Saltar ao contido

Ancash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Departamento de Ancash»)
Modelo:Xeografía políticaAncash
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°32′S 77°32′O / -9.53, -77.53
EstadoPerú Editar o valor en Wikidata
CapitalHuaraz Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Aija (pt) Traducir
Antonio Raimondi (pt) Traducir
Assunção (pt) Traducir
Bolognesi (pt) Traducir
Carhuaz (pt) Traducir
Carlos Fermín Fitzcarrald (pt) Traducir
Casma (pt) Traducir
Corongo (pt) Traducir
Huaraz (pt) Traducir
Huari (pt) Traducir
Huarmey (pt) Traducir
Huaylas (pt) Traducir
Mariscal Luzuriaga (pt) Traducir
Ocros (pt) Traducir
Pallasca (pt) Traducir
Pomabamba (pt) Traducir
Recuay (pt) Traducir
Santa (pt) Traducir
Sihuas (pt) Traducir
Yungay (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.083.519 (2017) Editar o valor en Wikidata (30,19 hab./km²)
Lingua usadaHuaylas Quechua (en) Traducir
Cajatambo North Lima Quechua (en) Traducir
Corongo Ancash Quechua (en) Traducir
Southern Conchucos Ancash Quechua (en) Traducir
Chiquián Ancash Quechua (en) Traducir
Northern Conchucos Ancash Quechua (en) Traducir
Sihuas Ancash Quechua (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie35.889,91 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Liberdade (pt) Traducir
Huánuco (pt) Traducir
Lima (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Huaylas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoWaldo Rios (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PE-ANC Editar o valor en Wikidata

Ancash ou Áncash é unha das 25 rexións do Perú. A súa capital é a cidade de Huaraz, mentres que a cidade máis desenvolvida é Chimbote.

Atópase na parte central e occidental do país. Limita co océano Pacífico polo oeste, polo norte co departamento de La Libertad, polo leste con Huánuco e polo sur con Lima. Abrangue gran parte da costa norte na súa parte occidental e unha gran sección da cordilleira dos Andes. Cunha poboación estimada no ano 2011 de 1 122 792 de habitantes, ten unha superficie de 36 mil km² que representa o 2,8% do territorio nacional.

No plano xeográfico, dentro do departamento diferéncianse claramente dous tipos de paisaxes: a chaira costeira árida que domina toda a zona occidental da rexión cun ancho máximo medio de 15 km; e as zonas montañosas que ocupan o 72 % do territorio departamental, comprendendo os accidentes xeográficos das cordilleiras Blanca, Negra, Huallanca, Huayhuash e o Canón do Marañón que debido á súa situación na divisoria de augas continental, dan orixe a ríos moi importantes como o Santa e o Pativilca que desembocan no océano Pacífico, e o Marañón, afluente do Amazonas que desembocará no Atlántico.

A historia de Áncash está vinculada ás tradicións culturais máis temperás do Antigo Perú, desde o desenvolvementos das tradicións líticas do Arcaico polo 13 000 a.C, co home da Cova de El Guitarrero, até a influencia da civilización caral-supe, ademais de ter sido seo da chavín que posteriormente influíu nas culturas recuay e wari, para finalmente pertencer ao Tahuantinsuyo até a chegada dos colonizadores españois que aproveitaron o seu gran potencial mineiro e marítimo.

Áncash conta cun rico patrimonio histórico e natural, entre os que destacan os dous xacementos arqueolóxicos preincas Chavín de Huantar e Sechín, e as 340.000 hectáreas dedicadas a espazos naturais protexidos no Parque Nacional Huascarán e a Zona Reservada da Cordilleira de Huayhuash que se emprazan na serra departamental.

O departamento é a quinta economía do país por achegar ao Valor Agregado Bruto nacional un 3,5%. A importancia relativa da rexión no país é maior no caso dos sectores mineiro e pesqueiro. O 47,8% da poboación traballa no sector terciario, seguido do 37% no sector primario, e o 15,2% restante no sector secundario.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Áncash aparece como topónimo rexional por decisión do entón presidente Agustín Gamarra, quen participou na Batalla de Yungay (20 de xaneiro de 1839) no lado do exército chileno peruano, dirixido por Bulnes. Gamarra decretou o cambio de nome do daquelas departamento de Huaylas polo de Departamento de Ancachs o 28 de febreiro do mesmo ano; simultaneamente decretou cambiar de nome tamén a Yungay como vila de Ancachs.[2] Similarmente, en Chile hai unha poboación chamada Yungay denominada así a causa do mesmo episodio.

A quebrada de Ancash é unha corrente pequena de auga, próxima ao cerro de Pan de Azúcar, onde se desenvolveu o enfrontamento bélico que puxo fin á primeira invasión chilena ou Guerra da Confederación. Os naturais chámana Ankash raqra. No quechua ancashino existen as palabras anqash ('azul') e ankash (livián, lixeiro)[3]

Provincias

[editar | editar a fonte]
Capitais entre parénteses
  1. Aija (Aija)
  2. Antonio Raimondi (Llamellín)
  3. Asunción (Chacas)
  4. Bolognesi (Chiquián)
  5. Carhuaz (Carhuaz)
  6. Carlos Fermín Fitzcarrald (San Luis)
  7. Casma (Casma)
  8. Corongo (Corongo)
  9. Huaraz (Huaraz)
  10. Huari (Huari)
  11. Huarmey (Huarmey)
  12. Huaylas (Caraz)
  13. Mariscal Luzuriaga (Piscobamba)
  14. Ocros (Ocros)
  15. Pallasca (Cabana)
  16. Pomabamba (Pomabamba)
  17. Recuay (Recuay)
  18. Santa (Chimbote)
  19. Sihuas (Sihuas)
  20. Yungay (Yungay)

  1. Banco Central de Reserva del Perú. "Caracterización del departamento de Áncash." (PDF). Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  2. Congreso Peruano. "Decreto para que el departamento de Huaylas sea denominado Ancachs" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2007. Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  3. «Diccionario quechua Ancash-Huaylas»(1976) editado polo Ministerio de Educación

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]