Folletín
Un folletín é un tipo de escrito que pode referirse a escritos de carácter literario, crítico, científico ou doutro tipo, que poden aparecer na parte inferior dunha ou máis follas dun xornal. Tamén pode referirse a outros varios tipos de publicacións.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe do termo
[editar | editar a fonte]Un folletín (de feuilleton Pronunciación francesa: [fœjtɔ̃]; un diminutivo do francés: feuillet, a folla dun libro, folliña) foi orixinalmente unha especie de suplemento anexo á parte política de xornais franceses, que consistía principalmente en noticias non políticas, literatura, crítica literaria, unha crónica das modas e epigramas, charadas e outras bagatelas. O seu inventor foi Bertin o Vello, editor de Débats[1].
Orixinalmente, no século XIX, o termo "feuilleton" (do francés feuilleton) designaba unha sección, normalmente ao pé da primeira páxina do xornal, onde un escritor publicaba unha columna cunha crónica (chamado así, feuilleton ou crónica), un artigo autónomo (por exemplo, de crítica literaria) ou unha novela por capítulos (novela feuilleton, que máis tarde podería publicarse como libro). Neste último sentido, nos novos medios do século XX, deu paso á “novela” da radio e da televisión.[2]
Termo na actualidade
[editar | editar a fonte]Hoxe, ademais dos citados, pode referirse a unha novela, xeralmente de intriga ou sentimental, en que se narran sucesos dramáticos ou pouco verosímiles e que se difunde por capítulos nun xornal ou noutros medios de comunicación, e por extensión unha obra literaria, teatral ou cinematográfica de pouca calidade e con características propias deste tipo de novelas. En sentido figurado pode significar unha historia incrible.[3]
Un exemplo contemporáneo da forma en inglés é a sección "Talk of the Town" de The New Yorker. Nos xornais ingleses, o termo pasou a referirse a unha entrega dunha historia en serie impresa nunha parte dun xornal.
Tamén se recollen baixo esta denominación aquelas novelas por entregas que se ían presentando con certa periodicidade (normalmente a diario) nos xornais en folletos (publicacións sen tapa ou de tapa blanda como as edicións de peto, de menos de 49 páxinas[4]), por exemplo en galego a obra de Tucho Calvo ilustrada por Miguelanxo Prado O xabaril branco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Feuilleton". Volume 10.
- ↑ Ivo Korytowski, "Cronista Machado de Assis", en O Trem Itabirano, 192, febreiro de 2022.
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-06-04.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folletín |