Saltar ao contido

Emilio Salgari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Salgari

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Emilio Carlo Giuseppe Maria Salgàri Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Emilio Carlo Giuseppe Maria Salgari Editar o valor en Wikidata
21 de agosto de 1862 Editar o valor en Wikidata
Verona (Reino Lombardo-Vêneto) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 1911 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Turín, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, acoitelamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Monumental de Verona (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ107986776 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRomance de aventura (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, novelista, prosista, escritor de literatura infantil, guionista, escritor de ciencia ficción, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1883 Editar o valor en Wikidata - 1911 Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioGuido Altieri
S. Romero
Ammiragliador
A. Permini
Guido Landucci
Enrico Bertolini
Emilius Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0758215 Allocine: 143689 Allmovie: p314506
Galiciana: 63254 BNE: XX951715 Bitraga: 2380 Musicbrainz: 536b8195-034b-45d3-a47e-ed25230a781c Discogs: 3780448 Find a Grave: 32261221 Editar o valor en Wikidata

Emilio Salgari, nado en Verona o 21 de agosto de 1862 e finado en Turín o 25 de abril de 1911, foi un escritor e xornalista italiano. Escribiu principalmente novelas de aventuras, ambientadas en lugares variados como Malaisia, o mar Caribe, a selva india, o deserto e a selva africana, o oeste dos Estados Unidos, as selvas de Australia ou os mares árticos. Entre os personaxes creados por este autor destaca o pirata Sandokán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emilio Salgari naceu nunha familia de pequenos comerciantes. En 1878 comezou os estudos no Real Instituto Técnico Naval Paolo Sarpi de Venecia, pero non chegou a obter o título de capitán de gran cabotaxe. A súa formación como mariño foron unhas viaxes de aprendizaxe nun navío escola e unha travesía no mercante Italia Una durante tres meses polo mar Adriático, atracando no peirao de Brindisi.

A súa primeira publicación foi o relato breve I selvaggi della Papuasia, que apareceu por entregas no periódico de Milán La Valigia desde xullo de 1883. Nese mesmo ano o periódico veronés La Nuova Arena iniciou a publicación da súa primeira novela, Tay-See. En outubro do mesmo ano comezou a publicarse La Tigre della Malesia, primeira versión da novela inaugural do ciclo de Sandokán. A súa primeira novela publicada de forma independente foi La favorita del Mahdi, en 1887.

Grazas ao éxito das súas obras foi contratado como redactor fixo en La Nuova Arena, permanecendo até 1893. Nesa época tivo un conflito co xornalista Giuseppe Biasioli: logo de que este lle chamase «mozo» nun artigo, Salgari desafiouno a un duelo, tralo cal Biasioli foi hospitalizado e Salgari pasou seis meses no cárcere.

En 1889 suicidouse o seu pai. O propio escritor faleceu do mesmo modo 22 anos despois, ao igual que os seus fillos Romero (en 1931) e Omar (1963). En xaneiro de 1892 o autor casou coa actriz de teatro Ida Peruzzi. Nese mesmo ano naceu a primeira filla do matrimonio, Fatima, á que seguiron Nadir (1894), Romero (1898) e Omar (1900). Tamén en 1892 Salgari marchou vivir a Turín, onde traballou para a editorial Speirani, especializada en novelas xuvenís.

En 1898 o editor Donath convenceu a Salgari para que se mudase a Genova, onde coñeceu ao que sería o máis destacado ilustrador da súa obra, Giuseppe «Pipein» Gamba. En 1900 regresou a Turín. En 1907 cesou o seu contrato con Donath e pasou a traballar para a editorial Bemporad, para a cal escribiu 19 novelas. O seu éxito entre o público xuvenil foi medrando, chegando algunhas das súas novelas a acadar tiradas de 100.000 exemplares.

As circunstancias económicas da familia foron facéndose cada vez máis difíciles, malia o traballo incansable de Salgari para manter un respectable decoro burgués. O seu desequilibrio psíquico e a loucura da súa esposa, internada no psiquiátrico de Collegno, levárono ao suicidio. Logo dun intento errado en 1909, matouse abríndose o ventre cun coitelo seguindo o rito xaponés do seppuku. Deixou escritas tres cartas: aos fillos, aos editores e aos directores da prensa de Turín.

Segundo o seu biógrafo Felice Pozzo, Salgari escribiu 84 novelas e un gran número de relatos curtos. A maior parte son novelas de aventuras ambientadas en lugares exóticos, aínda que cultivou tamén a ciencia ficción, coa atípica novela Le meraviglie del Duemila (1907). Algunhas das súas obras están relacionadas entre si, constituíndo extensos ciclos narrativos protagonizados polos mesmos personaxes.

Ciclo Piratas de Malaisia

[editar | editar a fonte]

O protagonista deste ciclo de 11 novelas, o máis extenso de Salgari, é o pirata Sandokán, alcumado «o tigre de Malaisia», un príncipe de Borneo desposuído do trono polo colonialismo británico. Os seus principais inimigos son os británicos (especialmente o «raxá branco» de Sarawak, James Brooke, personaxe que existiu realmente). Destaca esta visión nunha época en que a narrativa occidental glorificaba o colonialismo, como por exemplo a obra de H. Rider Haggard.

  • I misteri della jungla nera (1895)
  • Le due tigri (1904)
  • Il re del mare (1906)
  • Alla conquista di un impero (1907)
  • Sandokan alla riscossa (1907)
  • La riconquista del Mompracem (1908)
  • Il bramino dell'Assam (1911)
  • La caduta di un impero (1911)
  • La rivincita di Yanez (1913)

Ciclo Piratas das Antillas

[editar | editar a fonte]

Este ciclo está constituído por cinco novelas. A acción desenvólvese no mar Caribe durante o século XVII, época de esplendor da piratería. O protagonista principal é o Corsario Negro, Emilio di Roccabruna, señor de Ventimiglia, un nobre italiano que adopta a piratería como método de vinganza contra o flamengo Wan Guld, gobernador de Maracaibo, que asasinara a un dos seus irmáns. Inicialmente o Corsario Negro loita xunto aos seus outros dous irmáns, o Corsario Verde e o Corsario Vermello, que terminan sendo aforcados polo seu adversario.

O Corsario Negro, como ocorre con frecuencia nas novelas de Salgari, namora da filla do seu inimigo, Honorata de Wan Guld, coa que ten un breve idilio. Froito do seu matrimonio nace Iolanda, protagonista da terceira novela xunto co antigo lugartenente do corsario, Morgan. Nos dous últimos títulos toma o relevo como protagonista Enrico di Ventimiglia, fillo do Corsario Vermello.

  • Il Corsaro Nero (1898; traducida ao galego por Silvia Gaspar como O corsario negro)
  • La regina dei Caraibi (1901)
  • La figlia del Corsaro Nero (1905)
  • Il figlio del Corsaro Rosso (1908)
  • Gli ultimi filibustieri (1908)

Ciclo Piratas das Bermudas

[editar | editar a fonte]
  • ''I corsari delle Bermude (1909)
  • La crociera della Tuonante (1910)
  • Straordinarie avventure di Testa di Pietra (1911)

Ciclo Aventuras no Far-West

[editar | editar a fonte]
  • Sulle frontiere del Far-West (1908)
  • La scotennatrice (1909)
  • Le selve ardenti (1910)

Ciclos menores

[editar | editar a fonte]
Il tesoro del presidente del Paraguay
  • Capitan Tempesta (1905)
  • Il leone di Damasco (1910)
  • Le stragi delle Filippine (1897)
  • Il Fiore delle Perle (1901)
  • I figli dell'aria (1904)
  • Il re dell'aria (1907)
  • Il tesoro del presidente del Paraguay (1894)
  • Il continente misterioso (1894)

Novelas independentes

[editar | editar a fonte]
  • ''La favorita del Mahdi (1887)
  • Duemila leghe sotto l'America (1888)
  • La scimitarra di Budda (1892
  • I pescatori di balene (1894)
  • Le novelle marinaresche di Mastro Catrame (1894)
  • Un dramma nell'Oceano Pacífico (1895)
  • Il re della montagna (1895)
  • I naufraghi del Poplador (1895)
  • Al Polo Australe in velocipede (1895)
  • Nel paese dei ghiacci (1896)
  • I drammi della schiavitù (1896)
  • Il re della Prateria (1896)
  • Attraverso l'Atlantico in pallone (1896)
  • I naufragatori dell'Oregon (1896)
  • I Robinson italiani (1896)
  • I pescatori di Trepang (1896)
  • Il capitano della Djumna (1897)
  • La rosa del Dong-Giang (1897)
  • La città dell'Oro (1898)
  • La Costa d'Avorio (1898)
  • Al Polo Nord (1898)
  • La capitana del Yucatan (1899)
  • Le caverne dei diamanti (1899)
  • Le avventure di un marinaio in Africa (1899)
  • Il figlio del cacciatore d'orsi (1899)
  • Gli orrori della Siberia (1900)
  • I minatori dell'Alaska (1900)
  • Gli scorridori del mare (1900)
  • Avventure fra le pellirosse (1900)
  • La Stella Polare e il suo viaggio avventuroso (1901)
  • Le stragi della China (1901)
  • La montagna d'oro (1901)
  • I naviganti della Meloria (1902)
  • La montagna di luce (1902)
  • La giraffa bianca (1902)
  • I predoni del Sahara (1903)
  • Le pantere di Algeri (1903)
  • Sul mare delle perle (1903)
  • L'uomo di fuoco (1904)
  • I solitari dell'Oceano (1904)
  • La città del re lebbroso (1904)
  • La gemma del fiume rosso (1904)
  • L'eroina di Port Arthur (1904)
  • Le grandi pesche nei mari australi (1904)
  • La sovrana del campo d'oro (1905)
  • La perla sanguinosa (1905)
  • Le figlie dei Faraoni (1905)
  • La stella dell'Araucania (1906)
  • Le meraviglie del Duemila (1907)
  • Il tesoro della montagna azzurra (1907)
  • Le aquile della steppa (1907)
  • Sull'Atlante (1907)
  • Cartagine in fiamme (1908)
  • Una sfida al Polo (1909)
  • La Bohème italiana (1909)
  • Storie rosse (1910)
  • I briganti del Riff (1911)
  • I predoni del gran deserto (1911)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]