Firelight (filme de 1964)
Firelight | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Firelight |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | Arnold Spielberg Leah Spielberg |
Guión | Steven Spielberg |
Intérpretes | Clark Lohr Carolyn Owen |
Música | Steven Spielberg (compositor) Banda de música do Instituto Arcadia (intérprete) |
Fotografía | Steven Spielberg |
Montaxe | Steven Spielberg (sen acreditar) |
Distribuidora | Phoenix Cinema |
Estrea | 24 de marzo de 1964 |
Duración | 135 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | 500 dólares[1] |
Recadación | 501 dólares[2] |
Na rede | |
Firelight é un filme estadounidense de 1964 escrito e dirixido por Steven Spielberg cando tiña 17 anos.[3] Feito cun orzamento de 500 dólares, o filme foi, de certa maneira, o primeiro éxito comercial de Spielberg, xa que se estreou nun cinema local que xerou un beneficio dun dólar. "Contei os tíckets aquela noite", declarou Spielberg, "e cobramos un dólar por boleto. Cincocentas persoas viñeron ver o filme e creo que alguén probablemente pagou dous dólares, porque obtivemos unha ganancia dun dólar esa noche, e iso foi todo".[4][5]
Malia que Firelight é o primeiro filme realizado por Spielberg, non é considerado o seu debut como director. O filma amplamente considerado como o seu debut como director de longametraxe é Duel (1971), aínda que "L.A. 2017", o episodio longo de The Name of the Game, é anterior.
A maior parte de Firelight está perdida no presente. Só sobreviviron tres minutos e corenta segundos da película, arredor do 3% da súa duración orixinal. Spielberg recuperou o tema central de Firelight no seu terceiro gran proxecto cinematográfico, Encontros na terceira fase (1977).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fox, Jesse David. "Watch a Clip From Spielberg’s Early Lost Film Firelight". Vulture. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ "Steven Spielberg’s Micro-Budget 1st Feature Film: Firelight". Filmtrepreneur. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ Freer, Ian (2001). The Complete Spielberg. Virgin. pp. 5–8.
- ↑ Inside the Actor's Studio, con James Lipton entrevistando a Steven Spielberg.
- ↑ O beneficio de 1 dólar podería ser equivalente a arredor de 8,35 dólares en 2020 tendo en conta o axuste da inflación.