Estilo Biedermeier
O estilo Biedermeier foi un estilo artístico e de artes decorativas que se desenvolveu na Europa central, principalmente no Imperio Austríaco, entre as Guerras napoleónicas en 1815 e o inicio das Revolucións de 1848. Inicialmente designaba un estilo de mobiliario e artes decorativas para despois abarcar tamén producións pictóricas e literarias do mesmo período, caracterizadas por ter trazos románticos como o sentimentalismo, o intimismo e por unha bondadosa sátira do mundo da pequena burguesía.
Mobiliario
[editar | editar a fonte]Os mobles Biedermeier deben a súa sinxeleza ás liñas xorxinas do século XIX cuxos deseños ían chegando a través de publicacións ao Imperio Austríaco, mais tamén son influenciados polo neoclasicismo e romanticismo do estilo Imperio de Napoleón I.
En Viena creáronse deseños únicos. Os mobles feitos ao comezo do estilo (1815–1830) foron a inspiración máis neoclásica. Tamén permitiu formas máis fantásticas das que carecía a segunda metade do período (1830–1848), sendo influenciado polas moitas publicacións ao estilo de Gran Bretaña. Os mobles Biedermeier foron o primeiro estilo do mundo que se orixinou da crecente clase media.[1] Precedeu a Vitoriana e influíu principalmente nos países de fala alemá.
Os mobles Biedermeier eran admirados pola calidade artesanal e o confort, cunha tapicería que fai un uso extensivo de resortes helicoidais. Utilizaron materiais dispoñibles localmente, como madeiras de cerdeira, freixo e carballo, en lugar de madeiras importadas como a caoba.
Os mobles e o estilo de vida Biedermeier foron un foco nas exposicións do museo de artes aplicadas de Viena en 1896. Os moitos visitantes desta exposición víronse tan influenciados por este estilo fantástico e a súa elegancia que rexurdiu e fíxose popular entre os ebanistas europeos. Este período de renacemento durou ata o Art Déco.
-
Mesa en forma de esfera (1815–1820)
-
Repousapés (1820–1840)
-
Mesa consola (1825–1830)
-
Mesa de xadrez (1825–1835)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Raizman, David (2003). History of Modern Design: Graphics and Products Since the Industrial Revolution. Laurence King. ISBN 9781856693486.