Francisco Acal Eiros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1932 Baleira, España |
Morte | 26 de maio de 2013 (80 anos) Lugo, España |
Alcalde de Baleira | |
1977 – 2013 – Ángel Enrique Martínez-Puga López → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Francisco Acal Eiros, nado en Abrairas (A Braña, Baleira) o 6 de xuño de 1932 e finado en Lugo o 26 de maio de 2013,[1] foi un político galego, alcalde de Baleira durante trinta e catro anos, dende 1977 ata 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi presidente da Cámara Agraria local e foi designado alcalde de Baleira en 1977. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato de UCD á alcaldía de Baleira, e foi elixido alcalde. Repetiu como alcalde nas municipais de 1983 por Coalición Galega, volveu ser elixido nas municipais de 1987 pola CPG e a partir de 1991 polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.
Aínda que anunciou que non tiña previsto repetir candidatura,[2] finalmente volveuse presentar como candidato á alcaldía de Baleira polo PPdeG nas municipais de 2011[3] e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Faleceu en 2013, mentres ocupaba a alcaldía, e foi relevado no cargo por Ángel Enrique Martínez-Puga López.[4]
Acal foi tamén presidente da Asociación de Amigos da Marronda e cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (2013-05-26). "Fallece Acal Eiros, alcalde de Baleira desde 1979". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- ↑ Francisco Acal Eiros: Levo 32 anos na alcaldía, xa cumprín e non me vou presentar ás vindeiras eleccións Arquivado 03 de outubro de 2010 en Wayback Machine.. elprogreso.galiciae.com, 07/12/2009. (en castelán)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 17 de abril de 2011.
- ↑ López, Laura (6 de xuño de 2013). "Baleira ya tiene alcalde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ Rielo, Begoña G. (2010-07-31). "El Concello de Baleira volverá a homenajear a sus bosques autóctonos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- ↑ Damas y caballeros de la Orden del Camino de Santiago. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Acal Eiros, Francisco". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 12. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: - |
Alcalde de Baleira 1977 - 2013 |
Sucesor: Ángel Enrique Martínez-Puga López |