Saltar ao contido

Escudo da República Checa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O escudo da República Checa (en checo: Státní znak České republiky) une os brasóns do tres territorios históricos que conforman a actual República Checa.

É un escudo acuartelado, no primeiro e cuarto cuartel de goles un león rampante de prata, armado, lampasado e coroado de ouro, que simboliza a Bohemia. No segundo de azur, unha aguia axadrezada de goles e prata, armada e coroada de ouro, que representa a Moravia; e no terceiro, de ouro, unha aguia de sabre armada de goles, coroada de ouro e cargada cun crecente de prata terminado en tres cruces do mesmo metal, que é o escudo dunha parte de Silesia. Este escudo é coñecido como escudo grande. O pequeno (cun único campo) é o de Bohemia, que actualmente non é, oficialmente, o escudo nacional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]