Estatuto de Baiona
O Estatuto de Baiona, Carta de Baiona ou Constitución de Baiona considérase unha carta outorgada, xa que non foi elaborada polos representantes do Estado, xurada polo irmán de Napoleón Bonaparte, Xosé I Bonaparte, a quen el confiou o territorio español ocupado, o 8 de xullo de 1808 na cidade de Baiona (Francia).
Establecía como rei de España a Xosé I Bonaparte e o cambio da monarquía absoluta por unha monarquía constitucional, de ideas napoleónicas.
Organizaba España como unha monarquía hereditaria que o monarca ocupaba o centro do poder político, pero coa obrigación de respectar os dereitos cidadáns proclamados no seu texto. Naceu nun contexto complexo, ditado fóra do territorio nacional e cun marcado carácter afrancesado, apadriñado polos liberais moderados. A causa da súa orixe e proceso non pode considerarse unha constitución, senón unha carta outorgada cuxo proxecto foi presentado por Napoleón a 65 deputados españois que só puideron deliberar sobre o seu contido. Non existiu vontade previa de elaborar un documento constitucional, o texto foi imposto e aceptado por unhas Cortes reducidas convocadas no territorio francés.
Creación da Carta de Baiona
[editar | editar a fonte]Historicamente a súa creación realizouse da seguinte maneira:
- Carlos IV abdica en favor do seu fillo Fernando VII.
- Fernando VII abdica en favor de Napoleón.
- Napoleón ordena ao Duque de Berg que convoque unha asemblea en Baiona.
- Entre o 15 e o 30 de xuño de 1808 elabórase unha "constitución".
- O 7 de xullo de 1808 Napoleón abdica en favor do seu irmán Xosé.
- O 8 de xullo de 1808 promúlgase coa seguinte estrutura:
- Poder lexislativo: iniciativa real que promulga logo de oír ás cortes.
- Poder executivo: corresponde ao rei e os seus ministros. O rei ordena e os ministros son os responsables.
- Poder xudicial: é independente pero o rei elixe os xuíces.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Constitución de Bayona de 1808 na súa lingua orixinal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatuto de Baiona na web do Congreso (en castelán)