Dimitris Koutsoumpas
Nome orixinal | (el) Δημήτρης Κουτσούμπας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de agosto de 1955 (69 anos) Lamía, Grecia (pt) |
Deputado do Parlamento Helénico Partido Comunista da Grécia (pt) | |
25 de xaneiro de 2015 – Lexislatura: 17th Hellenic Parliament (en) Circunscrición electoral: Atenas B | |
Secretario Xeral Partido Comunista da Grécia (pt) | |
14 de abril de 2013 – ← Aleka Papariga (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Atenas - xurisprudencia |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Comunista da Grécia (pt) |
Dimitris Koutsoumpas (Grego:Δημήτρης Κουτσούμπας), nado o 10 de agosto de 1955 en Lamia, é un político grego, secretario xeral do Partido Comunista de Grecia desde o 14 de abril de 2013.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun miilitante comunista e membro da resistencia contra os nazis que estivera exiliado durante oito anos.[2] Koutsoumpas estudou dereito na Universidade de Atenas e foi membro das Xuventudes Comunistas de Grecia. Participou na sublevación de Escola Politécnica da Atenas contra o Réxime dos Coroneis en novembro de 1973.[2] En 1987 entrou por primeira volta no Comité Central do Partido Comunista de Grecia e en 1996 no seu politburo.[2] No mesmo ano converteuse en director de Rizospastis, o diario oficial do PCG. Foi candidato nas eleccións parlamentarias de 2000 e 2007 sen resultar elixido.[3][4]
No XIX Congreso do Partido Comunista, o 14 de abril de 2013, resultou elixido secretario xeral do partido, sucedento a Aleka Papariga. Nas eleccións parlamentarias de xaneiro de 2015 entrou no Parlamento como deputado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ in.gr, ed. (14 de abril de 2013). Νέος γραμματέας του ΚΚΕ ο Δημήτρης Κουτσούμπας.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Βιογραφικό Κουτσούμπα". Kathimerini. 14 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 30 de agosto de 2015.
- ↑ "Εκλογές 2000". Rizospastis. 9 de marzo de 2000.
- ↑ "Εκλογές 2007". Rizospastis. 26 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 21/02/2014. Consultado o 23/08/2018.