Estadio de Kaliningrado
Estadio de Kaliningrado | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 54°41′53″N 20°32′02″L / 54.698055555556, 20.533888888889 |
Localización | Kaliningrado, Rusia |
Construción | |
Inauguración | 11 de abril de 2018 |
Arquitecto | Wilmotte & Asociados, Mersfor Rus OOO, Mostovik NPO |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 35.015 |
Propietario | Mostovik NPO |
Localía | FC Baltika Kaliningrado |
Web | https://www.rostec-arena.ru/ |
Eventos | |
Mundial de Fútbol Rusia 2018 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio de Kaliningrado (en ruso: Калининградский стадион), tamén coñecido como Arena Baltika (Арена Балтика), é un estadio de fútbol ruso da cidade que lle dá nome, Kaliningrado. Este estadio albergou catro partidos da fase de grupos do Mundial de Fútbol Rusia 2018. É o campo do FC Baltika Kaliningrado da Liga Premier de Rusia. Ten capacidade para 35.015 espectadores. Foi construído para a disputa do Mundial por mor de que o outro estadio da cidade (Estadio Baltika) non tiña suficiente capacidade, era demasiado antigo e non estaba ben situado para un evento de tan grande magnitude.
O estadio está situado nunha illa no interior do curso do río Pregolia, ás aforas da cidade de Kaliningrado. Por ese motivo, os deseñadores buscaron un aspecto para a construción que harmonizara coa contorna.
Ao estar localizado no Óblast de Kaliningrado, pequeno enclave ruso no Mar Báltico, fixo que este fose o estadio da Copa Mundal de Fútbol 2018 máis próximo á Unión Europea e ao Espazo de Schengen, a tan só uns 45 quilómetros da fronteira con Polonia.
Mundial de Fútbol Rusia 2018
[editar | editar a fonte]Data | Local | Res. | Visitante | Rolda | Asistencia |
---|---|---|---|---|---|
16 de xuño de 2018 | Croacia | 2 - 0 | Nixeria | Grupo D | 31.136[1] |
22 de xuño de 2018 | Serbia | 1 - 2 | Suíza | Grupo E | 33.167[2] |
25 de xuño de 2018 | España | 2 - 2 | Marrocos | Grupo B | 33.973[3] |
28 de xuño de 2018 | Inglaterra | 0 - 1 | Bélxica | Grupo G | 33.973[4] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Croatia - Nigeria - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-21.
- ↑ FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Serbia - Switzerland - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 2018-07-21.
- ↑ FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Spain - Morocco - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-07-21.
- ↑ FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - England - Belgium - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-21.