Saltar ao contido

Eleanor Anne Ormerod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEleanor Anne Ormerod

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1828 Editar o valor en Wikidata
Sedbury, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xullo de 1901 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
St Albans, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Royal Agricultural University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlepidopterólogo, botánica, editora literaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRoyal Agricultural University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisGeorge Ormerod Editar o valor en Wikidata  e Sarah Mayer Latham Editar o valor en Wikidata
IrmánsEdward Ormerod
George Ormerod
William Ormerod Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, second supplement (en) Traducir
Encyclopædia Britannica
A historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.339) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ormerod-382

Eleanor Anne Ormerod , nada en Gloucestershire ( Reino Unido) o 11 de maio de 1828 e finada o 19 de xullo de 1901, foi unha entomóloga inglesa .

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dunha ilustradora botánica [1] e do historiador e anticuario George Ormerod, autor de The History of Cheshire. Dende moi pequena interesouse polos insectos e tivo a oportunidade de estudalos grazas á gran propiedade na que se criou. Estudou agricultura e converteuse nunha autoridade local sobre o tema. Cando, en 1868, a Royal Horticultural Society comezou a recompilar unha colección de pragas de insectos agrícolas con fins prácticos, Ormerod fixo unha gran contribución pola que foi galardoada coa medalla de Flora da sociedade. [2][3]

En 1877 publicou Notes for Observations on Injurious Insects ( en galego Observación de insectos nocivos) un folleto que distribuíu entre as persoas interesadas neste tema e que, como resposta, lle remitiron os resultados das súas propias investigacións. Como resultado, puido desenvolver unha serie de informes anuais sobre insectos nocivos e pragas agrícolas . En 1881, Ormerod publicou un informe especial sobre a mosca da cebola, e en 1882 foi nomeada entomóloga consultora da Royal Agricultural Society of England, cargo que ocupou ata 1892.[4] Durante varios anos deu conferencias sobre entomoloxía científica na Royal School of Agriculture de Cirencester . [2]

A súa fama non se limitou a Inglaterra; recibiu medallas de ouro e prata da Universidade de Moscova polos seus modelos de insectos nocivos para as plantas, e o seu tratado sobre The Injurious Insects of South Africa (en galego Os insectos nocivos de Suráfrica) mostra a extensión do seu traballo. En 1899, recibiu unha medalla de prata da Société nationale de protection de la nature de Francia.

Os seus traballos sobre historia natural foron amplamente citados e realizou valentes experimentos:

Entre outras obras destacan o Manual of Injurious Insects (1881), e Handbook of Insects injurious to Orchard and Bush Fruits (1898) (en galego Manual de insectos nocivos, con métodos de prevención e reparación e Manual de insectos nocivos para a horta e os arbustos froiteiros ).[5] Case o último recoñecemento que lle chegou foi un doutoramento honoris causa pola Universidade de Edimburgo, unha distinción única xa que foi a primeira muller en recibir este título pola universidade.

Tamén foi a primeira muller en recibir unha bolsa na Sociedade Meteorolóxica (1878).

Coa morte do seu pai, ela e as súas irmás mudáronse a Torquay pero máis tarde trasladouse a Spring Grove (Isleworth) para estar preto dos Royal Botanic Gardens en Kew, onde tiña amigos íntimos como o Sr. Joseph e a Sra. Hooker, directores do xardín. [2]

En 1887 trasladouse a Torrington House, 47 Holywell Hill, St Albans, Hertfordshire coa súa irmá Georgiana Elizabeth Ormerod, onde faleceu.[6] O edificio ten unha placa na súa honra.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O retrato de Ormerod colga ao pé da escaleira principal do sueste do edificio Old College da Universidade de Edimburgo, proclamando con orgullo que foi a primeira muller de Edimburgo en graduarse con honores.

O nome de Ormerod tamén se conmemorou, xunto con outros biólogos, no nome do Proxecto RepRap na impresión 3D .[7]

  1. María Mercedes Álvarez Lires, M.; Nuño, T.; Solsona, N. (2003). Las científicas y su historia en el aula (PDF) (en español). Ed. Síntesis. p. 101. Consultado o 11 de mayo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ormerod, Eleanor (1904). Eleanor Ormerod, Ll. D., economic entomologist : autobiography and correspondence. New York: E. P. Dutton and Company. 
  3. "Seis cosas que he aprendido de Eleanor Ormerod - Principia". principia.io (en spanish). Consultado o 2022-02-05. 
  4. Ilecara. "MUJERES QUE HACEN LA HISTORIA - BREVES BIOGRAFIAS: Siglo XIX - Anne Eleanor Ormerod". Consultado o 11 de mayo de 2016. 
  5. VALLESPÍ, Rosa Ma CLARAMUNT; VALLESPÍ, Teresa CLARAMUNT (21 de diciembre de 2012). Mujeres en ciencia y tecnología (en castelán). Editorial UNED. ISBN 9788436265255. Consultado o 11 de mayo de 2016. 
  6. "Miss Eleanor A. Ormerod." 64 (1657). 1 de agosto de 1901: 330–330. doi:10.1038/064330a0.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  7. "Ormerod".