Saltar ao contido

Edicións Laiovento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edicións Laiovento
TipoEditora
Fundación1990
FundadorXosé Manuel Beiras
Manuel González Millares
Xesús Couceiro
Afonso Ribas Fraga
Pepe Carreiro
Francisco Pillado.
Na rede
https://laiovento.gal/
Facebook: laiovento Twitter: laiovento Instagram: laiovento Youtube: UCu66Q-G6LuEWWRcvk1xHCQg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edicións Laiovento é unha editorial galega rexistrada en Santiago de Compostela. Ten un repertorio máis de 500 libros. Aínda que é unha editora na que o ensaio ten un peso considerábel, as súas publicacións van desde a narrativa á poesía, pasando polo teatro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Edicións Laiovento naceu como empresa editorial o 19 de decembro de 1990. Os seus fundadores foron Xosé Manuel Beiras, Manuel González Millares, Xesús Couceiro, Afonso Ribas Fraga, Pepe Carreiro e Francisco Pillado. A este último débese o nome da editora, que procede da peza teatral de Ramón Otero Pedrayo "Vento nocturno", onde un vello fidalgo poeta vive no «Pazo de Laiovento». Pillado ocupou a dirección da editora até marzo de 2014[1].

En 1991 aparecería o primeiro título da editora: o libro de Xosé Manuel Beiras Prosas de combate e maldicer, volume que foi reeditado en 2020.

A editora foi galardoada en 2015 co premio Pedrón de Ouro, para “premiar a súa contribución, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á normalización cultural e política de Galiza"[2]

Entre os obxectivos fundacionais ˗que seguen sendo hoxe os seus principais guieiros˗ estivo o de ser un espazo de liberdade no sector editorial galego, especialmente no que toca á cuestión normativa do galego. Un segundo obxectivo foi a atención preferente a publicacións de tipo teórico, a dedicación ao ensaio de calidade. Desde o seu nacemento Laiovento prestou tamén unha especial atención á tradución, procurando verter ao galego as obras fundamentais da literatura universal, contribuíndo deste xeito á normalización da nosa lingua e sistema literario. E, finalmente, outro dos trazos que definiron a biografía editorial de Laiovento foi a publicación de textos teatrais, dando espazos de publicación á literatura dramática galega.

En definitiva, Laiovento configúrase como un proxecto nacional, tendo como obxectivo principal contribuír, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á construción nacional de Galiza.

Estatística

[editar | editar a fonte]
  • Títulos editados: 691 (6/3/2022)
  • Linguas en que publica: Galego, portugués e castelán (colección Endovelia)
  • Liñas editoriais: Literatura, Humanidades e Ciencias Sociais, Libros científicos e técnicos, Libros de bolso
  • Coleccións: Xeral, Vento do Sul, Breviarios, Fóra de serie, Endovelia, Cadernos, Escena aberta e Vento Alto.

Organigrama

[editar | editar a fonte]

A organización de Edicións Laiovento estrutúrase arredor de tres consellos: dirección, editorial e asesor. Estes tres consellos son os responsábeis da administración e da política editorial.

Consello de dirección

[editar | editar a fonte]

O Consello de dirección é o principal órgano reitor da editora, del dependen todas as decisións administrativas, editoriais e financeiras. De entre as persoas que fan parte del escóllese ao coordinador ou coordinadora editorial.

  • Presidente: Jesús Couceiro Rivas
  • Administrador: Pablo Couceiro Caramés
  • Vogais: Afonso Ribas Fraga (coordenador editoral), Luísa Martínez Pazos, María Couceiro Caramés, Prudencio Viveiro Mogo (editor xeral), Xosé Carreiro Monteiro e Xosé M. Beiras Torrado.

Consello editorial

[editar | editar a fonte]

O Consello editorial é o encargado da política de publicacións da editora, da súa organización ao longo do ano e de avaliar os orixinais que chegan a Laiovento, contando coa axuda do Consello asesor.

Consello asesor

[editar | editar a fonte]

O consello asesor é o órgano encargado da asesoría editorial e científica, garantía de calidade editorial, especialmente no que se refire ás obras de ensaio e de investigación.

  • Alberto Molares Vila (UVigo-IDIS)
  • Anxo Angueira (UVigo)
  • Aurora Marco López (USC)
  • Boaventura de Sousa Santos (C.E.S. da U. de Coímbra)
  • Burghard Baltrusch (UVigo)
  • Daniel Raventós (UB)
  • Edelmiro López Iglesias (USC)
  • Eduardo L. Giménez Fernández (UVigo)
  • Heriberto Cairo Carou (UCM)
  • Iolanda Galanes Santos (UVigo)
  • José Carlos Bermejo Barrera (USC)
  • Justo Beramendi (USC)
  • Laura Tato Fontaiña (UDC)
  • Manuel Gago Mariño (USC)
  • Manuel Ferreiro (UDC)
  • Manuel Rodríguez Viqueira (UAM)
  • Margarita Ledo Andión (USC)
  • María Dolores Lois Barrio (UCM)
  • Monserrat Pena Presas (USC)
  • Nieves Rodríguez Brisaboa (UDC)
  • Rubén Lois (USC)
  • Sara Carou García (UDC)
  • Xabier Gómez Guinovart (UVigo)
  • Xosé Luís Armesto Barbeito (UDC)
  • Xosé Ramón Freixeiro Mato (UDC)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]