Saltar ao contido

Huaraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHuaraz
Imaxe

Localización
Mapa
 9°32′S 77°32′O / -9.53, -77.53
EstadoPerú
RexiónAncash Editar o valor en Wikidata
Capital de
Huaraz (pt) Traducir
Ancash
Huaraz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación118.836 (2017) Editar o valor en Wikidata (321,15 hab./km²)
Xeografía
Superficie370,03 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porSanta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude3.052 m Editar o valor en Wikidata
Creación20 de xaneiro de 1574 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico43 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmunihuaraz.gob.pe Editar o valor en Wikidata

Huaraz, fundada como San Sebastián de Huaraz, é unha cidade peruana, capital da provincia homónima e do departamento de Ancash. A zona metropolitana que abrangue parte dos distritos de Huaraz e Independencia atópase na parte central do Callejón de Huaylas e á marxe dereita do río Santa a 3.052 msnm; conta cunha extensión de 8 km² e unha poboación de 131.377 habitantes en 2011, o que fai que sexa a segunda cidade da rexión por poboación, e a segunda máis importante dos andes centrais do Perú, despois da cidade de Huancayo. Popularmente Huaraz é coñecida como a Suíza peruana,[1] por estar arrodeada de impoñentes montañas nevadas da Cordilleira Branca.

As orixes da cidade remóntanse á época pre inca, co desenvolvemento dos primeiros asentamentos humanos arredor dos ríos Quilcay e Santa. A súa fundación española produciuse en 1574 como redución de indios.[2] Durante a independencia do Perú, a cidade acolleu e abasteceu o exército libertador con equipos e materiais militares, ganándose así o apelativo emblemático de "A moi nobre e xenerosa cidade de Huaraz" dada polo libertador Simón Bolívar. En 1970 o 95% da cidade ficou destruído polo terremoto que asolou a rexión Áncash no que faleceron aproximadamente 20.000 huaracinos.

A actividade económica huaracina baséase na agricultura, o comercio e o turismo, con gran presenza deste último pois concentra a maior porcentaxe de infraestrutura turística da serra ancashina; sendo o punto de chegada para practicantes de deportes de aventura e de alta montaña nos nevados da Cordilleira Branca, así como os percorridos cara ao complexo arqueolóxico de Chavín de Huántar e toda a Serra Oriental de Ancash.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome da cidade provén do vocábulo quechua "Waraq" que significa "Amencer", xa que os poboadores prehispánicos da zona tiñan como unha das súas principais deidades a "waraq quyllur" (estrela do amencer), sendo esta o planeta Venus.

  1. RPP Noticias (22 de xuño de 2009). RPP Noticias, ed. "Huaraz: La Suiza peruana". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  2. "Evolución histórica de Huaraz.". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]