Saltar ao contido

Kay Boyle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKay Boyle

(1944) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Saint Paul, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Mill Valley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Cincinnati (en) Traducir
Cincinnati Conservatory of Music (en) Traducir
Universidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, literatura, translation from French (en) Traducir, translation into English (en) Traducir, pedagoxía e política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, escritora, escritora de literatura infantil, tradutora, xornalista, autora, novelista, pedagoga Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeLaurence Vail
Joseph Freiherr von und zu Franckenstein Editar o valor en Wikidata
FillosFelicitas Baronin von und zu Franckenstein
 () Joseph Freiherr von und zu Franckenstein
Johannes Baron von und zu Franckenstein
 () Joseph Freiherr von und zu Franckenstein Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
American Women Writers (en) Traducir
American Women Writers, 1900-1945 : A Bio-Bibliographical Critical Sourcebook (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0102277 WikiTree: Boyle-4884 Find a Grave: 13128746 Editar o valor en Wikidata


Kay Boyle, nada en Saint Paul (Minessota) o 19 de febreiro de 1902 e finada en Mill Valley (California) o 27 de decembro de 1992, foi unha escritora, educadora e activista estadounidense.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Boyle pasou a súa infancia en varias cidades, principalmente en Cincinnati (Ohio). O seu pai, Howard Peterson Boyle, era avogado, mais a súa maior influencia foi a súa nai, Katherine Evans, activista literaria e social que defendía que a xente con máis posibilidades tiña a obriga moral de axudar a xente menos afortunada. Posteriormente Kay Boyle loitou pola integración e os dereitos civís. Opúxose ás armas nucleares e á intervención dos Estados Unidos na guerra de Vietnam.[1]

Boyle foi á exclusiva escola Shipley en Bryn Mawr (Pensilvania), e despois estudou arquitectura en Cincinnati. Interesada nas artes, estudou violín no conservatorio de Cincinnati. En 1922 estableceuse en Nova York, onde traballou como escritora e editora nunha revista pequena.[1] Nese mesmo ano coñeceu o estudante de intercambio francés Richard Brault, co que casou. En 1923 mudáronse a Francia. Tempo despois separáronse, pero Kay Boyle acabaría por pasar en Europa a maior parte dos seguintes vinte anos.

Etapa en Europa

[editar | editar a fonte]

Comezou unha relación co editor Ernest Walsh, de quen tivo unha filla que morreu despois de que o pai morrese de tuberculose. En 1928 coñeceu Laurence Vail, quen entón estaba casado con Peggy Guggenheim. Boyle e Vail viviron xuntos entre 1929 e 1932, cando casaron logo de conseguiren os seus respectivos divorcios. Con Vail tivo tres fillos máis.

Na súa etapa en Francia, Boyle mantivo relación con diversas revistas literarias innovadoras, e fixo amizade con escritores e artistas que vivían en París arredor de Montparnasse. Entre as súas amizades estaban Harry e Caresse Crosby, propietarios de Black Sun Press, que en 1929 publicaron a súa primeira obra de ficción, o conxunto de relatos Short Stories. No ano anterior Harry Crosby vendera diversas accións para axudar a Boyle a pagar un aborto.[2] Outras amizades desa época foron Eugene e Maria Jolas.

Boyle escribiu tamén na publicación Transition, unha das publicacións literarias máis destacadas do momento. Tanto como poeta como novelista, as súas primeiras obras reflicten a súa traxectoria á procura do amor verdadeiro, así como o seu interese nas relacións de poder entre homes e mulleres. Cos seus relatos curtos gañou dúas veces o O. Henry Awards. In 1936 publicou a novela Death of a Man, un ataque contra o incipiente nazismo, pero non tivo grande acollida nos Estados Unidos. En 1943, despois de divorciarse de Laurence Vail, casou co barón Joseph von Franckenstein, co que tivo dous fillos. Logo de viviren en Francia, Austria, Inglaterra e Alemaña despois da segunda guerra mundial, Boyle regresou aos Estados Unidos.[1]

Regreso aos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Ela e o seu home foron vítimas do McCarthismo a comezos da década de 1950. O seu marido foi despedido por Roy Cohn do seu posto na División de Asuntos Públicos do Departamento de Estado dos Estados Unidos, e Boyle perdeu o seu posto de correspondente no The New Yorker, praza que ocupara nos seis anos anteriores. Foi incluída na lista negra polas principais revistas. Nesa etapa a súa vida e obra fixéronse máis políticas. Ela e o seu marido foron borrados da lista negra polo Departamento de Estado en 1957.[3]

A comezos da década de 1960 foron vivir a Rowayton (Connecticut), e deu clase nunha escola privada feminina. O seu marido foi reposto polo Departamento de Estado e enviado a Irán, e morreu en 1963. En 1962 Boyle pasara a ser escritora residente no New York City Writer's Conference do Wagner College. Entre 1963 e 1979 traballou como escritora na facultade da Universidade Estatal de San Francisco.[4]

Kay Boyle coa historiadora Connie Young Yu en San Francisco, 1976.

Nesta época tivo un forta activismo político. Viaxou a Camboxa en 1966 como parte da misión Americans Want to Know. Participou en numerosas protestas, e en 1967 foi arrestada e encarcerada. En 1968 asinou o manifesto “Writers and Editors War Tax Protest”, que defendía o rexeitamento a pagar impostos en protesta contra a guerra de Vietnam.[5] Nos seus últimos anos converteuse en defensora activa de Amnistía Internacional e traballou para a NAACP. Despois de xubilarse na Universidade de San Francisco, tivo varias e breves estancias como escritora residente en lugares como a Eastern Washington University en Spokane e a Universidade de Oregón en Eugene[Cómpre referencia].

Boyle morreu nunha residencia de anciáns en Mill Valley.[1]

Kay Boyle publicou máis de 40 libros, incluíndo 14 novelas, oito libros de poesía, once coleccións de relatos, tres libros infantís, ensaios e traducións do francés ao inglés. A maior parte dos seus papeis e manuscritos consérvanse na Biblioteca Morris da Southern Illinois University en Carbondale (Illinois), incluíndo a correspondencia con Ruby Cohn e Alice L. Kahler.[6]

Foi membro da American Academy of Arts and Letters. Recibiu dúas veces o Guggenheim Fellowship, e en 1980 recibiu o National Endowment for the Arts pola súa "extraordinaria contribución á literatura estadounidense ao longo dunha vida de obra creativa”.[7]

  • Process (escrita en 1925, non publicada até 2001)
  • Plagued by the Nightingale (1931)
  • Year Before Last (1932)
  • Gentlemen, I Address You Privately (1933)
  • My Next Bride (1934)
  • Death of a Man (1936)
  • Yellow Dusk (Bettina Bedwell) (1937)[8]
  • Monday Night (1938)
  • The Crazy Hunter: Three Short Novels (The Crazy Hunter, The Bridegroom's Body, e Big Fiddle) (1940)
  • Primer for Combat (1942)
  • Avalanche (1944)
  • A Frenchman Must Die (1946)
  • 1939 (1948)
  • His Human Majesty (1949),
  • The Seagull on the Step (1955)
  • Three Short Novels (The Crazy Hunter,The Bridegroom's Body, Decision) (1958)
  • Generation Without Farewell (1960)
  • The Underground Woman (1975)
  • Winter Night (1993)
  • Short Stories (1929)
  • Wedding Day and Other Stories (1930)
  • The First Lover and Other Stories (1933)
  • The White Horses of Vienna (1935; O. Henry Award)
  • The Astronomer's Wife (1936)
  • Defeat (1941; O. Henry Award)
  • Thirty Stories (1946)
  • The Smoking Mountain: Stories of Postwar Germany (1951)
  • Nothing Ever Breaks Except the Heart (1966)
  • Fifty Stories (1980)
  • Life Being the Best and Other Stories (1988)

Literatura infantil e xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • The Youngest Camel (1939; edición revisada en 1959 publicada como The Youngest Camel: Reconsidered and Rewritten)
  • Pinky, the Cat Who Liked to Sleep (1966)
  • Pinky in Persia (1968)
  • A Statement (1932)
  • A Glad Day (1938)
  • American Citizen: Naturalized in Leadville (1944)
  • Collected Poems (1962)
  • The Lost Dogs of Phnom Pehn (1968)
  • Testament for My Students and Other Poems (1970)
  • A Poem for February First (1975)
  • This Is Not a Letter and Other Poems (1985)
  • Collected Poems of Kay Boyle (Copper Canyon Press, 1991)

Non ficción

[editar | editar a fonte]
  • Relations & Complications. Being the Recollections of H.H. The Dayang Muda of Sarawak. (1929), Forew. by T.P. O'Connor (Gladys Milton Brooke)[8]
  • Breaking the Silence: Why a Mother Tells Her Son about the Nazi Era (1962)
  • The Last Rim of The World in "Why Work Series" (1966)
  • Being Geniuses Together, 1920-1930 (1968; con Robert McAlmon)
  • Winter Night e conversas co autor en New Sounds In American Fiction (1969)
  • The Long Walk at San Francisco State and Other Essays (1970)
  • Four Visions of America (1977; with others)
  • Words That Must Somehow Be Said (edited by Elizabeth Bell; 1985)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Kay Boyle, 90, Writer of Novels and Stories, Dies", artigo de Eric Pace en New York Times, 29 de decembro de 1992(en inglés).
  2. "Remembering Harry Crosby: Kay Boyle, John Wheelwright". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  3. "State Department Wipes Out Findings Against Novelist Kay Boyle and Husband", artigo en New York Times, 22 de abril de 1957.
  4. "Kay Boyle Biography.". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  5. Writers and Editors War Tax Protest páx. 2.
  6. "Kay Boyle Letters at Morris Library, Southern Illinois University". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2012. Consultado o 03 de febreiro de 2021. 
  7. "Kay Boyle: Awards and Honors". 
  8. 8,0 8,1 Sandra Whipple Spanier (1986). Kay Boyle, Artist and Activist. Carbondale: SIU Press. pp. 244–. ISBN 978-0-8093-1276-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Spanier, S. W. (1986): Kay Boyle, Artist and Activist
  • Mellen, J. (1994): Kay Boyle: Author of Herself.[1]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Joan Mellen (1994). Farrar, Straus & Giroux, ed. Kay Boyle: Author of Herself. New York. ISBN 978-0-374-18098-0.