Etimoloxía dos nomes das principais cidades do mundo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2014.) |
Está é a etimoloxía dos topónimos dalgunhas cidades do mundo:
Nomes de persoa
[editar | editar a fonte]- Nova York: polo Duque de York, futuro rei Xacobe II de Inglaterra.
- São Paulo: polo apóstolo San Paulo.
- Karachi : pola primeira moradora, unha vella pescadora, Mai Kolachee.
- Orlando: pola tumba atopada no lugar coa inscrición Orlando (Reeves).
Nomes relixiosos ou mitolóxicos
[editar | editar a fonte]- Os Ánxeles: a vila de Nuestra Señora de los Ángeles de la Porciúncula.
- Bombai (Mumbai): por Mumbadevi, encarnación local da deusa nai hindú.
- Buenos Aires: cidade da Santísima Trinidad y puerto de Nuestra Señora del Buen Ayre.
Nomes tribais
[editar | editar a fonte]- Cidade de México: pola tribo mexica dos aztecas.
- Delhi: polos Dhillon, clan Jat do norte da India e Paquistán.
- París: polos parisii, tribo gala que habitaba a rexión.
- Birmingham: fogar da tribo de Beorma (Beorma inga ham).
- Nottingham: fogar da tribo de Snot (Snot inga ham).
- Leeds: polo reino celta de Loidis onde se asentou a cidade.
Nomes topográficos e xeográficos
[editar | editar a fonte]- Bruxelas: morada no pantano.
- Pequín: a capital do norte.
- Toquio: capital do leste.
- Shanghai: sobre o mar.
- Hong Kong: porto fragrante.
- Istambul: á cidade (eis tin polin, istinboli).
- Londres: asentamento no río amplo.
- Osaca: longa pendente.
- Manchester: cidade no outeiro con forma de seo.
- Liverpool: remanso de augas pantanosas.
Nomes preexistentes
[editar | editar a fonte]- Moscova: polo nome do río xunto ao que se asenta.
- Shenyang: polo nome que tiña o río ao sur da cidade.
- Calcuta: polo nome dunha aldea no lugar (Kalilata).
- Miami: polo río xunto a cuxa desembocadura se asenta (Mayaimi, auga doce e grande).
- Tampa: polo nome do poboado dos indios Calusa (Tanpa, pau de fogo, lóstrego)
Nomes de plantas
[editar | editar a fonte]- Manila: hay nilad, arbusto de mangleiral abundante na zona.