ateniense durante a Segunda Guerra Médica. Filipo destacou un exército cara a Asia Menor, baixo o mando dos seus xenerais Parmenión e Átalo, para liberar as cidades gregas que estaban baixo o control persa, ocupando tras diversos contratempos a Tróade ata o río Meandro. Con todo, o asasinato de Filipo detivo a campaña, mentres o seu sucesor intentaba facerse co control de Macedonia e do resto de Grecia.

A guerra con Alexandre

[editar | editar a fonte]

En abril do ano -334, Alexandre III de Macedonia, que fora confirmado como Hexemón pola Liga de Corinto, invadiu Asia Menor á cabeza dun exército conxunto greco-macedonio. Tras desembarcar na Tróade, tomou varias cidades e aldeas da costa exea (Lampsaco entre elas). Un exército persa duns 50.000 efectivos, ao mando de Memnón de Rodas, plantou cara ao rei macedonio, sendo derrotando na batalla do Gránico. Tras esta vitoria, as forzas greco-macedonias avanzaron pola costa mediterránea en dirección ás Portas Cilicias. Ante este avance, en -333 o propio Darío asumiu o mando dos exércitos persas para loitar contra o rei macedonio, pero o seu numeroso exército foi amplamente superado e derrotado na batalla de Issos (12 de novembro de -333). Darío fuxiu cando comprobou que a batalla estaba perdida, deixando atrás o seu carro, o campamento persa e á súa propia familia, todo o cal foi capturado por Alexandre, quen tratou con respecto aos prisioneiros reais.

A familia de Darios diante de Alexandre, Justus Sustermans, Biblioteca Museu Víctor Balaguer

O exército macedonio dirixiuse entón cara ao sur, para conquistar Canaán e Exipto, e asegurar así a súa retagarda antes de marchar cara ao corazón do Imperio persa. Darío enviou varias mensaxes sen éxito a Alexandre, nas cales chegou a solicitar a devolución da súa familia a cambio dun rescate, e a ofrecer ao rei macedonio a posesión dos territorios situados ao oeste do Éufrates para así finalizar a contenda. A negativa de Alexandre obrigou a Darío a realizar unha leva xeral en todas as satrapías do Imperio que aínda controlaba. Reuniu así un numeroso exército, que incluía continxentes de numerosos pobos sometidos (bactrianos, sogdianos, escitas, partos, árabes, armenios, medos, indios etc.), e que algúns autores clásicos estimaron nun millón de infantes, cen mil xinetes, douscentos carros con fouces afiadas nas rodas, e quince elefantes de guerra. Darío concentrou o seu exército en Babilonia, e ao ver o resolto avance de Alexandre desde Exipto, seleccionou coidadosamente en Mesopotamia o campo de batalla, escollendo para tal fin a chaira de Gaugamela, cen quilómetros ao oeste da cidade de Arbela (a actual Arbil, en Iraq), para non cometer o mesmo erro que en Issos, onde a estreiteza do campo fora un inconveniente crucial na súa derrota.

Alexandre chegou ás inmediacións da chaira a finais de setembro de -331, cun exército de 40.000 infantes e 7.000 xinetes, situando o seu campamento a 10 km do campamento persa. Pouco antes de estalar o combate, Estatira, esposa e irmá de Darío, faleceu durante o parto do fillo que esperaba (Plutarco, Vida de Alexandre, 21.2-5).

Derrota e morte

[editar | editar a fonte]

A batalla de Gaugamela finalizou cunha gran derrota dos persas, ante a cal Darío emprendeu a fuxida de novo, dirixíndose a Arbela e máis tarde a Ecbatana, a capital de Media. Alexandre ocupou as cidades de Babilonia e Susa, antes de emprender a persecución de Darío para impedirlle reunir un novo exército nas satrapías máis orientais. Xa que logo Darío fuxiu de novo cara a Hircania, unha satrapía situada ao sur do Caspio, e desde alí tratou de dirixirse a Bactra, a capital de Bactriana, perseguido de preto polo exército macedonio.

Con todo, ao ver que Alexandre estaba decidido a capturar a Darío, un grupo de nobres, entre os que se atopaban os sátrapas Besos, Barsaentes e Nabarzanes, tomaron a Darío como refén, para así poder pactar con Alexandre e, ao entregalo, obter do rei macedonio a independencia das satrapías orientais que gobernaban. Decatado Alexandre destes sucesos por un grupo de persas fuxitivos, emprendeu unha rápida marcha para chegar ata Darío (mediados de xullo de -330), pero pouco antes de chegar ao campamento dos sátrapas insurxentes, estes apuñalaron a Darío ao ter coñecemento da súa chegada, e emprenderon a fuxida. Darío só sobreviviu uns instantes, agradecendo o socorro que lle brindou un destacamento macedonio. Cóntase que Alexandre, ao ver o cadáver de Darío, chorou e cubriuno co seu manto, dicindo: "Non era isto o que eu pretendía".

Alexandre proseguiu a conquista do imperio persa, agora con Besos como o seu rival (quen se autoproclamara emperador de Persia co nome de Artaxerxes V) e coa escusa de vingar a morte de Darío. No entanto, o seu duelo por Darío foi sincero: ordenou o traslado do seu corpo a Ecbatana fortemente custodiado, onde foi embalsamado e entregado á súa nai para que oficiase os funerais polo seu fillo en Persépole. Igualmente, unha vez que Alexandre capturou a Besos, mandou condenalo e executalo segundo as leis persas polo asasinato do seu soberano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Prevas, John. Envy of the Gods: Alexander the Great's Ill-fated Journey across Asia. Da Capo Press, 2004.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Imperio Persa

Segue a:
Artaxerxes IV
Darío III
Precede a:
Alexandre o Grande
Dinastía Aqueménida