El lado oscuro del corazón
El lado oscuro del corazón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El lado oscuro del corazón |
Director | Eliseo Subiela |
Produtor | Suzanne Dussault Roger Frappier Susana Serebrenik Fernando Sokolowicz |
Guión | Eliseo Subiela con poemas de Mario Benedetti, Juan Gelman e Oliverio Girondo |
Intérpretes | Darío Grandinetti Sandra Ballesteros Nacha Guevara André Mélançon Jean Pierre Reguerraz Mónica Galán Inés Vernengo |
Música | Mário Clavel Osvaldo Montes Chico Novarro Fito Páez |
Fotografía | Hugo Colace |
Estrea | 1992 |
Duración | 127 min. |
Orixe | Arxentina, Canadá |
Xénero | Cine arte, surrealista |
Filme seguinte | El lado oscuro del corazón 2 |
Na rede | |
El lado oscuro del corazón é unha película arxentina, de produción arxentino-canadense, estreada o 21 de maio de 1992. Os textos de Mario Benedetti, Juan Gelman e Oliverio Girondo, intercalados na historia, fano un filme esencial, interesante, intenso e liberador.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Oliverio, un poeta bohemio, percorre Buenos Aires cos seus amigos, acosado pola morte, buscando unha muller capaz de "voar". No transcurso da película, a poesía entremestúrase cos lugares máis espesos do cotián artístico arxentino e uruguaio. Desde o asado, até os maltreitos bares Bos Aires e Montevideo.
A historia desenvólvese nas idas e vidas de Oliverio, a través do seu mundo, no cal, cambiar asados por poesía, ou pedir en verso polas rúas, ver a Mario Benedetti recitando os seus poemas en alemán, ver esculturas de falos e órganos femininos, falar con vacas, parecen ser parte dun día calquera na vida dun poeta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 65ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Culturialnet - El lado oscuro del corazón
- Espantapájaros1 - Oliverio Girondo Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- Poemas de Mario Benedetti e Oliverio Girondo, El lado oscuro del corazón, 1992 Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..