Francisco Charlín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Laxe, España |
Alcalde de Laxe | |
febreiro de 2024 – ← José Luis Pérez Añón | |
Actividade | |
Ocupación | político, pescador |
Francisco Charlín Oróns, nado en Laxe cara a 1977, é un mariñeiro e político galego, alcalde de Laxe polo PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mariñeiro de profesión, está embarcado nun barco pequeno (3 tripulantes)[1]. Entrou na política en 2011[1], cando pasou a integrar as listas do Partido Popular en Laxe aos comicios municipais, se ben non foi elixido, e a súa formación quedou fóra do goberno. Porén, foi gabeando na estrutura do Partido Popular local e nas eleccións municipais de 2019 foi no posto número 2, por detrás de quen ao cabo sería escollido alcalde, José Luis Pérez Añón, o primeiro dos conservadores en dúas décadas. Ao tempo, Charlín tamén se convertía en vicepatrón maior da confraría de pescadores de Laxe (2015).[1]
No goberno do PPdeG, Charlín foi nomeado primeiro tenente de alcalde. Debido á enfermidade do alcalde Añón, Charlín termou da vara de mando municipal xa por primeira vez[1] en 2022 durante dous meses, e logo ocasionalmente en 2023 e 2024. O PP revalidou a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2023, de novo con Charlín de segundo.
A retirada de Añón polos seus problemas cardíacos en febreiro de 2024 levouno a sentar na cadeira de alcalde xa de maneira definitiva.
Predecesor: José Luis Pérez Añón |
Alcalde de Laxe 2024 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e ten proxenie.[1]