Eco de Galicia
Eco de Galicia Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba | |
---|---|
Número 77 (29 de decembro de 1918) | |
Fundación | 1917 |
Remata | xuño de 1936 |
Director | Manuel Fernández Doallo Mercedes Vieito |
Fundador | Manuel Fernández Doallo |
Colaboradores | Roberto Blanco Torres, Victoriano Taibo, Xosé Filgueira Valverde, |
Lingua | castelán e galego |
Localidade | A Habana |
Ámbito | (Cuba) |
Periodicidade | semanal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eco de Galicia foi un semanario ilustrado bilingüe publicado na Habana entre 1917 e xuño de 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Tivo os subtítulos de Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba ou de Revista gráfica y de información regional e, de xeito circunstancial, os de Revista Ilustrada, Revista ilustrada y de información ou Revista ilustrada y de información regional. Fundado por Manuel Fernández Doallo, na dirección figuraron Manuel Gondell Linares, o propio Manuel Fernández Doallo e Mercedes Vieito; os directores literarios foron Faustino López Méndez e Hilario Ramón Alonso. Juan Joaquín Otero foi xefe de redacción (1919-1920). Entre os seus colaboradores figuraban Mercedes Vieito, Xosé Lesta Meis, Roberto Blanco Torres, Victoriano Taibo, Xosé Filgueira Valverde, Xosé Otero Espasandín, Xavier Bóveda, Andrés Muruais, Ramón Armada Teixeiro, Abdón Rodríguez Santos e Xesús Golmar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eco de Galicia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eco de Galicia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Eco de Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro. pp. 45–47. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 155. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Eco de Galicia no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.
- Edición facsímile dos anos 1917-1918 do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.