Katsuko Saruhashi
Nome orixinal | (ja) 猿橋 勝子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de marzo de 1920 Toquio, Xapón |
Morte | 29 de setembro de 2007 (87 anos) Toquio, Xapón |
Causa da morte | pneumonía |
Educación | Universidade de Toquio - química (–1957) Toho University (en) (–1943) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeoquímica |
Ocupación | química, xeóloga, xeoquímica |
Empregador | Toho University (en) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Q125459804 |
Katsuko Saruhashi Saruhashi Katsuko (猿橋 勝子?) nada en Toquio o 22 de marzo de 1920 e finada na mesma cidade o 29 de setembro de 2007 foi unha xeoquímica xaponesa que realizou algunhas das primeiras medicións dos niveis de dióxido de carbono (CO2) na auga do mar e ensinou a evidencia dos perigos da choiva radioactiva no mar e na atmosfera.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Saruhashi naceu en Toquio e graduouse no Colexio Imperial de Ciencia para Mulleres (predecesor da Universidade de Toho), en 1943. Posteriormente traballou no Instituto de Investigación Meteorolóxica que pertencía ao Observatorio Meteorolóxico Central (máis tarde Axencia Meteorolóxica do Xapón), e traballou no seu laboratorio xeoquímico con Yasuo Miyake, quen foi o seu mentor. En 1950 comezou a estudar os niveis de CO2 na auga do mar, a partir da recomendación de Miyake. Nesa época os niveis de CO2 non se consideraban importantes e Saruhashi tivo que desenvolver os seus propios métodos para realizar esas medicións.[1]
Obtivo o seu doutoramento en Química en 1957 na Universidade de Toquio, sendo a primeira muller en doutorarse nesa universidade.[2]
Resultados dos ensaios nucleares no atol de Bikini
[editar | editar a fonte]Logo dos ensaios nucleares no atol de Bikini en 1954, o goberno do Xapón solicitoulle ao laboratorio xeoquímico que analizase e monitoreara a radioactividade na auga do mar e na auga da choiva. Un barco atuneiro xaponés atopouse exposto aos ensaios e os seus ocupantes terminaron enfermos. Saruhashi descubriu que logo dun ano e medio a radioactividade alcanzou ao Xapón na auga do mar.[Cómpre referencia]
Para 1964, os niveis de radioactividade mostraron que as augas occidentais e orientais do océano Pacífico norte mesturáranse completamente, e para 1969 os rastros de radioactividade esparexéranse por todo o océano. Tratouse da primeira investigación que demostrou como os efectos da choiva radioactiva poden dispersarse a través de todo o mundo.[Cómpre referencia] Máis tarde, nos anos 70 e 80, enfocouse no estudo da choiva aceda e os seus efectos.
Saruhashi morreu o 29 de setembro de 2007 de pneumonía, no seu fogar en Tokio. Tiña 87 anos de idade.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1958 - Fundou a Sociedade de Mulleres Científicas Xaponesas, para promover a presenza das mulleres na ciencia e contribuír á paz mundial.[3]
- 1979 - Foi nomeada executiva do Laboratorio Xeoquímico.
- 1980 - Primeira muller elixida para integrar o Consello Científico do Xapón.
- 1981 - Obtivo o Premio Especial de Avón para Mulleres, polas súas investigacións en usos pacíficos da enerxía nuclear e elevar o status das mulleres científicas.
- 1981 - Estableceu o Premio Saruhashi, outorgado anualmente a mulleres científicas que son un exemplo para as mozas investigadoras.
- 1985 - Primeira muller en obter o Premio Miyake como xeoquímica.
- 1993 - Obtivo o Premio Tanaka da Sociedade de Ciencias do Mar.
Saruhashi foi membro honorario da Sociedade Xeoquímica do Xapón e da Sociedade Oceanográfica do Xapón.[4]
Cita
[editar | editar a fonte]Esta páxina ou sección está proposta para movela ás Galicitas. A razón é que o seu contido tan só é unha lista de citas. Se pensas que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, faino e logo retira esta mensaxe. En caso contrario, podes axudar configurándoa segundo as regras da Galicitas antes de que se produza o traslado.
Valora a posibilidade de solicitarlle a un administrador das Galicitas que importe esta páxina dende o proxecto irmán. |
"Hai moitas mulleres que teñen a capacidade de ser grandes científicas. Gustaríame ver o día no que as mulleres poidan contribuír á ciencia e a tecnoloxía nun pé de igualdade cós homes".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yount, Lisa (1996). Twentieth Century Women Scientists (en inglés). Facts on File. p. 53. ISBN 0-8160-3173-8.
- ↑ Yount, Lisa (2008). A to Z of women in science and math (en inglés). New York: Facts On File. pp. 263–264. ISBN 978-0-8160-6695-7.
- ↑ Robertson, Jennifer, ed. (2008). A Companion to the Anthropology of Japan (en inglés). John Wiley & Sons. p. 477. ISBN 140514145X.
- ↑ Yount, Lisa, p. 58, ISBN 0-8160-3173-8
- ↑ Yount, Lisa, p. 56, ISBN 0-8160-3173-8
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Yount, Lisa (1996). Twentieth Century Women Scientists (en inglés). Facts on File. ISBN 0-8160-3173-8.
- Morell, Virginia (1993-04-16). "Called `Trimates,' Three Bold Women Shaped Their Field". Science (en inglés) 260 (5106): 420–425. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.260.5106.420.