Saltar ao contido

Emiliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmiliano

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Aemilianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Marcus Aemilius Aemilianus Editar o valor en Wikidata
207 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Xerba, Tunisia Editar o valor en Wikidata
Morte253 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Spoleto, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
agosto de 253 – outubro de 253
← Treboniano GaloValeriano →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCornélia Supera Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata

Marco Emilio Emiliano (en latín, Marcus Aemilus Aemilianus)[a] nado, posiblemente, no 207 ou no 214 e finado en outubro do 253, foi un emperador romano que gobernou só tres meses durante o ano 253.[1][2] Naceu na illa de Xerba, na daquela provincia Mauritania (actual Tunisia). Pouco se sabe da súa vida. Foi cónsul e gobernador de Panonia e Moesia. Estivo casado con Gaia Cornelia Supera e non se sabe moito máis da súa vida persoal.

A súa suba ao trono

[editar | editar a fonte]
Antoniniano co busto de Cornelia Supra, esposa de Emiliano

A paz vergoñenta que acordara cos godos o emperador Treboniano Galo non sentou nada ben no seo do exército. O rei Gniva, quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, ostrogodos e visigodos, tentou de que lle subisen a súa contribución en ouro, esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exército a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e venceuno, volvendo os godos máis aló do Danubio, recuperando grandes cantidades de botín e liberando a miles de cidadáns romanos capturados.[3]

Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.

O emperador, quen se atopaba en Roma, ao saber deste nomeamento, e, a pesar de que o exército de Emiliano era moi superior, saíu para combatelo, enviando unha mensaxe ao comandante das tropas do Rhin, Valeriano, para que acudise a se xuntar con el para combater esta sublevación. Pero as tropas de Treboniano Galo e Emiliano se atoparon antes, e os lexionarios, ante a superioridade das de Emiliano, mataron o emperador Treboniano Galo e ao seu fillo Hostiliano, para se xuntar coas novas tropas e volver a Roma.

Ao chegar a Roma, o Senado recoñeceu ao novo Emperador. Pero Valeriano, que se puxera en marcha cara a Italia, non recoñeceu este nomeamento, e continuou o seu avance. De novo repetiuse a historia, xa que as tropas de Emiliano, ao ver a superioridade das de Valeriano, matan a Emiliano, rematando o seu reinado en pouco mais de 80 días, polo que poucas cousas se saben do seu goberno.

Valeriano entrou en Roma a finais do 253, sendo recoñecido inmediatamente como novo emperador, xa que ademais era de familia senatorial.

Segundo fontes antigas, Emiliano exerceu o seu breve mandato de forma moderada e mantivo boas relacións co Senado. Os autores antigos xa o consideraban un emperador de transición dende a época dos emperadores soldados. Eutropio coméntao:[b] «Emiliano procede dunha familia sen importancia, o seu reinado foi aínda menos importante e no seu terceiro mes foi asasinado».

  1. Nas moedas pararece con nomes: Marco Emiliano, Caio Emiliano e Xulio Emiliano.
  2. Eutropio, Breviarium ab urbe condita IX, 6: Aemilianus obscurissime natus obscurius imperavit ac tertio mense extinctus est..
Referencias
  1. Maas (2012), p. LXXV.
  2. Kulikowski & (2016), p. 480.
  3. Zósimo, século VI

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kulikowski, Michael (2016). Imperial Triumph: The Roman World from Hadrian to Constantine (AD 138–363) (en inglés). Londres: Profile. ISBN 9781847654373. 
  • Maas, Michael (2012). Readings in Late Antiquity: A Sourcebook (en inglés). Abingdon-on-Thames: Routledge. ISBN 9781136617034. 
Imperio Romano

Segue a:
Treboniano Galo
Emiliano
Precede a:
Valeriano
Crise do século III