Érebo
Nome orixinal | (grc) Έρεβος |
---|---|
Biografía | |
Celebración | relixión na Roma antiga e Relixión da Grecia antiga |
Familia | |
Cónxuxe | Nicte Nox |
Fillos | Némese ( Hespérides ( Amicitia ( Hybris ( Queres ( Moros ( Contentio ( Epaphus ( Dumiles ( Fraus ( Euphrosyne ( Eros ( Eleos ( Fântaso ( Eris ( Hipnos ( Hémera ( Caronte ( Epiphron ( Tánatos ( Geras ( Momo ( Éter (mitoloxía) ( Oneiros ( Somnus ( |
Pais | Caos |
Irmáns | Nicte Eros |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Granat Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Erebus |
Segundo a teogonía, Érebo [1], Erebo ou Erebus era a personificación da escuridade superior que se encontraba pouco máis fonda que o manto da noite eterna de Nix. É irmán de Nix e fillo de Caos. Esposou á irmá e con ela xerou os dous xemelgos Éter e Hémera.
Cóntase que os titáns pediran socorro a Érebo, mais Zeus deitouno con eles no inferno. Dese modo el tornouse a noite eterna do mundo dos mortos.
Na medida en que o pensamento mítico dos gregos se foi desenvolvendo, Érebo deu o seu nome a unha rexión do Hades por onde os mortos tiñan de pasar inmediatamente despois da morte, para entrar. Após Caronte facelos atravesar o río Aqueronte, logo de pagaren un óbolo, entraban no Tártaro, o submundo propiamente dito.
Disque cando Érebo acordase do seu aprisionamento el sería o primeiro dos Sete Primordiais que levaría ao espertar a todos os outros, podendo así novamente erguer o seu reino que Tártaro, Nix, Urano e Caos axudaran a erguer en tempos mitolóxicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopedia Galega Universal, tomo 8, s. v. Érebo