Estado de Chuuk
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Federados de Micronesia | ||||
Capital | Weno (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 48.654 (2010) (418,71 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Pááfang (en) Língua mortlockesa (pt) Língua namonuito (pt) Pulutawês (pt) Lingua chuuk | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 116,2 km² | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Alexander Narruhn (pt) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FM-TRK | ||||
O Estado de Chuuk (tamén coñecido como Truk) é un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia (FSM). Os outros estados son Kosrae, Pohnpei e Yap. Componse de varios grupos de illas:
- Chuuk
- Nomwisofo
- Illas Hall
- Atol Namonuito (Illas Magur) (noroeste)
- Pattiw (Illas occidentais)
- Illas do Leste (Illas Upper Mortlock)
- Illas Mortlock
Chuuk é o estado máis poboado da FSM con 50.000 habitantes en 120 quilómetros cadrados. O atol Chuuk é onde vive a maioría da xente, a illa de Weno no atol fai as funcións de capital do estado e é a cidade máis grande dos FSM.
Historia
[editar | editar a fonte]Chuuk era un dos seis distritos do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico (TTPI), administrados polos Estados Unidos baixo carta das Nacións Unidas desde o final da segunda guerra mundial a mediados da década de 1980. A terminación da administración estadounidense de Chuuk, Yap, Kosrae, Pohnpei, e os distritos das Illas Marianas do TTPI produciuse o 3 de novembro de 1986. O Estados Federados de Micronesia, incluíndo Chuuk, Yap, Kosrae e Pohnpei, foi creado en 1979 e asinou un Tratado de libre Asociación cos Estados Unidos (efectivo a partir do 3 de novembro de 1986).
O 2 de xullo de 2002, as fortes choivas da tormenta tropical Chataan causaron máis de trinta deslizamientos de terra que mataron a corenta e sete habitantes e feriron a outras ducias de persoas, no desastre climático máis letal do estado. Os deslizamientos producíronse durante todo o día, algúns a poucos minutos o un do outro.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ao oeste atópase o Estado de Yap. Ao leste atópanse os Estado de Pohnpei e Kosrae máis cara ao leste.
O núcleo de poboación principal do estado de Chuuk é o atol Chuuk, un grande arquipélago de illas montañosas rodeadas por unha cadea de illotes na Barreira de Coral. [Cómpre referencia] As dúas principais divisións xeográficas e dialécticas do atol de Chuuk son Faichuuk, nas illas occidentais, e Namoneas, nas illas orientais.
O Estado de Chuuk tamén inclúe varias illas de máis baixa densidade de poboación o grupo das "illas exteriores", incluíndo as illas de Mortlock cara ao sueste, as Illas Hall (Pafeng) ao norte, o atol Namonuito ao noroeste, e a rexión do Pattiw a oeste. A Rexión de Pattiw é de particular interese, xa que ten algunhas das illas máis tradicionais do Pacífico e está culturalmente relacionada coas illas exteriores de Yap. Este grupo inclúe as illas de Pollap, Tamatam, Poluwat e Houk. Hoxe en día aínda se poden atopar mestres navegadores tradicionais, considérase que Poluwat e Pollap teñen algúns dos mellores navegantes oceánicos en canoa do Pacífico. Nas illas da Rexión de Pattiw, e algunhas das illas de Yap, atópanse a día de hoxe as dúas últimas escolas de navegación, Weriyeng e Faaluush. Visitar a Rexión de Pattiw no oeste, é difícil debido á falta de transporte fiable. Houk probablemente ten a pista de aterraxe máis accesible na Rexión de Pattiw, con avións que aterran cada unha ou dúas semanas.
Clima
[editar | editar a fonte]Datos climáticos para Weno, Chuuk | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 33 | 32 | 32 | 33 | 33 | 33 | 33 | 33 | 34 | 33 | 33 | 33 | 34 |
Media máxima en °C | 29,9 | 29,9 | 30,2 | 30,4 | 30,7 | 30,7 | 30,6 | 30,7 | 30,7 | 30,7 | 30,7 | 30,2 | 30,4 |
Media diaria en °C | 27,4 | 27,5 | 27,6 | 27,7 | 27,8 | 27,7 | 27,4 | 27,4 | 27,5 | 27,6 | 27,7 | 27,6 | 27,6 |
Media mínima en °C | 24,9 | 25,0 | 25,1 | 25,0 | 24,9 | 24,6 | 24,2 | 24,2 | 24,2 | 24,3 | 24,6 | 25,0 | 24,7 |
Temperatura mínima en °C | 21 | 21 | 22 | 22 | 21 | 21 | 21 | 21 | 20 | 19 | 21 | 21 | 19 |
Precipitación media mm | 228,1 | 163,1 | 229,9 | 291,1 | 354,1 | 300,7 | 365 | 349,8 | 306,6 | 361,4 | 281,9 | 293,4 | 3 525 |
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) | 14,8 | 12,2 | 14,9 | 16,2 | 21,2 | 20,3 | 20,8 | 21,0 | 18,6 | 20,0 | 20,0 | 18,8 | 218,8 |
Humidade relativa media (%) | 78,7 | 77,7 | 78,7 | 81,0 | 82,6 | 82,9 | 83,9 | 83,2 | 83,0 | 83,1 | 81,9 | 80,8 | 81,6 |
Media de horas de sol mensuais | 195,3 | 197,8 | 217,0 | 195,0 | 192,2 | 180,0 | 195,3 | 195,3 | 177,0 | 161,2 | 162,0 | 167,4 | 2 235,5 |
Fonte #1: Hong Kong Observatory (sun 1961-1990)[1] | |||||||||||||
Fonte #2: NOAA [2] |
Demografía
[editar | editar a fonte]Chuuk é o máis poboado dos Estados dos FSM. No censo realizado o 1 de abril de 2000, tiña 53.595 habitantes, en comparación con 34.486 de Pohnpei, 11.241 de Yap e 7.686 de Kosrae, no censo celebrado o 4 de abril de 2010, tiña 48.654 habitantes, en comparación cos 36.196 de Pohnpei, 11.377 de Yap e 6.616 de Kosrae.[3]
Cultura
[editar | editar a fonte]Misión xesuíta en Weno
[editar | editar a fonte]A provincia de Nova York da Compañía de Xesús (os Xesuítas) manteñen unha escola na misión na illa de Weno en Chuuk. A Xavier High School atópase no antigo centro de comunicacións xaponés. É unha institución mixta, teñen estudantes de todos os grupos da illa dos Estados Federados de Micronesia, así como de Palau e as Illas Marshall. Os mestres son xesuítas e segrares que proveñen de Micronesia, os Estados Unidos, Indonesia, o Xapón e Australia. Todos os mestres laicos son voluntarios.
Posesión espiritual
[editar | editar a fonte]Aínda que Chuuk é unha sociedade abafadoramente Cristián, aínda existen crenzas tradicionais da posesión de espíritos polos mortos. Ao parecer, estes espíritos posúen maioritariamente ás mulleres, e a posesión de espíritos é xeralmente provocada polos conflitos familiares. Os espíritos, falan a través das mulleres, polo xeral advirten de que traten mellor a membros da familia.[4]
Concellos
[editar | editar a fonte]Dos 40 municipios do estado, 16 están dentro do atol Chuuk e nas 24 illas periféricas. Na seguinte táboa, cada un vai seguido da súa poboación no Censo celebrada o 1 de abril de 2000.
Atol de Chuuk
[editar | editar a fonte]Illas Faichuk (Shichiyo)
[editar | editar a fonte]Illas Faichuk (Shichiyo):
Illas Nomwisofo:
- Eot (382)
- Fala-Beguets (Fanapanges) (681)
- Romanum (1.011)
- Udot (1.774)
Illas Nomoneas (Shiki)
[editar | editar a fonte]Illas Nomoneas Norte (Shiki):
Illas Nomoneas Sur (Shiki):
- Fefan (4.062)
- Parem (385)
- Tonowas (Dublon) (3.910)
- Tsis (490)
- Uman (incluíndo o atol Kuop (Neoch)) (2.847)
Illas Mortlock
[editar | editar a fonte]Illas Lower Mortlock (Illas Nomoi):
- Etal (267)
- Lukunor (927)
- Oneop (illote ao oeste do atol Lukunor) (505)
- Satawan (955)
- Kuttu (illote ao oeste do atol Satawan)
- Moch (illote ao norte do atol Satawan)
- Ta (illote ao sueste do atol Satawan)
Illas Upper Mortlock (illas do leste):
- Nama (995)
- Losap (448)
- Pis-Losap (illote do Atol Losap)
- Namoluk (407)
Illas exteriores do Noroeste
[editar | editar a fonte]Illas Hall (norte):
- Fananu (illotes orientais do atol Nomwin)
- Murilo
- Nomwin (incluíndo o deshabitado Atol Fayu)
- Ruo (illote do sueste do atol Murilo)
Namonuito Atoll (Illas Magur) (noroeste):
illas Pattiw (Illas occidentais):
- Pulap (illote ao norte do Atol Pollap)
- Poluwat (Puluwat)
- Pulusuk (tamén coñecida como illa Houk)
- Tamatam (illote ao sur do atol Pollap, co illote Fanadik no centro)
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Climatological Information for Truk, Pacific Islands, United States". Hong Kong Observatory. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o December 13, 2012.
- ↑ "TRUK ISLAND/CAROLINE ISLANDS PI Climate Normals 1961-1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o December 13, 2012.
- ↑ Office of Statistics, Budget and Economic Management, Overseas Development Assistance and Compact Management.
- ↑ Hezel, Francis X. 1993 Spirit Possession in Chuuk: Socio-Cultural Interpretation. Micronesian Counselor 11
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estado de Chuuk |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chuuk (Truk) Visitors Center
- Jane's Chuuk PageArquivado 22 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
- Images from a dive trip to Truk Lagoon, en xullo de 2006.
- Underwater picture gallery
- Habele, an educational charity serving Chuuks's Outer Islanders
- NOAA's National Weather Service - Chuuk, FSM
- Chuuk State Government System