Elizabeth Cady Stanton
(1880) | |
Nome orixinal | (en) Elisabeth Cady Stanton |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de novembro de 1815 Johnstown, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 26 de outubro de 1902 (86 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Woodlawn |
Presidenta Associação Nacional pelo Sufrágio Feminino (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Emma Willard School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Abolicionismo e feminismo |
Ocupación | escritora, activista polos dereitos das mulleres, actriz, abolicionista |
Partido político | Partido Republicano |
Movemento | Transcendentalismo (pt) , feminismo e Abolicionismo |
Familia | |
Cónxuxe | Henry Brewster Stanton (1840–1887) |
Fillos | Theodore Stanton, Harriot Eaton Stanton Blatch |
Pais | Daniel Cady e Margaret Livingston |
Premios | |
Descrito pola fonte | A Woman of the Century (en) , (sec:Elizabeth Cady Stanton) Obálky knih, The Meridian Anthology of Early American Women Writers (1st edition) (en) , (p.471-472) |
Elizabeth Cady Stanton, nada o 12 de novembro de 1815 e finada o 26 de outubro de 1902, foi unha activista estadounidense, abolicionista e figura destacada do movemento de mulleres. A súa Declaración de sentimentos, presentada na primeira convención de dereitos da muller, sostida en 1848 en Seneca Falls, Nova York, é a miúdo acreditada como o inicio dos movementos organizados de dereitos da muller e sufraxio feminino nos Estados Unidos.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de que Stanton reducise o seu enfoque político case exclusivamente aos dereitos da muller, foi unha activa abolicionista, xunto co seu esposo, Henry Brewster Stanton e o seu primo, Gerrit Smith. A diferenza de moitas persoas involucradas no movemento de dereitos da muller, Stanton abordou unha serie de cuestións relativas ás mulleres máis aló dos dereitos de sufraxio. As súas preocupacións incluíron os dereitos parentais e de custodia das mulleres, dereitos de propiedade, dereitos de emprego e ingresos, leis de divorcio, a saúde económica da familia e control da natalidade.[2] Tamén foi unha aberta partidaria do Movemento pola Temperanza do século XIX.
Despois da Guerra Civil Estadounidense, o compromiso de Stanton co sufraxio feminino causou un cisma no movemento de dereitos da muller, cando ela e Susan B. Anthony declinaron apoiar a Décimo cuarta e a Décimo quinta emenda á Constitución dos Estados Unidos de América e crearon unha nova asociación, a Asociación Nacional prol Sufraxio da Muller. Opuxéronse a outorgar maior protección legal e dereitos de sufraxio aos homes afroamericanos mentres se continuaba negando ás mulleres, negras e brancas, os mesmos dereitos. A súa posición sobre este tema, xunto cos seus pensamentos sobre o cristianismo organizado e os temas femininos máis aló dos dereitos de voto, levou á formación de dúas organizacións separadas de dereitos da muller que, finalmente, se reuniron con Stanton como presidenta da organización conxunta, aproximadamente vinte anos máis tarde.
Obras de Elizabeth Cady Stanton (como autora e coautora)
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- History of Woman Suffrage; Volumes 1–3 (escrito xunto con Susan B. Anthony e Matilda Joslyn Gage); volumes 4–6 (completado por outros autores, incluíndo a Anthony, Gage, e a Ida Harper) (1881–1922)
- Solitude of Self (orixinalmente presentado como un discurso en 1892; máis tarde publicado nunha edición de tapa dura por Paris Press)
- The Woman's Bible (1895, 1898)
- Eighty Years & More: Reminiscences 1815–1898
Selección de xornais e revistas
[editar | editar a fonte]- The Revolution (Stanton, coeditora) (1868–1870)
- Lily (publicado por Amelia Bloomer; Stanton como contribuidora)
- Una (publicado por Paulina Wright Davis; Stanton como contribuidora)
- New York Tribune (publicado por Horace Greeley; Stanton como contribuidora)
Selección de ensaios e discursos
[editar | editar a fonte]- Declaration of Rights & Sentiments (1848)
- A Petition for Universal Suffrage (1866)
- Self-government the Best Means of Self-development (1884)
- Solitude of Self (1892)
- The Degradation of Disenfranchisement (1892)
- Discursos: "Our Girls," "Our Boys," "Co-education," "Marriage and Divorce," "Prison Life," e "The Bible and Woman's Rights," "Temperence and Women's Rights".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elizabeth Cady Stanton Dies at Her Home.". New York Times.
Mrs. Elizabeth Cady Stanton died at 3 o'clock yesterday afternoon at her home in the Stuart Apartment House, 250 West Ninety-fourth Street. Had she lived until the 12th of next month she would have been 87.
- ↑ Baker, p. 109
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elizabeth Cady Stanton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baker, Jean H. (2005). Sisters: The Lives of America's Suffragists. Nova York: Hill and Wang, ISBN 0-8090-9528-9.
- Banner, Lois W. (1997). Elizabeth Cady Stanton: A Radical for Women's Rights. Addison-Wesley Publishers, ISBN 0-673-39319-4.
- Blatch, Harriot Stanton y Alma Lutz (1940). Challenging Years: the Memoirs of Harriot Stanton Blatch. Nova York: G.P. Putnam's Sons.
- Burns, Ken, dir. (1999). Not for Ourselves Alone - The Story of Elizabeth Cady Stanton & Susan B. Anthony. DVD & VHS, PBS Home Video.
- Burns, Ken y Geoffrey C. Ward (1999). Not for Ourselves Alone: The Story of Elizabeth Cady Stanton and Susan B. Anthony. Nova York: Alfred A. Knoph, ISBN 0-375-40560-7.
- Douglass, Frederick (1994). Autobiographies: Narrative of the Life, My Bondage and Freedom, Life and Times. Nova York: Ed. Henry Louis Gates, Jr. Penguin Putnam, Inc., ISBN 0-940450-79-8.
- Dubois, Ellen Carol, ed. (1994). The Elizabeth Cady Stanton-Susan B. Anthony Reader: Correspondence, Writings, Speeches. Northeastern University Press, ISBN 1-55553-149-0.
- Dubois, Ellen Carol (1999). Feminism & Suffrage: The Emergence of an Independent Women's Movement in America, 1848-1869. Ithaca, Nova York: Cornell University Press, ISBN 0-8014-8641-6.
- Foner, Philip S., ed. (1999). Frederick Douglass: Selected Speeches and Writings. Chicago: Lawrence Hill Books (The Library of Black America), ISBN 1-55652-352-1.
- Gaylor, Annie Laurie (1997). Women Without Superstition: No Gods - No Masters. FFRF, ISBN 1-877733-09-1.
- Gordon, Ann D., ed. (2001). The Selected Papers of Elizabeth Cady Stanton & Susan B. Anthony Volume I: In the School of Anti-Slavery 1840–1866. New Brunswick: Rutgers University Press, ISBN 0-8135-2317-6.
- Gordon, Ann D., ed. (2000). The Selected Papers of Elizabeth Cady Stanton & Susan B. Anthony Volume II: Against an Aristocracy of Sex 1866–1873. New Brunswick: Rutgers University Press, ISBN 0-8135-2318-4.
- Gordon, Ann D., ed. (2003). The Selected Papers of Elizabeth Cady Stanton & Susan B. Anthony Volume III: National Protection for National Citizens 1873–1880. New Brunswick: Rutgers University Press, ISBN 0-8135-2319-2.
- Gordon, Ann D., ed. (2006). The Selected Papers of Elizabeth Cady Stanton & Susan B. Anthony Volume IV: When Clowns Make Laws for Queens 1880–1887. New Brunswick: Rutgers University Press, ISBN 0-8135-2320-6.
- Griffith, Elisabeth (1985). In Her Own Right: The Life of Elizabeth Cady Stanton. Nova York: Oxford University Press, ISBN 0-19-503729-4.
- James, Edward T., ed. (1971). Notable American Women a Biographical Dictionary (1607–1950); Volume II (G–O). "GAGE, Matilda Joslyn" (pp4–6) y "HOWE, Julia Ward" (pp. 225–229). The Belknap Press of Harvard University Press, ISBN 0-674-62734-2.
- James, Edward T., ed. (1971). Notable American Women a Biographical Dictionary (1607–1950); Volume III (P–Z). "STANTON, Elizabeth Cady" (pp. 342–347) y "STONE, Lucy" (pp387–390). The Belknap Press of Harvard University Press; ISBN 0-674-62734-2.
- Kern, Kathi (2001). Mrs. Stanton's Bible. Ithaca, Nova York: Cornell University Press; ISBN 0-8014-8288-7.
- Klein, Milton M., ed. (2001). The Empire State: a History of New York. Ithaca, Nova York: Cornell University Press; ISBN 0-8014-3866-7.
- Langley, Winston E. y Vivian C. Fox, eds. (1994). Women's Rights in the United States: A Documentary History. Westport: Praeger Publishers; ISBN 0-275-96527-9.
- Mason, Alpheus Thomas (1975). Free Government in the Making: Readings in American Political Thought. Nova York: Oxford University Press; 3.ª edición.
- "Elizabeth Cady Stanton Dies at Her Home"; obituario en The New York Times, 27 de outubro de 1902, consultado o 12 de novembro de 2006.
- Palmer, Beverly Wilson, ed. (2002). Selected Letters of Lucretia Coffin Mott. University of Illinois Press; ISBN 0-252-02674-8.
- Renehan, Edward J. (1995). The Secret Six: The True Tale of the Men Who Conspired with John Brown. Nova York: Crown Publishers, Inc., ISBN 0-517-59028-X.
- Sigerman, Harriet (2001). Elizabeth Cady Stanton: The Right Is Ours. Oxford University Press, ISBN 0-19-511969-X.
- Sklar, Kathryn Kish (2000). Women's Rights Emerges within the Antislavery Movement 1830–1870: A Brief History with Documents. Bedford/St. Martins (The Bedford Series in History and Culture), ISBN 0-312-10144-9.
- Stanton, Elizabeth Cady (1993). Eighty Years & More: Reminiscences 1815–1897. Boston: Northeastern University Press; ISBN 1-55553-137-7.
- Stanton, Elizabeth Cady (2001). Solitude of Self. Ashfield: Paris Press; ISBN 1-930464-01-0.
- Stanton, Elizabeth Cady (1993). The Woman's Bible. Boston: Northeastern University Press; ISBN 1-55553-162-8. Prólogo de Maureen Fitzgerald.
- Stanton, Elizabeth Cady (1999). The Woman's Bible. Amherst: Prometheus Books; Great Minds Series; ISBN 1-57392-696-6.
- Stanton, Elizabeth et al., eds. (1902). History of Woman Suffrage, vol. 4.
- Stanton, Theodore y Harriot Stanton Blatch, eds. (1969). Elizabeth Cady Stanton As Revealed in Her Letters Diary and Reminiscences, Volume One. Nova York: Arno & The New York Times.
- Stanton, Theodore y Harriot Stanton Blatch, eds. (1969). Elizabeth Cady Stanton As Revealed in Her Letters Diary and Reminiscences, Volume Two. Nova York: Arno & The New York Times.
- Ward, Geoffrey C. y Ken Burns (2001). Not for Ourselves Alone: The Story of Elizabeth Cady Stanton y Susan B. Anthony. Knopf Publishing Group, ISBN 0-375-70969-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Os escritos de Stanton están arquivados na Universidade de Rutgers: Proxecto de documentos de Elizabeth Cady Stanton e Susan B. Anthony Arquivado 13 de febreiro de 2020 en Wayback Machine..