Titán (mitoloxía)
Os titáns, masculino, e titánides ou titanias, feminino, foron deidades da primeira xeración divina, na mitoloxía grega, nacidos da unión entre Xea e Urano. Uníronse entre si para procrear a segunda xeración de deuses, chamados Olímpicos, aínda que dous titáns uníronse a femias doutras estirpes (Xapeto con Clímene, unha oceánide, e Crío con Euribia), e dúas titánides, Temis e Mnemósine, foron compañeiras de Zeus.
O seu número é diferente segundo os autores. Na Teogonía de Hesíodo son seis, que reciben os nomes de Océano, Ceo, Hiperión, Crío, Xapeto e Cronos, os varóns; e Tetis, Rea, Temis, Mnemósine, Febe e Tía, as mulleres:[1]
- Océano, o maior, señor das augas;
- Ceo, «o que pensa» ;
- Crío, o que vai ao oeste
- Hiperión, «o que está por riba», o lume celeste;
- Xapeto, «o que precipita», ancestro dos humanos;
- Tía, «a divina», creadora dos metais preciosos;
- Rea, esposa de Cronos;
- Temis, «a lei divina», que preside sobre a xustiza;
- Mnemósine, «a que lembra», fundadora da linguaxe;
- Febe, «a brillante», coroada de ouro, o luar;
- Tetis, preside a fecundidade mariña ;
- Cronos, o derradeiro en nacer, que castrará o seu pai, Urano, cun fouciño e o destronará
Zeus rebelouse contra o seu pai Cronos, nunha guerra coñecida como Titanomaquia, na que se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os titáns (mentres que as titánides se mantiveron neutrais).
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo Elvira Barba, o mito dos titáns ten raíces neolíticas, anteriores á chegada dos pobos indoeuropeos a Grecia.[Cómpre referencia]
Salvo Temis e Mnemósine, por un lado, e Cronos e Rea, por outro, os titáns no desenvolveron un perfil propio e apenas aparecen na iconografía. En todo caso, sábese que Océano e Tetis se mantiveron na ribeira da Terra polo seu comportamento neutral durante a guerra, e que criaron a Hera. Océano pode ser representado con atributos relacionados co seu carácter acuático (áncora, remo, ánfora que verte auga), pero son máis características unhas pinzas de cangrexo sobre a súa cabeza, con pelo largo, barba mollada e auga saíndo da súa boca.
Tetis represéntase, adoito en mosaicos, como muller sentada e máis ou menos núa, rodeada de peixes e monstros acuáticos, ás veces cun remo, e sempre cunhas ás na fronte. Pode estar soa ou acompañando a Océano.
No altar de Pérgamo figuran representadas as titánides Tía e Febe.
Descencencia dos titáns
[editar | editar a fonte]Océano e Tetis
[editar | editar a fonte]Segundo a Teogonía de Hesíodo, os titáns Océano e Tetis tiveron tres mil oceánidas, ninfas das augas, e tres mil ríos.
Cronos e Rea
[editar | editar a fonte]Cronos e Rea enxendraron a primeira xeración de Olímpicos, que tomaron o poder: Hestia, Demeter, Hera, Hades, Poseidón e Zeus.
Xapeto
[editar | editar a fonte]Xapeto tivo cinco fillos cunha das fillas de Océano, Climene: Atlas, Prometeo, Menetios, Epimeteo e Hesperos.
Hiperión e Tea
[editar | editar a fonte]Hiperio e Tea deron lugar a tres fillos: Helios, Selene e Eos, ou sexa, o sol, a lúa e a aurora.
Crío
[editar | editar a fonte]Crío e Euribe (filla de Gaia e de Pontos) tiveron tres fillos: Astreo, Palas e Perseo.
Ceo e Febe
[editar | editar a fonte]Segundo Hesíodo, Ceo e Febe tiveron dous: Asteria e Leto.
Temis
[editar | editar a fonte]Segunda esposa de Zeus, Temis trouxo ao mundo a Astreo, as moiras e as horas.
Mnemosine
[editar | editar a fonte]Mnemosine, unha das compañeiras de Zeus, enxendrou as nove musas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pierre Grimal sinala que hai autores que inclúen a Dione e considérana unha das fillas de Urano e Xea, unha titánide máis, para outros foi unha oceánide, filla de Océano e Tetis; mesmo hai quen a fai filla de Atlas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Titán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elvira Barba, Miguel Ángel (2008). Arte y mito. Manual de iconografía clásica (en castelán). Madrid: Editorial Sílex. ISBN 978-84-7737-196-0.
- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana (en castelán). Barcelona: Paidós. ISBN 978-84-7509-166-2.